Tesis
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Tesis | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tesis |
Director | Alejandro Amenábar |
Produtor | Emiliano Otegui José Luis Cuerda |
Guión | Alejandro Amenábar Mateo Gil |
Intérpretes | Ana Torrent Fele Martínez Eduardo Noriega |
Música | Alejandro Amenábar Mariano Marín |
Fotografía | Hans Burmann |
Montaxe | María Elena Sainz de Rozas |
Estudio | Las Producciones del Escorpión |
Distribuidora | Sogecine |
Estrea | ![]() |
Duración | 125 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Thriller |
Orzamento | €721 214 |
Tesis é o filme español dirixido por Alejandro Amenábar que foi estreado no ano 1995. Está protagonizada por Ana Torrent, Fele Martínez e Eduardo Noriega.
Cun notable éxito de crítica e público, o filme foi rodado mentres Amenábar aínda estaba a estudar na Universidade Complutense de Madrid.[1] Obtivo varios premios, entre eles sete Premios Goya nos que salienta os de mellor película, mellor guión orixinal e mellor director novel.
Argumento[editar | editar a fonte]
Ángela (Ana Torrent) é unha estudante de imaxe que prepara a súa tese sobre a violencia audiovisual, cara á que non pode evitar sentir certa atracción. A partir de aí, chegará a descubrir o mundo das snuff movies e ata a involucrarse nel máis do que ela desexara.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Ana Torrent como Ángela Márquez
- Fele Martínez como Chema
- Eduardo Noriega como Bosco Herranz
- Xabier Elorriaga como Jorge Castro
- Miguel Picazo como Figueroa
- Nieves Herranz como Sena Márquez
- Rosa Campillo como Yolanda
- Francisco Hernández como Pai de Ángela
- Rosa Ávila como Nai de Ángela
- Teresa Castanedo como Presentadora TV
- José Miguel Caballero como Conserxe Videoteca
- Joserra Cadiñanos como Vixilante
- Julio Vélez como Encargado Tren
- Pilar Ortega como Encargada C. Vendas
- Olga Margallo como Vanessa
- José Luis Cuerda como Profesor 1º
- Emiliano Otegui como Profesor 2º
- Walter Prieto como Vixilante Tren
- Florentino Sainz como Ancián
Premios[editar | editar a fonte]
Goyas 2001[editar | editar a fonte]
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Gañadora | |
Mellor dirección novel | Alejandro Amenábar | Gañador |
Mellor actriz | Ana Torrent | Candidata |
Mellor actor revelación | Fele Martínez | Gañador |
Mellor guión orixinal | Alejandro Amenábar | Gañador |
Mellor dirección de produción | Carlos Bernases | Gañador |
Mellor montaxe | Mª Elena Sainz de Rozas | Gañadora |
Mellor son | Daniel Goldstein, Ricardo Steinberg, Afonso Pino | Gañadores |
Produción[editar | editar a fonte]
Está rodada, en parte, na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid na que estudou Amenábar. A rodaxe tivo que facerse no mes de agosto, cando estas instalacións quedaban baleiras. Nunha escena da película, na base de datos dos compradores da cámara xt-500 aparece o nome do director.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Tesis (1996) - IMDB". imdb.com.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Tesis na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)