Jungfrun i tornet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Jungfrun i tornet
A xove na torre
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretosueco
LibretistaRafael Herzberg
Estrea7 de novembro de 1896
Teatro da estreaRuotsalainen teatteri[1]
Lugar da estreaHelsinqui
Duración35 minutos[2]
Música
CompositorJean Sibelius

Jungfrun i tornet (en galego A xove na torre) JS 101, é a única ópera completa de Jean Sibelius. Trátase dunha obra nun único acto dividida en oito escenas sobre un libreto en sueco de Rafael Herzberg baseado nunha balada popular finlandesa que conta unha historia de amor verdadeiro e xustiza.[3] A súa estrea tivo lugar o 7 de novembro de 1896 no Ruotsalainen teatteri de Helsinqui baixo a dirección do propio directror.

Historia[editar | editar a fonte]

A ópera foi composta por Sibelius en 1896, tan só un ano despois do éxito colleitado pola súa Suite Lemminkäinen.[4] A ópera foi estreada nunha versión de concerto durante unha recolección de fondos da Sociedade Filharmónica de Helsinqui o 7 de novembro de 1896 no Ruotsalainen teatteri de Helsinqui nunha versión de concerto coa Helsingin kaupunginorkesteri dirixida polo propio Sibelius.

Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo nas estatísticas de Operabase entre as 100 óperas máis representadas con tan só unha representación.[5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea o 5 de novembro de 1896
(Director: Jean Sibelius)
Jungfrun, a xove soprano Ida Flodin
Fogden, o alguacil barítono Abraham Ojanperä
Älskaren, o seu namorado tenor Engström
Slottsfruen, a muller do castelo mezzosoprano Emmy Achté

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia está ambientada na Idade Media. Logo de que a xove rexeite os avances do alguacil (quen a quere para si), el a encadea e a secuestra no seu castelo. Ela consegue dicirlle ao seu namorado a súa situación e el prepárase para batirse en duelo para liberala cando chega a muller do castelo e arresta ao alguacil. A xove e seu namorado reúnense e a ópera finaliza coa alegría xeral.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]