Lehendakari
| Lehendakari | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |

O Eusko Jaurlaritzako Lehendakari (en galego: Presidente do Goberno Vasco), coñecido simplemente como lehendakari, é a máis alta representación do Goberno Vasco. A súa sede e oficina institucional é a lehendakaritza (presidencia), situada en Vitoria, xunto á súa residencia oficial, o pazo de Ajuria Enea.
En éuscaro a palabra lehendakari é sinónimo de "presidente" (significa literalmente "primeiro responsable") e pode facer referencia tamén ao presidente do Goberno de Navarra,[1] o presidente do Parlamento de Navarra[2] ou os presidentes de diversas institucións tanto públicas como privadas. Non obstante, fóra dos territorios euscaldúns, coñécese como lehendakari ao presidente do Goberno Vasco.
A residencia oficial do lehendakari é o palacio de Ajuria Enea, preto da sede da presidencia do Goberno vasco e da oficina do lehendakari que se atopan en Vitoria-Gazteiz no barrio de Mendizorrotza.
"Lehendakari"
[editar | editar a fonte]Con anterioridade ó establecemento da ortografía oficial do éuscaro nos anos 1970, a grafía empregada era Euzko Jaurlaritzaren Lehendakari. Tanto jaurlaritza como lehendakari son neoloxismos en éuscaro. Foron creados por membros do Partido Nacionalista Vasco.
Os termos xenéricos en éuscaro para "presidente" son lehendakari(a)[3] ou presidente(a).[4] En éuscaro, resérvase o neoloxismo "jaurlaritza" para o Goberno Vasco.
Lista de presidentes do País Vasco
[editar | editar a fonte]José Antonio Aguirre foi o primeiro lehendakari da Rexión Autónoma do País Vasco, pero Francisco Franco Bahamonde suspendeu o estatuto de autonomía de 1936, así como os concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa, por consideralas «provincias traidoras». Así a todo, si mantivo os seus similares en Álava e Navarra, por ser territorios onde triunfaron os sublevados tralo golpe de estado de 1936.
O Goberno de Euzkadi continuou existindo no exilio, con representantes dos mesmos partidos que constituíran o executivo durante a guerra. O PNV resistiuse á disolución do Goberno vasco no exilio, seguindo o modelo catalán, pero apenas actuou entre 1975 e o momento da súa disolución en 1979, trala aprobación do estatuto vasco. Ademais, a dimisión do último representante socialista en xaneiro de 1979 deixouno reducido á súa mínima expresión.
Os nacionalistas vascos toman a súa lexitimidade do derradeiro lehendakari no exilio, Jesús María de Leizaola, e non do Consello Xeral Vasco, razón pola cal Carlos Garaikoetxea, presidente do Consello Xeral Vasco desde 1979 e primeiro presidente do Goberno Vasco trala aprobación do estatuto de autonomía (1980), aparece regularmente, tanto nas manifestacións públicas dos partidos nacionalistas vascos como na páxina web do Goberno Vasco,como o primeiro lehendakari (ou terceiro, se se inclúen a Aguirre e Leizaola). Porén, os nacionalistas, non adoitan recoñecer nas súas manifestacións o título de "lehendakari" a Ramón Rubial, primeiro presidente do Consello Xeral Vasco, por non ter sido elixido por votación popular,[5] aínda que na web do Goberno vasco si aparece como tal.[6]
A partir de Garaikoetxea, vense empregando a forma lehendakari tanto en éuscaro como en castelán.
Goberno de Euzkadi (Segunda República e exilio) (1936-1978)
[editar | editar a fonte]| Lexislatura | Imaxe | Lehendakari | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partidos no Goberno | |
| 1936-1960 | José Antonio Aguirre Lecube | 7 de outubro de 1936 (dende 1939 no exilio) |
22 de marzo de 1960 | EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV | ||
| 1960-1979 | Jesús María Leizaola Sánchez | 22 de marzo de 1960 | 17 de febreiro de 1978 (como predecesor do presidente do Consello Xeral Vasco) 16 de decembro de 1979 (como lehendakari) |
EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV |
Consello Xeral Vasco (1978-1980)
[editar | editar a fonte]| Lexislatura | Imaxe | Lehendakari | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partidos no Consello | |
| 1978-1979 | Ramón Rubial Cavia | 17 de febreiro de 1978 | 9 de xuño de 1979 | PSE-PSOE, EAJ-PNV, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV | ||
| 1979-1980 | Carlos Garaikoetxea Urriza | 9 de xuño de 1979 | 9 de abril de 1980 | EAJ-PNV, PSE-PSOE, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV |
Goberno Vasco (dende 1980)
[editar | editar a fonte]| Lexislatura | Imaxe | Lehendakari | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partidos no Goberno | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| I. (1980-1984) | Carlos Garaikoetxea Urriza | 9 de abril de 1980 | abril de 1984 | EAJ-PNV | ||
| II. (1984-1985) | Carlos Garaikoetxea Urriza | abril de 1984 | xaneiro de 1985 | EAJ-PNV | ||
| II. (1984-1987) | José Antonio Ardanza Garro | xaneiro 1985 | marzo 1987 | EAJ-PNV | ||
| III. (1987-1991) | José Antonio Ardanza Garro | marzo 1987 | febreiro 1991 | 1986-1987, EAJ-PNV | ||
| IV. (1991-1994) | José Antonio Ardanza Garro | febreiro 1991 | xaneiro 1995 | 1991, EAJ-PNV, EA e EE | ||
| V. (1994-1998) | José Antonio Ardanza Garro | xaneiro 1995 | xaneiro 1999 | 1995-1998: EAJ-PNV, EA, PSE-EE 1998-1999: EAJ-PNV, EA | ||
| VI. (1998-2001) | Juan José Ibarretxe Markuartu | xaneiro 1999 | xullo de 2001 | EAJ-PNV, EA | ||
| VII. (2001-2005) | Juan José Ibarretxe Markuartu | xullo de 2001 | maio 2005 | EAJ-PNV, EA, EB-B | ||
| VIII. (2005-2009) | Juan José Ibarretxe Markuartu | maio 2005 | maio 2009 | EAJ-PNV, EA, EB-B | ||
| IX. (2009-2012) | Francisco Javier López Álvarez | maio 2009 | decembro de 2012 | PSE-EE e PP | ||
| X. (2012-2016) | Iñigo Urkullu Rentería | decembro de 2012 | novembro de 2016 | EAJ-PNV | ||
| XI. (2016-2020) | Iñigo Urkullu Rentería | novembro de 2016 | agosto de 2020 | EAJ-PNV e PSE | ||
| XII. (2020-2024) | Iñigo Urkullu Rentería | agosto de 2020 | maio de 2024 | EAJ-PNV e PSE | ||
| XIII. (2024-actual) | Imanol Pradales Gil | maio de 2024 | en vigor | EAJ-PNV e PSE |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nafarroako Foru Komunitateko Lehendakaria". navarra.es (en éuscaro). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- ↑ "Lehendakariaren Agurra". parlamentodenavarra.es (en éuscaro). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- ↑ Véxase a entrada lehendakari do Diccionario General Vasco.
- ↑ Véxase, por exemplo, a entrada «presidente» do dicionario Zehazki (dicionario castelán-vasco dirixido polo académico da lingua vasca Ibon Sarasola).
- ↑ Montalbán, Josu (28 de outubro de 2006). "La presencia de Ramón Rubial". diariovasco.com (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- ↑ "Equipo de gobierno. Consejo General Vasco (1978-1980)". euskadi.eus (en castelán). 7 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de febreiro de 2026.
