Saltar ao contido

José Bento (poeta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Bento
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Distrito de Aveiro, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte26 de outubro de 2019 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Amadora, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

BNE: XX937417

José Bento de Almeida e Silva Nacemento, nado en Pardilhó-Estarreja o 17 de novembro de 1932 e finado en Venteira-Amadora o 26 de outubro de 2019, foi un poeta e tradutor portugués.

Foi mportante divulgador da cultura hispánica en Portugal, facendo moitas traducións do español para o portugués, o hispanista máis relevante de Portugal.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo os seus primeiros estudos en Pardilhó, continuándoos no Porto e en Lisboa, onde concluíu en 1955 os estudos do extinguido Instituto Comercial de Lisboa e ingresou no ensino secundario, que abandonou para traballar en diversas empresas. Aínda estudante, colaborou no xornal "O Concelho de Estarreja" e nalgunhas revistas de poesía como Árvore, Sísifo, Eros e Cadernos do Meio-Dia.[2] Foi un dos fundadores, nos anos 50, da revista de poesía Cassiopeia.[3] De 1963 a 1969, formou parte da redacción da revista O Tempo e o Modo. Publicou crítica literaria en xornais e revistas, designadamente na Colóquio-Letras e na Brotéria.

Só nos finais dos anos setenta é que José Bento deu ao público dous libriños, Sequência de Bilbau e In Memoriam, onde continúa o verso libre dos seus primeiros textos máis representativos, o cal se aproxima, pola amplitude e pola disciplina a que se suxeita, do versículo bíblico. Crúzase, así, a súa poesía, cuxo carácter meditativo ou relixioso nun sentido amplo está en perfecta consonancia co verso escollido, por vía do discursivismo en que inequivocamente aposta, coa que, na década dos setenta, procura alternativas válidas para a tendencia antidiscursivista dominante os anos sesenta.[4] A súa actividade de tradutor de poesía en lingua castelá toca a súa propia produción poética, polo trato íntimo que esa actividade proporciona: por veces a intertextualidade cos poetas que traduce é visíbel na súa poesía.[5]

Tradución

[editar | editar a fonte]

Unha vez que raramente se preocupou en reunir os seus poemas en libro, o seu nome é normalmente citado como excelente tradutor de numerosos poetas de lingua española, clásicos ou actuais, entre outros, Poesías completas de San Juan de la Cruz e de Frei Luis de León, Coplas de Jorge Manrique, Rimas de Bécquer, antoloxías de Garcilaso de la Vega, Santa Teresa de Jesús, Quevedo, Manuel Machado, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Vicente Aleixandre, Lorca, Luis Cernuda, Miguel Hernández, Ángel Crespo, Jaime Gil de Biedma, Francisco Brines, J. A. Ramos Sucre, César Vallejo, Pablo Neruda; unha Antologia da Poesia Espanhola do «Siglo de Oro» (dous tomos: Renacemento e Barroco), unha Antologia da Poesia Espanhola Contemporânea (desde Unamuno aos novisimos), unha Antologia de Poesia Espanhola de Tipo Tradicional, etc. Traduciu tamén prosa do español: La Celestina, de Fernando de Rojas, libros de Unamuno, Juan Ramón Jiménez, Ortega y Gasset, Jorge Luis Borges, María Zambrano, J. M. Arguedas, Octavio Paz, Ignacio Martínez de Pisón etc., e, no ámbito do teatro, Calderón de la Barca, Valle-Inclán, Federico García Lorca.

José Bento morreu o 26 de outubro de 2019, no Hospital Amadora-Sintra, onde se encontraba internado.[6]

  • Sequência de Bilbau (1978). Editorial Inova, Porto. Poemario sobre o País Vasco de poesía social e antifranquista.[7] «Plaquette».
  • In Memoriam (1978). Editorial Inova, Porto. Cun deseño de Armando Alves.
  • El entierro del Señor Orgaz y otros poemas (1986). Sociedad de Cultura Valle-Inclán, Colección Esquío de Poesía, Ferrol. Edición bilingüe castelán-portugués. tradución de Mario Míguez.
  • Adagietto (1989). Grafisán. Caderna de poesía portuguesa IV, Madrid. Texto en portugués e tradución ao castelán de Eugenio Montejo e Mario Míguez.
  • Silabário (1992). Relógio D'Água. 309 páxs. Compila de toda a súa obra poética.
  • Um Sossegado Silêncio (2002). Edições Asa. 80 páxs.
  • Alguns Motetos (2003). Assírio & Alvim. 168 páxs.
  • Sítios (2011). Assírio & Alvim. 272 páxs.

Antoloxías

[editar | editar a fonte]
  • Antologia da Poesia Espanhola Contemporânea (1985). Assírio & Alvim.
  • Antologia Poesia Espanhola Siglo de Oro - I Volume (1993). Assírio & Alvim.
  • Antologia poética de Federico García Lorca (1994)
  • Jardim de Poesias Eróticas do «Siglo de Oro» (1997). Assírio & Alvim.
  • Antologia da Poesia Espanhola das Origens ao Século XIX (2001). Assírio & Alvim
  • A Metáfora do Coração e outros escritos, seleccións e tradución da obra de Maria Zambrano

Foi tamén autor de libros de contabilidade, comercio e fiscalidade.

Recoñecemento e premios

[editar | editar a fonte]
  • 1985: Premio de Tradución, PEN Club Portugués/ Asociación Portuguesa de Tradutores pola Antologia de Poesia Espanhola Contemporânea
  • 1991: España, Medalla de ouro ó Mérito de Belas Artes.[8]
  • 1992: Grao de Comendador da Orde do Infante D. Henrique.
  • 1992: Premio D. Dinis por Silabário.
  • 2005: Premio de Tradución, PEN Club Portugués/ Asociación Portuguesa de Tradutores (ex-aequo) de 2005 pola obra O Engenhoso Fidalgo D. Quixote de la Mancha.
  • 2006: Premio Luso-Español de Arte e Cultura, que outorgan os ministerios de cultura de España e Portugal pola súa contribución para o reforzo dos lazos ibéricos.[9]
  1. Pupular, Crónica. "José Bento, poeta portugués y el hispanista más relevante de Portugal. In memoriam – Crónica Popular" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-02. 
  2. Infopédia. "José Bento - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-07-02. 
  3. "José Bento. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-02. 
  4. Dicionário Cronológico de Autores Portugueses, Vol. VI, Lisboa, 1999
  5. "El poeta portugués José Bento dentro de Santo Tomé". abc (en castelán). 2012-12-18. Consultado o 2020-07-02. 
  6. Portugal, Rádio e Televisão de. "Morreu o poeta e tradutor José Bento, autor de "Sítios" e Medalha de Mérito de Espanha". Morreu o poeta e tradutor José Bento, autor de "Sítios" e Medalha de Mérito de Espanha (en portugués). Consultado o 2020-07-02. 
  7. "Bento, José - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2020-07-02. 
  8. Puerto, Astorga Redacción José Luis. "Un sosegado silencio (en memoria de José Bento)". Astorga Redacción. Periódico digital de Astorga, Teleno, Tuerto y Órbigo (en castelán). Consultado o 2020-07-02. 
  9. "El poeta y traductor portugués José Bento, galardonado con el Premio Luso-Español de Arte y Cultura" (en castelán). Consultado o 2020-07-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]