Juanete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan García García»)
Juanete
Información persoal
Nome Juan García García
Nacemento 7 de novembro de 1920
Lugar de nacemento Madrid
Falecemento 10 de agosto de 2014
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1945–1946 Real Madrid 4 (0)
1947–1948 Gimnàstic 25 (9)
1948–1950 Deportivo da Coruña 35 (6)
1950–1951 Murcia 23 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan García García, coñecido como Juanete, nado en Madrid o 7 de novembro de 1920 e finado o 10 de agosto de 2014, foi un futbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1948–49 fichou polo Deportivo da Coruña, sendo un habitual no mediocentro xunto a Guimeráns e Carlitos. Ese ano xogou 23 partidos e anotou 6 goles. Na tempada 1949–50 o equipo, adestrado polo arxentino Alejandro Scopelli, quedou subcampión de liga, estando o mediocampo formado nesta campaña por Waldo Botana, Dagoberto Moll, Guimeráns e Juanete. Este ano, Juanete xogou 12 partidos sen lograr ningún gol.

Na tempada 1950–51 fichou polo Real Murcia, que descendeu a Segunda División.

Faleceu o 10 de agosto de 2014, aos 93 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fallece Juanete a los 93 años; Marca, 11 de agosto de 2014 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]