Ken Follett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ken Follett
Ken Follett official.jpg
Nacemento 5 de xuño de 1949
  Cardiff
Nacionalidade Reino Unido e Gales
Alma máter University College de Londres
Ocupación escritor e novelista
Cónxuxe Barbara Follett
Coñecido/a por Winter of the World, Fall of Giants, Night Over Water, Lie Down with Lions, On Wings of Eagles, The Man from St. Petersburg, The Key to Rebecca, A Place Called Freedom, The Pillars of the Earth, Code to Zero, The Hammer of Eden, World Without End (livro) e Hornet Flight
Premios Edgar Award
editar datos en Wikidata ]

Ken Follett, nado o 5 de xuño de 1949 en Cardiff, é un escritor galés, autor de thrillers e novelas históricas. As vendas das súas obras superan os 100 millóns de copias, o cal o converte nunha das figuras máis importantes da literatura contemporánea.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Cardiff, mais ós dez anos a súa familia trasladouse a Londres. En 1967 foi admitido no University College of London, onde estudou Filosofía e entrou en contacto con movementos de esquerdas, espertándose así o seu interese pola política.

Casou por primeira vez en 1968, ano en que naceu o seu fillo maior. Tras un posgrao en xornalismo comezou a súa carreira como reporteiro en modestos xornais galeses. Co tempo abandonaría o xornalismo polo mundo da edición, como director da pequena editorial londinense Everest Books (1970).

Foi neste momento cando comezou a escribir, como unha afección para o seu tempo de lecer. Con Eye of the needle, publicada en 1978 chegaría para o autor o éxito e o recoñecemento internacional.

Sería tamén nestes derradeiros anos da década dos 70, e nos primeiros 80, cando se uniu de xeito máis estreito co Partido Laborista británico. A súa segunda muller é hoxe deputada desta formación no parlamento británico.

Obra[editar | editar a fonte]

Tras Eye of the needle e o éxito acadado con esta obra, Follett comezaría a centrarse no xénero da espionaxe e a intriga, libros de lectura áxil e rápida, como Triangle,The key to Rebecca, Lie down with lions, The Man from St. Petersburg, A dangerous fortune, On wings of eagles e The Third Twin.

Porén, a súa obra máis imporante e un dos best-sellers máis importantes de finais do século XX e comezos do XXI é The Pillars of the Earth (1989), no se afasta do xénero predominante no autor. The Pillars of the Earth é unha novela histórica ambientada na Idade Media, e iría acadando o exito paseniñamente o longo da década dos 90.

En 2007 presentou a segunda parte, World Without End.

Listaxe[editar | editar a fonte]

Estatua de Ken Follett en Vitoria-Gasteiz, Euscadi.

A súa obra completa é a seguinte:

  • 1974The Big Needle e The Big Black baixo o pseudónimo de 'Symon Myles'.
  • 1975The Big Hit por 'Symon Myles' e The Shakeout por Ken Follett.
  • 1976Modigliani Scandal por 'Zachary Stone'; The Mystery Hideout por Ken Follett; The Power Twins por 'Martin Martinsen' e Amok: King of Legend por 'Bernard L. Ross'.
  • 1977Paper Money por 'Zachary Stone'.
  • 1978Capricorn One por 'Bernard L. Ross' e Eye of the needle/ Eye of the Needle por Ken Follett.
  • 1979Triangle/Triple.
  • 1980The Key to Rebecca.
  • 1982The Man from St. Petersburg.
  • 1983On Wings of Eagles.
  • 1986Lie Down with Lions
  • 1989The Pillars of the Earth.
  • 1991Night Over Water.
  • 1993A Dangerous Fortune.
  • 1995A Place Called Freedom.
  • 1996The Third Twin.
  • 1998The Hammer of Eden.
  • 2000Code to Zero.
  • 2001Jackdaws.
  • 2002Hornet Flight.
  • 2004Whiteout.
  • 2007World Without End.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]