Ken Robinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ken Robinson
Nome completoKenneth Robinson
Nacemento4 de marzo de 1950
Lugar de nacementoLiverpool
Falecemento21 de agosto de 2020
Lugar de falecementoLondres
Causacancro
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Leeds, Universidade de Londres, Liverpool Collegiate School, Wade Deacon High School e Bretton Hall College
Ocupacióneducation expert, presidente do parlamento, escritor, educador, conferencista, participante do fórum internacional e participante em documentário
PremiosBenjamin Franklin Medal, George Peabody Medal e Knight Bachelor
Na rede
http://www.sirkenrobinson.com/
IMDB: nm2213158 Twitter: sirkenrobinson TED: sir_ken_robinson Musicbrainz: 8ad88957-a650-4952-8049-2a282b5f9131 Discogs: 3379128 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sir Ken Robinson, nado en Liverpool o 4 de marzo de 1950, é un pedagogo e escritor inglés. Doutor pola Universidade de Londres desde 1981, é experto en asuntos relacionados coa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recursos humanos. Debido á relevancia da súa actividade, especialmente en relación coa arte, foi nomeado Sir pola Raíña Isabel II en 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos sete fillos de James e Ethel Robinson. Con catro anos tivo a polio. Durante tres anos foi á escola en Liverpool, e continuou na escola de gramática de Cheshire até 1968, e posteriormente na universidade de Leeds para recibir formación sobre a lingua inglesa e dramaturxia. Tras finalizar estes estudos, matriculouse na universidade de Londres, facendo a súa tese sobre o drama e o teatro en educación.

Actualmente vive nos Ánxeles (California) coa súa muller Therese e os seus dous fillos, James e Kate.

Vida profesional[editar | editar a fonte]

Entre 1985 e 1989 dirixiu o proxecto The Arts in Schools, iniciativa que pretendía mellorar o ensino e a aprendizaxe das artes nas escolas británicas. Entre 1989 e 2001 foi profesor de educación artística e portavoz do departamento de educación artística na Universidade de Warwick. Ao tempo, foi encargado das investigacións para o desenvolvemento da Facultade de Educación na que traballaba, e director de estudos de grao no instituto Warwick para a educación, director do programa de posgrao en educación artística e estudos culturais, e director da unidade para a investigación en educación, cultura e artes (URECA).

En 1998 foi posto á fronte do comité consultivo nacional sobre educación creativa e cultura polo ministro británico de educación e emprego, David Blunkett. Alí desenvolveu unha investigación nacional sobre a importancia da creatividade na educación e a economía do Reino Unido. Este traballo deu pé ao Informe Robinson, titulado All Our Futures: Creativity, Culture and Education, que tivo grande impacto ao pór de relevo o escaso papel que até entón tivera a creatividade e a importancia que sobre ela recaía o futuro, xa non só do país, senón da propia humanidade.

Amais de co goberno británico, durante a súa carreira colaborou cos gobernos de Hong Kong e Singapur, coa Comisión Europea e co Instituto de Artes Paul McCartney.

Actualmente é profesor emérito da Universidade de Warwick.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]