Pete Seeger
Pete Seeger | |
---|---|
Nome completo | Peter Seeger |
Nacemento | 3 de maio de 1919 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Falecemento | 27 de xaneiro de 2014 |
Lugar de falecemento | Manhattan |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Unitário-Universalismo |
Alma máter | Universidade Harvard e Avon Old Farms |
Ocupación | cantante, artista urbano, intérprete de banxo, musicólogo, cantautor, guitarrista, activista pola paz, mandolinist e artista discográfico |
Pai | Charles Seeger |
Nai | Constance de Clyver Edson |
Cónxuxe | Toshi Seeger |
Fillos | Mika Seeger |
Irmáns | Peggy Seeger e Mike Seeger |
Coñecido por | Where Have All the Flowers Gone? |
Premios | National Medal of Arts, Grammy á carreira artística, Letelier-Moffitt Human Rights Award, War Resisters League Peace Award, Library of Congress Living Legend, Premio Kennedy, Paul Robeson Award, Schneider Family Book Award e Eugene V. Debs Award |
Na rede | |
http://www.peteseeger.net/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Peter Seeger, universalmente coñecido como Pete Seeger, nado en Nova York o 3 de maio de 1919 e finado o 27 de xaneiro de 2014 en Beacon, estado de Nova York, foi un musicólogo e cantante folk norteamericano.[1] Considerado un dos pioneiros da música folk e tamén da música de protesta dos cantautores nos anos cincuenta e sesenta, pertenceu ós Almanac Singers e máis tarde ó cuarteto The Weavers, que conseguiu facer popular a música folk nos circuítos comerciais.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carreira[editar | editar a fonte]
Estudou xornalismo en Harvard e durante anos buscou nos arquivos e bibliotecas dos Estados Unidos cancións tradicionais, rescatándoas e creando novos temas baseados na música tradicional, ademais de seguir o camiño iniciado por xente como Woody Guthrie. Son cancións súas as xa míticas "Where Have All the Flowers Gone?", "If I Had a Hammer" e "Turn, Turn, Turn", que foron gravadas por multitude de artistas, tanto de folk como doutros estilos.
Política[editar | editar a fonte]
Activista de esquerda durante toda a súa vida[2] e membro do Partido Comunista dos Estados Unidos de América, compareceu diante o Comité de Actividades Antiamericanas e alí defendeuse acompañado polo seu banxo ofrecéndose a cantar para eles dixo "Teño cantado para moitas audiencias. Teño cantado en xunglas de vagabundos e cantei para os Rockefeller. Nunca me neguei a cantar para ninguén. Esa é a única resposta que podo dar. Estou orgulloso de ter cantado para os estadounidenses de todas as tendencias políticas".[3]
Familia[editar | editar a fonte]
Era fillo de Constance de Clyver Edson e de Charles Seeger, un coñecido pacifista e musicólogo estadounidense, e sobriño de Alan Seeger,[4] un poeta de guerra estadounidense de ascendencia alemá que loitou contra o Imperio alemán na Primeira guerra mundial e morreu en combate o 4 de xullo de 1916, durante a ofensiva do Somme, servindo na Lexión Estranxeira francesa.[5] Foi pai de Mika Seeger e parella de Toshi Seeger. Pete Seeger era irmán dos tamén músicos folk Peggy Seeger e Mike Seeger.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pareles, Jon (2014-01-28). "Pete Seeger, Champion of Folk Music and Social Change, Dies at 94". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-08-23.
- ↑ Redação (2014-01-28). "A morte do cantor folk americano Pete Seeger". GGN (en portugués). Consultado o 2022-08-23.
- ↑ "AP WAS THERE: Pete Seeger's HUAC testimony". AP NEWS (en inglés). Consultado o 2022-08-23.
- ↑ "Poems by Alan Seeger". Daily Poetry (en inglés). Consultado o 2022-08-23.
- ↑ Friedman, Dick (2016-10-05). "Alan Seeger". Harvard Magazine (en inglés). Consultado o 2022-08-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pete Seeger ![]() |