Juan Yagüe
Juan Yagüe y Blanco, primeiro marqués de San Leonardo de Yagüe, nado en San Leonardo de Yagüe o 19 de novembro de 1891 e finado en Burgos o 21 de outubro de 1952, foi un oficial do exército español durante a guerra civil, un dos máis importantes do bando nacional. Foi coñecido como o "Carnicero de Badajoz"[1][2] por ordenar a morte de miles de persoas, entre elas homes feridos no hospital.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Fillo de médico, matriculouse moi novo na Academia de Infantaría de Toledo, onde Francisco Franco era cadete. Os dous homes recibiron encargos ao mesmo tempo e serviron xuntos en África, onde Yagüe resultou ferido en varias ocasións e recibiu varias condecoracións.
Yagüe foi ascendido a tenente coronel en 1932. Xunto con Franco e o xeneral López Ochoa, axudou a reprimir a folga xeral revolucionaria de 1934 en Asturias utilizando regulares e lexionarios marroquís. Foi firme partidario da Falange e amigo íntimo de José Antonio Primo de Rivera.
Guerra civil
[editar | editar a fonte]Cando Niceto Alcalá-Zamora foi substituído como presidente da República polo esquerdista Manuel Azaña o 10 de maio de 1936, un grupo de oficiais do exército español, entre eles Yagüe, Emilio Mola, Franco, Gonzalo Queipo de Llano e José Sanjurjo, comezaron a conspirar para derrocar o goberno da Fronte Popular elixido democraticamente. O 17/18 de xullo de 1936 provocaron un levantamento militar que precipitou a Guerra civil española.
As forzas de Yagüe subleváronse en Ceuta antes de cruzar o estreito de Xibraltar para enlazar coas forzas nacionalistas en Sevilla, dirixidas por Queipo de Llano. Yagüe avanzou cara ao norte, atacou primeiro Mérida antes de atacar Badaxoz con 3.000 soldados o 14 de agosto de 1936. Produciuse unha dura pelexa na rúa mentres os nacionalistas avanzaban na cidade. As forzas de Yagüe finalmente conseguiron o control de Badaxoz, e ambos os bandos sufriron fortes baixas.
Baixo a dirección de Yagüe, miles de prisioneiros, tanto militares como civís, foron asasinados ou executados en Badaxoz, durante o Masacre de Badaxoz.[3][4][5] Antes de abandonar a cidade, Yagüe foi preguntado polo xornalista estadounidense John T. Whitaker sobre o motivo polo que matou a todas esas persoas (o 10% da poboación da cidade) e este respondeu:[6]
Por supuesto que los matamos. ¿Qué esperaba usted? ¿Que iba a llevar 4000 prisioneros rojos conmigo, teniendo mi columna que avanzar contrarrreloj?¿O iba a soltarlos en la retaguardia y dejar que Badajoz fuera roja otra vez?
Yagüe foi ascendido a coronel e despois avanzou a Madrid, capturando Trujillo, Navalmoral de la Mata e Talavera de la Reina, pero non puido tomar a capital. Participou na ofensiva de Aragón e fíxose co control de Belchite, Caspe e Lleida. Tamén tivo un papel protagonista na vitoria fascista na batalla do Ebro. En maio de 1938, Yagüe foi destituído do seu mando e detido por unhas temerarias declaracións que fixo nun discurso en Burgos, crítico co franquismo. Volveu á fronte en poucas semanas.
Díxose del que era o comandante das forzas españolas máis respectado da Lexión Cóndor nazi.[7] Yagüe adaptaba ás circunstancias os plans de batalla cambiantes, porén os nazis odiaban a Mola polo seu enfoque cauteloso.
Posguerra
[editar | editar a fonte]Tras o colapso da II República Española en 1939, Yagüe foi ascendido a xeneral de división, nomeado Ministro do Exército do Aire por Franco, tenente xeneral en 1942 e comandante en xefe a título póstumo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conde, Jesús (2020-02-08). "Quién era el general Yagüe, el ‘carnicero’ de Badajoz que ha recuperado una calle en Oviedo". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-08-10.
- ↑ "Yagüe, “el carnicero de Badajoz”, vuelve a tener calle en Oviedo". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2022-08-10.
- ↑ Mario Neves (1986) "La matanza de Badajoz. Crónica de un testigo de uno de los episodios más tragicos de la guerra civil de España". Salamanca, Editora Regional de Extremadura.
- ↑ Jay Allen (30 de gosto, 1935) "Slaughter of 4000 at Badajoz, City of Horrors", Chicago Tribune.
- ↑ Robert Payne (1962) The Civil War in Spain, 1936-1939. Nova York, Puttnam.
- ↑ John T. Whitaker (1943) "We cannot escape history". Nova York, Macmillan.
- ↑ Beevor, Antony (2001). The Spanish Civil War (en inglés). Penguin Books. ISBN 978-0-14-100148-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Yagüe |
A Galipedia ten un portal sobre: España |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recortes de xornais sobre Juan Yagüe nos Arquivos de Prensa do Século XX da Biblioteca Nacional de Economía de Alemaña (ZBW)