Julio Pérez de Guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Pérez de Guerra
Julio Pérez de Guerra 1933.jpg
 Chantada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Julio Pérez de Guerra, nado en Chantada, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Martín Pérez Pérez e Antonia Guerra Díaz-Varela. Colaborou en El Eco de Galicia, foi redactor de El Centinela de Chantada, redactor-xefe (1918)[1] e logo director de La Voz de la Verdad (1920-1921) e colaborou en El Ideal Gallego e Vida Gallega. Foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Estivo vinculado ao sindicalismo católico agrario. Foi directivo das Irmandades da Fala de Lugo. Foi secretario do Concello de Lugo. É autor do folleto Horas de Hispanidad. Hombres, hechos y problemas (1940).

Julio Pérez de Guerra e José Vega Blanco en Lugo 1920.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Chantada con Milagros Vázquez Campo en 1918[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Regional, 23-5-1918, p. 2.
  2. El Correo de Galicia, 7-8-1918, p. 4.