Justin Welby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Justin Welby
Justin Welby at Seoul Cathedral.jpg
Arcebispo da Igrexa de Inglaterra
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1956 en Londres, Inglaterra
Alma máterTrinity College, Cambridge
Ordes
Diaconado1992
Ordenación sacerdotal1993
Consagración episcopal28 de outubro de 2011
Arcebispo de Canterbury
Primado de Toda Inglaterra
10 de xaneiro de 2013 (elección) -
PredecesorRowan Williams
Cargos anterioresBispo de Durham (2011–2013)
Outros
Per ignem per gladium

Justin Portal Welby, nado en Londres o 6 de xaneiro de 1956, é un bispo da Igrexa de Inglaterra, 105º Arcebispo de Canterbury e Primado de dita Igrexa e, de xeito honorífico, da Comuñón Anglicana. Anteriormente foi bispo de Durham, durante un ano.[1]

Anteriormente Welby traballou na industria petroleira. En 1989 preparouse para a súa ordenación no St John's College de Durham. Logo de exercer en varias parroquias foi nomeado deán de Liverpool en 2007, e posteriormente Bispo de Durham en 2011.

A súa postura teolóxica é considerada seguidora da tradición evanxélica dentro do anglicanismo.[2] Algunhas das súas publicacións tratan sobre as relacións entre as finanzas e a relixión e, como membro da Cámara dos Lores, pertence á comisión parlamentar sobre normativa bancaria.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Welby naceu en Londres. Era fillo de Gavin Bramhall James Welby, nado como Bernard Gavin Weiler en Ruislip, Londres Occidental, en 1910, e finado en 1977.[3][4] A súa nai era Jane Gillian Portal. O avó paterno de Welby era un xudeu alemán.[4][5]

Industria petroleira[editar | editar a fonte]

Welby traballou duranter once anos na industria petroleira, cinco deles na empresa francesa Elf Aquitaine, con base en París. En 1984 foi nomeado teroreiro do grupo petroleiro Enterprise Oil PLC en Londres, onde adicouse principalmente a proxectos no África Occidental e no Mar do Norte. Deixou o seu cargo en 1989 aducindo que sentira a chamada de Deus para ser crego.[6]

Ministerio[editar | editar a fonte]

Presbiterado[editar | editar a fonte]

Welby foi inicialmente rexeitado para a ordenación polo bispo de Kensington, John Hughes, que díxolle:

"Non hai lugar para ti na Igrexa de Inglaterra."[7]

Welby foi mais tarde aceptado para a ordenación sacerdotal co apoio do Vigario de Holy Trinity Brompton, Sandy Millar. Dende 1989 a 1992, Welby estudou teoloxía e preparouse para o presbiterado en Cranmer Hall e St John's College, Durham. Logo da súa ordenación ocupou diversos cargos, até que en decembro de 2007 foi nomeado deán da Catedral de Liverpool.

Bispo de Durham[editar | editar a fonte]

Entrevistado pola BBC en 2011, Welby dixo que ser nomeado como Bispo de Durham era un reto e un privilexio moi grandes:

“Deixoume asombrado que me ofreceran o cargo. Teño un desexo apaixonado de ver unha igrexa chea con forza de vida espiritual, servindo a Xesús Cristo e servindo a aqueles arredor dela.”[8]

A súa elección foi confirmada o 29 de setembro de 2011 e deixou a Catedral de Liverpool o 2 de outubro. Foi consagrado como bispo o 28 de outubro de 2011 en York Minster,[9] e foi entronizado na Catedral de Durham o 26 de novembro de dito ano. Entrou á Cámara dos Lores o 12 de xaneiro de 2012,[10] sentándose na bancada dos Lores Espirituais. Uniuse á comisión parlamentar sobre normativa bancaria en 2012.

Arcebispo de Canterbury[editar | editar a fonte]

O 9 de novembro de 2012 anunciouse o nomeamento de Welby para o cargo de Arcebispo de Canterbury. En xaneiro de 2013 Welby declarou que pensara que era "unha broma" e algo "totalmente absurdo" que el fora nomeado para o posto, xa que levaba a ser bispo moi pouco tempo.[11] A cerimonia de confirmación da súa elección á Sé de Canterbury tivo lugar na Catedral de San Paulo o 4 de febreiro de 2013. Foi entronizado na Catedral de Canterbury o 21 de marzo de 2013,[12] observancia de Thomas Cranmer no Calendario litúrxico da Igrexa de Inglaterra.[13]

Opinións[editar | editar a fonte]

Consagración de mulleres como bispos[editar | editar a fonte]

Welby está a favor da posibilidade de consagrar mulleres como bispos.[14] Logo do rexeitamento desta posibilidade polo Sínodo Xeral da Igrexa de Inglaterra en novembro de 2012, Welby falou dun "día moi triste, especialmente para as mulleres sacerdote e para os seus seguidores".[14] Co seu discurso ao Sínodo Xeral anglicano en xullo de 2013, o arcebispo afirmou que nun tempo a Igrexa de Inglaterra ía ordenar mulleres bispo, malia a decisión sinodal de 2012.[15][16]

Relacións sexuais prematrimoniais[editar | editar a fonte]

En marzo de 2013, Welby afirmou que, segundo o seu punto de vista sobre a moral sexual, as relacións sexuais previas ao matrimonio non son correctas.[17][18] Máis adiante reiterou o seu punto de vista, engadindo que:

Abandonar o ideal simplemente porque é dificil de alcanzar é ridículo.[19]


Dignidades da Igrexa de Inglaterra
Predecesor:
Nicholas Thomas Wright
 Angl-Ebor-Durham-Arms.svg
Bispo de Durham
 
2011 - 2013
Sucesor:
(sé vacante)
Predecesor:
Rowan Williams
 Angl-Canterbury-Arms.svg
Arcebispo de Canterbury
 
2013 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Durham Anglican (ed.). "Diocese of Durham – New Bishop-Designate of Durham Announced" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  2. BBC News, ed. (8 de novembro de 2012). "Justin Welby set to become new Archbishop of Canterbury" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  3. Person Page 8009, (en inglés).
  4. 4,0 4,1 The Archbishop’s father, his secret wife, an affair with a Kennedy and defaming a Labour Cabinet Minister - Telegraph, (en inglés).
  5. Jason Lewis (2 de decembro de 2012). The Daily Telegraph, ed. "Jews who fled the Nazis: secrets of Justin Welby's family tree" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  6. Colchester, Max (30 de setembro de 2012). "British Banks Face Heat From on High". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  7. "There is no place for you in the Church of England.” "Archbishop of Canterbury: 'You have no future in the Church'", Sunday Telegraph, (en inglés).
  8. “I was astonished to be offered the role. It is a passionate desire to see a church that is vigorously full of spiritual life, serving Jesus Christ and serving those around it.”, BBC News (ed.). "New Bishop of Durham is announced". Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  9. Consecrations of the Bishops of Durham and Penrith, Diocese de York, 28 de outubro de 2011, (en inglés).
  10. Durham Anglican News and Events
  11. Gledhill, Ruth (31 de xaneiro de 2013) "Welby: my application for Canterbury was a joke", The Times, (en inglés).
  12. Justin Welby is enthroned as Archbishop of Canterbury, BBC, (en inglés).
  13. Church of England calendar
  14. 14,0 14,1 Trevor Gundy (9 de novembro de 2012). "Justin Welby named next archbishop of Canterbury". Consultado o 5 de xullo de 2013. Welby's appointment is expected to seal a vote in favor of allowing women bishops at a special meeting of the Church of England's General Synod held in London later this month. 
  15. El arzobispo de Canterbury da por hecho que los anglicanos de Inglaterra ordenarán mujeres obispos, InfoCatólica.com, 6 de xullo de 2013, (en castelán).
  16. Justin Welby: "Ordenaremos mujeres obispos", Periodista Digital, 6 de xullo de 2013, (en castelán).
  17. "My understanding of sexual ethics has been that, regardless of whether it's gay or straight, sex outside marriage is wrong." ""Whether it’s gay or straight, sex outside marriage is wrong" Archbishop Justin Welby". 17/03/2013. Arquivado dende o orixinal o 14/10/2013. Consultado o 13/12/2013. 
  18. "'My wife keeps an eye on my drinking and I never do it alone': Archbishop of Canterbury reveals his fears of following father into alcoholism". 17/03/2013. 
  19. "To abandon the ideal simply because it’s difficult to achieve is ridiculous." "Lunch with the FT: Justin Welby". 10/05/2013.