Karmelo Landa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarmelo Landa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Ea, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 19 de xaneiro de 1998 – Sabin del Bado González (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Eurodeputado
Representa: Herri Batasuna

6 de setembro de 1990 – 18 de xullo de 1994

Circunscrición electoral: España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuskadiko Mugimendu Komunista
Herri Batasuna
Batasuna Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsKlaudio Landa (pt) Traducir e Erramun Landa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Inguma: karmelo-landa-mendibe

Karmelo Landa Mendibe, nado en Ea, Biscaia o 16 de xullo de 1952, é un político vasco de ideoloxía independentista vasca. Foi europarlamentario (1990-94) e parlamentario vasco (1994-98) pola coalición independentista Herri Batasuna. Foi dirixente da antiga Herri Batasuna e é membro da dirección da ilegalizada Batasuna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karmelo Landa naceu na pequena localidade costeira biscaíña de Ea en 1952 no seo dunha familia vinculada ó mar. É irmán do presentador televisivo e xornalista Klaudio Landa, da EITB, a radiotelevisión pública vasca. Licenciouse en Historia Moderna e Contemporánea na Universidade de Deusto, onde tamén estudou Filosofía e Letras. Durante a Transición Española militou na organización comunista EMK e participou en revoltas estudantís. A partir de 1973 traballou como profesor de ikastolas, primeiro en Gernika e logo no barrio bilbaíno de Deusto. Tamén colaborou con revistas realizadas en éuscaro. En 1980 obtivo un posto de profesor na Facultade de Ciencias Sociais e da Información da Universidade do País Vasco. Nesta facultade ocupou os cargos de vicedecano e responsable da sección de éuscaro. Foi tamén membro da Xunta de Goberno da Universidade do País Vasco e da comisión de éuscaro da mesma.

Carreira política[editar | editar a fonte]

En xuño de 1989 ocupou o segundo lugar das listas de Herri Batasuna ó Parlamento Europeo. Aínda que HB obtivo un só escano nesas eleccións, a dimisión de Txema Montero, número un da candidatura o 6 de setembro de 1990, converteu a Landa en europarlamentario. Foino até as eleccións europeas do 12 de xuño de 1994. Nesas eleccións foi o candidato número un de HB, pero a coalición abertzale non logrou renovar o seu escano. Ese mesmo ano, en outubro, foi elixido parlamentario vasco dentro da candidatura de HB. Foi o número un da lista de Biscaia e candidato non oficial a lehendakari de HB en devanditas eleccións.

Karmelo Landa formou parte do equipo de HB que actuou de intermediario, co visto e prace do Ministerio de Interior, cos terroristas deportados en Santo Domingo nos últimos anos do Goberno socialista de Felipe González.

En 1995 é elixido para formar parte da Mesa Nacional de Herri Batasuna. Durante ese período, entre 1994 e 1997, é un dos rostros máis coñecidos de Herri Batasuna, ó exercer como voceiro da coalición tanto dentro como fose do Parlamento Vasco.

Na campaña das eleccións xerais de 1996, Herri Batasuna difundiu un vídeo do grupo terrorista ETA nas cuñas publicitarias gratuítas que tiña durante a campaña. Por este feito, a Audiencia Nacional abriu unha causa polo delito de colaboración con banda armada contra todos os membros da Mesa Nacional de HB, entre eles o propio Landa. Cando o 5 de febreiro de 1997 foi chamado a declarar, Landa fuxiu a Bélxica xunto con outros dirixentes de Herri Batasuna, para evitar o seu procesamento.

O 11 de abril de 1997 regresou a España, foi detido na fronteira de Irún e encarcerado. Cando o Tribunal Supremo o condenou en xaneiro de 1998 tivo que renunciar ó seu posto como parlamentario vasco ó quedar inhabilitado para exercer cargos públicos. Tras permanecer 20 meses no cárcere, o 20 de xullo de 1999 o Tribunal Constitucional anulou a sentenza do Supremo e todos os membros da Mesa Nacional, entre eles Karmelo Landa, foron liberados.

Durante o período que permaneceu no cárcere, Landa, do mesmo xeito que outros dirixentes de HB perderon poder político e presenza nos medios fronte a unha nova xeración de líderes (Arnaldo Otegi, Joseba Permach, etc.) que tomou as rendas da coalición durante o seu encarceramento.

O 12 de febreiro de 2000 foi elixido pola Asemblea Nacional de HB encargado da sección institucional da coalición. Cando en 2001 HB se refundou no partido político Batasuna, Landa foi elixido membro da Mesa de Biscaia, pero non da Mesa Nacional.

Tras a suspensión das actividades de Batasuna en 2002, Karmelo Landa foi un dos dirixentes de Batasuna acusados de pertenza a banda armada que formaron ou forman parte da dirección de Batasuna con perfecto coñecemento e alcance da integración desta no marco do complexo terrorista liderado por ETA. Foi procesado por este delito en xaneiro de 2005.

Entre 2002 e 2006 foi representante do Parlamento Vasco no Consello de Administración de EITB.

En marzo de 2006 foi elixido membro da Mesa Nacional da agora ilegalizada Batasuna. En febreiro de 2008 é detido por orde do xuíz Garzón acusado de pertenza a banda armada. O Grupo de Traballo para Detencións Arbitrarias de Nacións Unidas, considerou a actuación da Audiencia Nacional en materia antiterrorista como "problemática e exacerbada". Por iso, a Asociación Española para o Dereito Internacional dos Dereitos Humanos, esixiu ó Estado español a súa posta en liberdade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La ONU considera arbitraria la detención de Karmelo Landa" [A ONU considera arbitraria a detención de Karmelo Landa]. eitb.com. 22 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2016.