Saltar ao contido

El Centinela (Chantada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Centinela
Imaxe
 Título
El Centinela Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
26 de maio de 1912 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
maio de 1914 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
26 de maio de 1912 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
26 de maio de 1912 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Galiciana: 579870
Wikidata

El Centinela foi un semanario editado en Chantada entre 1912 e 1914.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, defensor de los que rezan, trabajan y pagan, o primeiro número saíu o 26 de maio de 1912.[1] Foi unha publicación de tendencia católica agraria. O director era o avogado Lorenzo Vázquez Macedo, o administrador Ramón Gutiérrez Tojo e os redactores Julio Pérez de Guerra e Marcial García Cereijo.

Constaba de 4 páxinas a catro columnas e os primeiros números imprimíronse nos talleres da imprenta de La Región.[1]

O 24 de decembro de 1913 adoptou o novo subtítulo de Semanario chantadino independiente baixo a nova administración de Jesús Vázquez Campo.[1] Nesta segunda etapa, pasou a imprimirse na imprenta de El Norte de Galicia[1] e incluía temas de carácter agrario, relixioso e relacionados coa emigración, e informaba sobre as actividades de Acción Gallega. Posuía unha sección denominada Municipalerías e no número 40 inseriu un "Catecismo Municipal" semellante ao Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal. Mantivo unha constante polémica co periódico chantadino La Comarca.

Deixou de editarse en maio de 1914 no número 104.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Teijeira & Torre (1997), p. 301

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]