Juan Bautista Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Bautista Alonso
Juan Bautista Alonso por Manuel Ángel Álvarez.jpg
Nacemento14 de setembro de 1801
Lugar de nacementoSalcidos
Falecemento5 de decembro de 1879
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
FillosJuan Alonso Eguilaz †1874
Na rede
Galiciana: 126817 Dialnet: 3594666
Juan Bautista Alonso Español firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

Juan Bautista Alonso Español, nado en Salcidos (A Guarda) o 14 de setembro de 1801 e finado en Madrid o 5 de decembro de 1879, foi un avogado e político galego, membro do Partido Progresista, deputado e senador. Publicou un libro de poesía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun mestre de obras, de neno quedou orfo de nai. Estudou Filosofía e Dereito na Universidade de Salamanca. En Madrid estivo vinculado ao maxisterio de Alberto Lista e exerceu de avogado. Foi secretario da Academia del Mirto, á que pertencían, entre outros, José de Espronceda, Felipe Pardo y Aliaga e Ventura de la Vega.[1] Mantivo relacións con José García de Villalta, Espronceda, Antonio García Gutiérrez, Patricio de la Escosura e Mariano José de Larra.[2] Foi redactor de El Eco del Comercio e La Abeja. Fundou o periódico El Guirigay con Luis González Bravo e colaborou no Semanario Pintoresco Español.

Foi deputado (entre 1839 e 1866) polas provincias da Coruña, Granada, Madrid, Pontevedra e Lugo[3] e subsecretario do Ministerio da Gobernación con Salustiano de Olózaga.[4][5]

Publicou, en lingua castelá, traballos xurídicos e, en 1834, o libro de poemas de estética neoclásica Poesías (Imp. de Tomas Jordan, Madrid, 358 páxinas).[6][7] Pediu que se declarase á cidade de Vigo capital da Provincia de Pontevedra.[8][9][10][a] Colaborou con varias poesías no Álbum de la Caridad de 1862 ("Mi patria", "Mi cortesana en el campo", "El duelo" e "El regalo campestre"), todas elas xa incluídas con anterioridade en Poesías.[11]

Despois da revolución de 1868 foi presidente do Consello de Estado.[5] Foi senador pola Provincia de Murcia de 1872 a 1873.[12]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Poesías, 1834, Imp. de Tomas Jordan, Madrid, 358 páxinas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Poesías (en PDF), 1834, Imp. de Tomas Jordan, Madrid.[6] 
"El regalo campestre", Álbum de la Caridad. 1862.[11] 

Nota[editar | editar a fonte]

  1. Barreiro et al. (2003), interpretando mal a Couceiro Freijomil (1951), indican, erradamente, o contrario.
Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]