Era editado pola Editorial Vizcaína tiña a súa sede na rúa Henao nº 8 de Bilbao. Era de tendencia conservadora e monárquica e foi un diario de referencia na cidade durante anos. Cambiou de mans, e o 15 de novembro de 1984 volveu saír á rúa cun cambio moi profundo de imaxe e de liña editorial. Non tivo moito éxito e tras varios cambios de donos e de deseño, pechou definitivamente.