Saltar ao contido

Sinfonía núm. 1 (Sibelius)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinfonía núm. 1
de Jean Sibelius
Retrato de 1894 do grupo coñecido como Symposium, con (de esquerda a dereita) Akseli Gallen-Kallela (o pintor), o compositr Oskar Merikanto, Robert Kajanus e Sibelius.
TonalidadeMi menor
XéneroSinfónico
FormaSinfonía
Composición1898-1899
Gravación1930, dir. Robert Kajanus
Movementos4
Estrea
Data1 de xullo de 1900
LugarHelsinqui
DirectorRobert Kajanus
IntérpretesOrquestra da Sociedade Filharmónica de Helsinqui

A Sinfonía Nº1 en Mi menor Op. 39 de Jean Sibelius foi composta entre 1898 e 1899, cando o compositor contaba con 33 anos de idade. Foi estreada o 26 de abril de 1899 pola Helsingin kaupunginorkesteri baixo a batuta do propio compositor, nunha versión orixinal que non sobreviviu. Logo da estrea, Sibelius realizou diversas revisións da obra que deron como resultado a versión definitiva que se interpreta na actualidade. A versión revisada foi finalizada entre a primavera e o verán de 1900, e foi estreada en Helsinqui pola Helsingin kaupunginorkesteri baixo a batuta de Robert Kajanus o 1 de xullo de 1900, e pouco despois, o 18 de xullo, foi interpretada en Berlín cos mesmos protagonistas.[1][2]

Composición

[editar | editar a fonte]

Sibelius comezou a planear a súa primeira sinfonía na primavera de 1898 en Berlín durante unha viaxe que realizou coa súa muller Aino.[1][3] Ao igual que Johannes Brahms, Sibelius esperou moitos anos ata enfrontarse ao esixente reto de compoñer unha sinfonía, se ben anteriormente xa escribira un poema sinfónico para orquestra, solistas e coro, á que se adoita denominar Sinfonía Kullervo.[4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

A Sinfonía nº 1 de Sibelius é cada vez máis recoñecida como unha obra menos romántica e máis moderna, malia teren pasado máis de 100 anos dende o seu nacemento, aínda que o seu ton aínda é moi "romántico" en virtude dos seus sentimentos abertos.[6]

Movementos

[editar | editar a fonte]

Como a meirande parte das sinfonías, está estruturada en catro movementos:

  1. Andante, ma non troppo - Allegro energico
  2. Andante (ma non troppo lento)
  3. Scherzo: Allegro
  4. Finale: Andante - Allegro molto - Andante assai - Allegro molto come prima - Andante (ma non troppo)

A primeira gravación foi realizada por Robert Kajanus coa London Symphony Orchestra para o selo HMV en maio de 1930.

Orquestración

[editar | editar a fonte]
Instrumentación da Sinfonía Nº 1
Madeiras
2 frautas (as dúas dobran con piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots
Metais
4 trompas, 3 Trompetas, 3 trombóns, Tuba
Percusión
Timpani, ferriños, bombo, platillos
Cordas
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, arpa
  1. 1,0 1,1 sibelius.fi (ed.). "First symphony Op. 39 (1899-1900)" (en inlgés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  2. David Ewen, Music for the Millions - The Encyclopedia of Musical Masterpieces (READ Books, 2007) p533
  3. sibelius.fi (ed.). "Towards an international breakthrough 1897-1899" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  4. Reid Guilla. refinandonuestrossentidos.com, ed. "Sinfonía Nº 1 en Mi menor, Op. 39" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  5. sibelius.fi (ed.). "Works in chronological order. 1892" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  6. Inkpot Sibelius Nutcase. inkpot.com, ed. "Symphony No.1 in E minor, Op.39" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]