August Bebel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAugust Bebel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1840 Editar o valor em Wikidata
Deutz (Reino de Prusia) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de agosto de 1913 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Passugg, Suíza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFriedhof Sihlfeld (pt) Traducir, 81079 Editar o valor em Wikidata
Member of the Reichstag of the German Empire (en) Traducir
21 de marzo de 1871 – 13 de agosto de 1913
Member of the Reichstag of the North German Confederation (en) Traducir
10 de setembro de 1867 – 10 de decembro de 1870
Member of the Customs Parliament (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , escritor , turner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Alemaña (1875–)
Social Democratic Workers' Party of Germany (en) Traducir (1869–1875)
Saxon People's Party (en) Traducir (1866–1869) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJulie Bebel
FillosBertha Friederike Bebel Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

iTunes: 366209541 Discogs: 2477720 WikiTree: Bebel-4 Find a Grave: 16214367 Editar o valor em Wikidata
August Bebel en 1898.

August Ferdinand Bebel, nado en Deutz o 22 de febreiro de 1840 e finado o 13 de agosto de 1913, foi un político alemán, un dos fundadores do Partido Socialdemócrata de Alemaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bebel naceu a carón de Colonia, fillo de Johann Gottlob Bebel e Wilhelmine Johanna Bebel, despois da morte de seu pai de tuberculose en 1844 a súa nai volveu casar pero o seu padrasto morreu aos dous anos e a familia pasou serios apuros económicos, trasladándose a Wetzlar, onde August comezou a escola primaria. En 1853 morreu súa nai, August pouido seguir estudando grazas a unha pensión para orfos pero tivo que deixalo para entrar a traballar no obradoiro dun mestre torneiro, sen deixar de ler todo o que podía. Tras recibir o título de compañeiro (Gesellen) en 1858 emprendeu unha viaxe como era tradición nos gremios alemáns, exercendo o seu oficio en cidades e vilas do sur de Alemaña e Austria. Estableceuse en Leipzig traballando nun grande obradoiro, ingresando en 1861 na recentemente creada asociación local de artesáns, de ideoloxía liberal, en 1864 estableceuse como mestre no seu propio obradoiro. Participara xa na creación da Asociación Xeral de Traballadores Alemáns de Ferdinand Lassalle en 1863 e en 1867 fundou o Partido Popular Saxón xunto a Wilhelm Liebknecht, quen o introducira nas ideas marxistas, e o Partido Socialdemócrata dos Traballadores de Alemaña en 1869, que se acabou integrando na "Asociación Xeral de Traballadores Alemáns") en 1875 para formar o Partido Socialista dos Traballadores de Alemaña, o cal mudou de nome en 1890 para denominarse Partido Socialdemócrata de Alemaña en 1890.

En 1872, Bebel viuse implicado nun proceso xudicial coñecido como Leipziger Hochverratsprozess e sentenciado a dous anos de cárcere en Festungshaft ("prisión nunha fortaleza"), que pasou na Fortaleza de Königstein. Bebel foi máis tarde presidente do SPD e membro do Reichstag.

Morreu en 1913 durante unha visita a un sanatorio suízo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]