Saltar ao contido

Sinfonía núm. 4 (Sibelius)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinfonía núm. 4
de Jean Sibelius
Sibelius en 1913.
TonalidadeLai menor
XéneroSinfónico
FormaSinfonía
Composición1910-1911
Movementos4
Estrea
Data3 de abril de 1911
LugarHelsinqui
DirectorJean Sibelius
IntérpretesOrquestra da Sociedade Filharmónica de Helsinqui

A Sinfonía Nº4 en La menor Op. 63 de Jean Sibelius foi composta entre 1910 e 1911. Foi estreada en Helsinqui o 3 de abril de 1911 pola Helsingin kaupunginorkesteri baixo a batuta do propio compositor. Unha interpretación típica da obra dura entre os 35 e os 40 minutos.

Características

[editar | editar a fonte]

O intervalo do tritono domina o material harmónico e melódico da peza, mais dun xeito completamente diferente de como o fai na Terceira Sinfonía. Afírmase inmediatamente, nunha escura frase cos violonchelos, contrabaixos e fagots subindo Do-Re-Fa♯-Mi sobre un forte unísono en Do. A maioría dos temas da sinfonía implican o tritono; no finale, a maioría da tensión harmónica xorde dunha colisión entre os acordes de La menor e Mi♭ Maior, ambas a distancia de tritono. O choque bitonal entre La menor e Mi♭ Maior na recapitulación do finale conduce ao caos tonal na coda, na que as notas rivais Do, La, Mi♭ e Fa♯ (isto é, os pares de tritonos intercalados Do-Fa♯, La-Mi♭) loita cada por ascender unha nunha serie de afiadas disonancias con moitos choques entre as terceiras maiores e menores. O glockenspiel tenta saudar o momentáneo establecemento de La Maior; mais ao final é a insistencia de Do natural (o nota coa que tan notablemente comezaba a obra) a que forza ao movemento e á sinfonía a pechar nun solitario La menor, despoxado de melodía e ritmo.[1]

Moitos comentaristas teñen escoitado na sinfonía evidencias de loita ou desesperación. Harold Truscott escribiu, "Esta obra ... está chea dun presentimento que é probablemente o resultado inconsciente de ... a detección dunha atmosfera que tiña que estoupar en 1914 nunha guerra mundial."[2] Sibelius tamén soportara recentemente na súa vida persoal: en 1908, en Berlín, tivo un tumor canceroso que lle extirparon da gorxa. Timothy Day escribe que "a operación foi exitosa, mais viviu durante moitos anos cun terror constante a que o tumor se reproducira, e dende 1908 a 1913 a sombra da morte estaba sobre a súa vida".[3] Outros críticos escoitaron desolación na obra: un crítico temperán finlandés, Elmer Diktonius, alcumaba á obra como a sinfonía Barkbröd,[4] referíndose á fame no século anterior durante a cal os escandinavos famentos tiveran que comer pan negro para sobrevivir.

De acordo do biógrafo Erik W. Tawaststjerna, a sinfonía reflicte a era psicanalítica e introspectiva cando Sigmund Freud e Henri Bergson salientaban o sentido do inconsciente,[5] e chama á Cuarta Sinfonía "un dos máis remarcables documentos da era psicanalítica".[6] Mesmo o propio Sibelius chamou á súa composición "unha sinfonía psicolóxica".[7] Seu irmán, o psiquiatra Christian Sibelius (1869–1922), foi un dos primeiros estudosos en tratar o psicanálise en Finlandia.

No ano antes ao principio da sinfonía, Sibelius coñecera a moitos dos seus contemporáneos en Europa Central, entre os que se encontraban Arnold Schoenberg, Igor Stravinskii, e outros; o seu encontro coa súa música provocara unha crise na súa propia vida compositiva. Sibelius expresou nunha carta á súa amiga (e biógrafa) Rosa Newmarch sobre a sinfonía: "Eríxese como unha protesta contra a música de hoxe en día. Non ten absolutamente nada do circo sobre ela". Posteriormente, cando se lle preguntou pola sinfonía, contestou a August Strindberg: "Un sente pena polos seres humanos" [8].

A sinfonía tivo brevemente un alcume, "Lucus a non lucendo".[9]

Movementos

[editar | editar a fonte]

Para esta obra Sibelius revisou a posición tradicional clásica do segundo e terceiro movementos, colocando o segundo movemento como terceiro. Sibelius tamén comeza a peza cun movemento lento en lugar da apertura rápida tradicional (esta é a mesma orde que a de moitas obras orquestrais barrocas). A obra consta de catro movementos:

  1. Tempo molto moderato, quasi adagio
  2. Allegro molto vivace
  3. Il tempo largo
  4. Allegro

Orquestración

[editar | editar a fonte]
Instrumentación da Sinfonía Nº 4
Madeiras
2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes en Si bemol e La, 2 fagots
Metais
4 trompas en Fa e Mi, 2 trompetas en Fa e Mi, 3 trombóns
Percusión
Timpani, glockenspiel
Cordas
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos
  1. Lionel Pike, pp. 106-113
  2. Harold Truscott, p. 98.
  3. Timothy Day, p. 6
  4. Parmet, Simon (1962). Sävelestä sanaan: Esseitä, p. 94. Helsinqui: WSOY.
  5. Tawaststjerna, Erik (1989). Jean Sibelius 3, pp. 8, 239, 265. Helsinqui: Otava. ISBN 951-1-10416-0
  6. Tawaststjerna, Erik (1989). Jean Sibelius 3, p. 265.
  7. Tawaststjerna, Erik (1989). Jean Sibelius 3, p. 239.
  8. Texto orixinal: "Det är synd om människorna", tradución da Galipedia.
  9. Marzo 1 1913 Musical Times, páxina 193, recensión sobre unha representación de 1913 en Copenhague.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hepokoski, James & Dahlström, Fabian: "Jean Sibelius", Grove Music Online, ed. L. Macy (Consultado 3 abril, 2006), (subscription access)Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  • Truscott, Harold: "Jean Sibelius", in The Symphony, ed. Robert Simpson. Penguin Books Ltd., Middlesex, England, 1967. ISBN 0-14-020773-2
  • Day, Timothy: program notes to Sibelius, The Symphonies (Lorin Maazel, Wiener Philharmoniker) (London/Decca CD 430 778-2)
  • Parmet, Simon: Sävelestä sanaan: Esseitä. Helsinqui: WSOY, 1962.
  • Pike, Lionel: Beethoven, Sibelius and 'the Profound Logic'. London: The Athlone Press, 1978. ISBN 0-485-11178-0.
  • Tawaststjerna, Erik: Jean Sibelius 3. Helsinqui: Otava, 1989. ISBN 951-1-10416-0

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]