Judy Collins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJudy Collins

(1995) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Judith Marjorie Collins Editar o valor em Wikidata
1 de maio de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado en Boulder
East High School (en) Traducir
MacMurray College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista urbana , actriz , cantante , artista discográfico , pianista , compositora , guitarrista , cantautora , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUNICEF Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFolk Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, voz e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoElektra Records
Wildflower Records (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeLouis Nelson
IrmánsHolly Collins (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjudycollins.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0172423 IBDB: 391829
Facebook: 229031937147719 Twitter: thejudycollins Instagram: judycollinsofficial Youtube: UCINgh-FrQ7HnVI-90XVtmPw Bandcamp: judycollins Spotify: 5yzE49FicYiSxN61oaxkNn iTunes: 193870 Last fm: Judy+Collins Musicbrainz: 06f9c474-0547-40fc-be3d-1ae6ce38abd7 Songkick: 139749 Discogs: 90237 Allmusic: mn0000294923 WikiTree: Collins-8171 Deezer: 64251 Genius: Judy-collins Editar o valor em Wikidata

Judith Marjorie Collins, nada en Seattle, Washington o 1 de maio de 1939, é unha cantante estadounidense coñecida polos seus gustos eclécticos no material que grava (folk, cancións de espectáculos, gospel, rock and roll e standards).

O seu álbum de debut A maid of Constant Sorrow foi publicado en 1961, mais foi a súa versión da canción de Joni Mitchell "Both Sides, Now", o sinxelo do seu disco Wildflowers, de 1967, a que deu a Collins prominencia internacional e fixo que gañase o seu primeiro Grammy como mellor interpretación folk.[1] Gozou doutros éxitos nesa época coas súas versións de "Someday Soon", "Chelsea Morning", "Amazing Grace" e "Cook with Honey".

Collins tivo o maior éxito da súa carreira coa versión do tema de Stephen Sondheim "Send in the Clowns" do seu álbum de 1975, Judith. O sinxelo liderou a listaxe de Billboard en 1975 e outra vez en 1977, estando 27 semanas na listaxe e gañando para Collins unha candidatura ao Grammy á mellor interpretación vocal pop feminina, así como un Grammy para Sondheim pola canción do ano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Collins naceu en Seattle, onde permaneceu os primeiros dez anos da súa vida. O seu pai, un cantante e disjockey radiofónico cego, aceptou un traballo en Denver, Colorado, en 1949, polo que a súa familia se trasladou aló. Collins estudou piano clásico con Antonia Brico, debutando en público aos trece anos cunha interpretación do concerto de Mozart para dous pianos. Máis adiante, o seu interese pola música folk levouna a tomar a decisión de interromper as súas clases de piano. Na súa infancia, Collins coñeceu moitos músicos profesionais grazas ao seu pai.[2]

Foi a música de Woody Guthrie e Pete Seeger e as cancións tradicionais do rexurdimento folk dos primeiros anos sesenta o que centrou o seu interese e espertou o seu amor polas letras. As súas primeiras aparicións públicas como cantante folk despois da súa graduación no instituto do leste de Denver, foron no Michael' Pub en Boulder, Colorado e o folk club Exodus en Denver. A súa música fíxose popular na Universidade de Connecticut, onde daba clases o seu marido. Actuou na estación radiofónica do campus xunto con David Grisman e Tom Azarian.[3] Finalmente abriuse camiño cara ao Greenwich Village de Nova York, onde tocou en clubs como Gerde's Folk City ata que asinou con Elektra Records, un selo ao que estivo asociada 35 ano. En 1961, Collins publicou o seu primeiro álbum, A maid of Constant Sorrow, con vinte e dous anos.[4]

Collins durante unha actuación en Hootenanny en 1963

Ao principio cantou temas tradicionais ou cancións escritas por outros, en particular polos compositores de protesta da época, como Tom Paxton, Phil Ochs e Bob Dylan. Gravou as súas versións de cancións importantes do período como "Mr. Tambourine Man" de Dylan e o tema de Pete Seeger "Turn, Turn, Turn". Collins foi tamén un instrumento para difundir músicos pouco coñecidos a un público máis amplo. Por exemplo, gravou canción do poeta canadense Leonard Cohen, que foi un amigo de confianza ao longo dos anos. Tamén gravou cancións de cantautores como Eric Andersen, Ian Tyson, Joni Mitchell, Randy Newman, Robin Williamson e Richard Fariña tempo antes de que fosen recoñecidos.[5][6]

Mentres os seus primeiros álbums tiñan cancións con acompañamento de guitarra folk, en 1966 no seu álbum In My Life, incluíu fontes diversas como os Beatles, Leonard Cohen, Jacques Brel e Kurt Weill.[6] Mark Abramson produciuno e Joshua Rifkin fixo os arranxos do álbum, engadindo orquestración a moitos dos números. O álbum foi un lanzamento importante para unha artista folk e puxo as bases para o seu traballo posterior na década posterior.[7]

Co seu álbum Wildflowers de 1967 tamén producido por Abramson e arranxado de Rifkin, Collins comezou a gravar as súas propias composicións, comezando con "Since You've Asked". O álbum proporcionoulle tamén un éxito importante e un Grammy polo tema de Joni Mitchell "Both Sides, Now", que chegou ao número 8 na lista Billboard Hot 100.[8]

Collins actuando en The Smothers Brothers Comedy Hour, 1968

Su álbum de 1968, Who Knows Where the Time Goes, foi producido por David Anderle e presentou o acompañamento na guitarra de Stephen Stills (de Crosby, Stills & Nash), a quen estaba unida romanticamente nese tempo. O álbum ten un son doce que resalta na canción de Ian Tyson "Someday Soon" e na pista do título, escrita pola cantautora británica Sandy Denny. O álbum presenta tamén a composición "My Father" e unha das primeiras versións do clásico de Leonard Cohen "Bird on the Wire".[9]

Nos 70 Collins tivo unha reputación sólida como cantante e comezou a destacar coas súas composicións propias. As súas cancións deste período inclúen o himno cristián tradicional "Amazing Grace", o tema de Stephen Sondheim para Broadway "Send in the Clowns" e unha gravación de "(I Live) One Day at a Time", de Joan Baez. O seu álbum de 1979 Hard Times for Lovers obtivo publicidade extra pola fotografía da cubierta, de Collins espida, de Francesco Scavullo.

En anos posteriores, Collins apaixonouse pola escritura, escribindo as súas memorias, Trust Your Heart (1987), e unha novela (Shameless). Outro libro posterior, Sanity and Grace, fala da morte do seu fillo Clark en xaneiro de 1992. Coa axuda da súa representante Katherine DePaul fundou Wildflower Records. Aínda que as súas vendas non eran tan grandes, continuou a gravar e facer xiras nos Estados Unidos, Europa, Australia e Nova Zelandia. Actuou na inauguración da presidencia de Bill Clinton en 1993, cantando "Chelsea Morning" e "Amazing Grace". Os Clinton declararon que chamaron a súa filla Chelsea pola canción de Joni Mitchell interpretada por Collins.

En 2008 lanzou un álbum con artistas que varían de Dolly Parton e Joan Baez a Rufus Wainwright e Chrissie Hynde, dos que interpretou as súas composicións; tamé publicou unha colección de versións dos Beatles e recibiu un doutoramento honorario do Pratt Institute o 18 de maio do mesmo ano. En 2010, Collins cantou "Weight of the World" no Newport Folk Festival, unha canción de Amy Speace.[10]

En febreiro de 2017, participou na gala de entrega dos premios Grammy interpretando, acompañándose polo piano, a canción "Suzanne" en memoria do recentemente falecido Leonard Cohen, que lla dedicara e lle cantar por teléfono nada máis compoñela en 1967.

Judy Collins por Bryan Ledgard 1

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Collins contraeu a poliomielite aos once anos.

Collins casou dúas veces. No seu primeiro matrimonio en 1958 con Peter Taylor tivo o seu único fillo, Clark C. Taylor. O matrimonio acabou en divorcio en 1965.[11]

En 1962, pouco despois do seu debut no Carnegie Hall, Collins foi diagnosticada de tuberculose e tardou seis meses en recuperarse nun sanatorio.[12]

Collins admitiu que sufriu bulimia despois de deixar de fumar nos 70. Escribiu extensamente sobre os seus anos de alcoholismo, o dano á súa vida persoal e musical e como contribuía aos seus sentimentos de depresión.[12] Seguiu un programa de rehabilitación en Pensilvania en 1978 e mantivo a súa sobriedade dende entón, mesmo tras acontecementos traumáticos como a morte do seu único fillo Clark, que se suicidou en 1992, aos 33 anos, despois dunha longa adicción ás drogas e con depresión. Dende a súa morte, foi activista contra a prevención do suicidio.[13]

En abril de 1996, casou co deseñador e activista amigo Louis Nelson, con quen estaba nunha relación dende 1979.[14]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • A Maid of Constant Sorrow (1961)
  • Golden Apples of the Sun (1962)
  • Judy Collins 3 (1963)
  • Judy Collins' Fifth Album (1965)
  • In My Life (1966)
  • Wildflowers (1967)
  • Who Knows Where the Time Goes (1968)
  • Whales & Nightingales (1970)
  • True Stories and Other Dreams (1973)
  • Judith (1975)
  • Bread and Roses (1976)
  • Hard Times for Lovers (1979)
  • Running for My Life (1980)
  • Times of Our Lives (1982)
  • Home Again (1984)
  • Amazing Grace (1985)
  • Trust Your Heart (1987)
  • The Stars of Christmas (Selected Especially for Avon) (1988)
  • Sanity and Grace (1989)
  • Fires of Eden (1990)
  • Baby's Bedtime (1990)
  • Baby's Morningtime (1990)
  • Judy Sings Dylan... Just Like a Woman (1993)
  • Come Rejoice! A Judy Collins Christmas (1994)
  • Shameless (1994)
  • Voices (1995)
  • Classic Broadway (1999)
  • All on a Wintry Night (2000)
  • Classic Folk (2000)
  • Judy Collins Sings Leonard Cohen: Democracy (2004)
  • Portrait of an American Girl (2005)
  • Judy Collins Sings Lennon and McCartney (2007)
  • Paradise (2010)
  • Bohemian (2011)
  • Strangers Again (2015)
  • A love letter to Stephen Sondheim (2017)
  • Everybody Knows (2017), con Stephen Stills

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

  • The Judy Collins Concert (1964)
  • Living (1971)
  • Live at Newport (1959–1966) (1996)
  • Christmas at the Biltmore Estate (1997)
  • Judy Collins Live at Wolf Trap (2000)
  • Live at the Metropolitan Museum of Art (2012)
  • Live in Ireland (2014)

Compilacións[editar | editar a fonte]

  • Recollections (1969)
  • Colors of the Day (1972)
  • Amazing Grace (1972)
  • So Early in the Spring... The First 15 Years (1977) (15th Anniversary Collection)
  • Wind Beneath My Wings (1992)
  • Forever: An Anthology (1997)
  • Both Sides Now (1998)
  • The Very Best of Judy Collins (2001)
  • Judy Collins Sings Leonard Cohen: Democracy (2004)
  • The Essential Judy Collins (2004)
  • 24 Classic Songs (2008)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bio Synopsis" Arquivado 20 de decembro de 2014 en Wayback Machine..
  2. Malkoski, Paul A. (2012).
  3. Time "Striking a Chord" Consultado o 12 de abril de 2008
  4. "Reviews of new albums".
  5. Simmons, Sylvie (2012).
  6. 6,0 6,1 Courrier, Kevin (2005).
  7. In My Life review en AllMusic.
  8. "Judy Collins" Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine..
  9. "Judy Collins Concert: Has Fans Gentle on Her Mind".
  10. "Amy Speace on Mountain Stage".
  11. "Biography for Judy Collins".
  12. 12,0 12,1 Judy Collins (outubro de 1998).
  13. Hellmich, Nanci (18 de xuño de 2007)
  14. Brady, Louis Smith (21 de abril de 1996)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]