Mayagüez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mayagüez
[[Ficheiro:Mayaguez-flag.svg|130px]] [[Ficheiro:Mayagüez seal.JPG|90px]]
Situación xeográfica
MayaguezCityHall.jpg Map of Puerto Rico highlighting Mayagüez.svg
País Flag of Puerto Rico.svg Porto Prico
Estado Estados Unidos de América Estados Unidos
Estado Libre Asociado Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico
Distrito senatorial Mayagüez
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 201.1 km²
Poboación
Poboación 104.557 hab. (2000)
Densidade 489,4 hab/km²
Xentilicio mayagüezano
Información
Código postal
Alcalde José Guillermo Rodríguez (PPD)
Páxina web www.mayaguez.pr/

Mayagüez é a oitava cidade máis grande de Porto Rico.[1] Foi fundada orixinalmente como "Nuestra Señora de la Candelaria" e é tamén coñecida como "La Sultana del Oeste" (A Sultana do Oeste), "Ciudad de las Aguas Puras" (Cidade das Augas Puras), ou "Ciudad del Mangó" (Cidade do Mangó). O 6 de abril de 1894, a coroa española deulle o título de "Excelente ciudad de Mayagüez" (Excelente Cidade de Mayagüez).[2][3] Mayagüez está situada no centro da costa oeste da illa de Puerto Rico. É a principal cidade da Area Metropolitana Estatística de Mayagüez e da Área Estatística Combinada Mayagüez-San Germán-Cabo Rojo.

Historia[editar | editar a fonte]

Mayagüez foi fundada en 1760 por Faustino Martínez de Matos, Juan de Silva e Juan de Aponte nun outeiro localizado a arredor dun quilómetro da bahía de Mayagüez e a desembocadura do Rio Yaguez.

No 1763 España concedeulle aos fundadores o dereito de goberno autónomo, oficialmente separando ao pobo de Mayagüez do Partido de San Germán. Orixinalmente o puebo de Mayagüez tiña como nome "Nuestra Señora de la Candelaria de Mayagúez". Este nome xurde debido a que a meirande parte dos poboadores, incluíndo os fundadores, proviñan das Illas Canarias onde teñen como santa patroa á Virxe da Candelaria.

No 1836 o pobo foi elevado ao status de villa. Nese momento a agricultura era a principal actividade económical Tres anos despois, en 1839 Eugenio María de Hostos, importante educador, sociólogo, filósofo e escritor, naceu en Mayagüez.

En 1841 un lume destruiu parcialmente a villa, que foi reconstruida con algunhas das súas estradas principais agrandadas para previr a dispersión de lumes futuros. O gobernador militar de Porto Rico da época, o Xeneral Santiago de Méndez Vigo, recaudou fondos para reconstruir a cidade. Na actualidade unha das avenidas principais de Mayagüez leva o seu apelido.

En 1911 fundouse o Colexio de Agricultura, que un ano despois pasou a ser o Colexio de Agricultura e Artes Mecánicas (CAAM). Conservou este nome durante 50 anos. Actualmente é coñecido como o Recinto Universitario de Mayagüez (RUM) da Universidade de Porto Rico.

O 11 de octubre de 1918 Mayagüez foi parcialmente destruida de novo polo Terremoto de San Fermín. O sismo acadou unha magnitude aproximada de 7.3 na escala de Richter e se cobrou a vida de 116 persoas.[4]

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2009 levado a cabo pola Oficina do Censo dos Estados Unidos, en Mayagüez residían 92.156 persoas (fronte aos 98.434 do ano 2000). A densidade de poboación era de 458 hab/km².[5][6] A cidade posúe unha importante "poboación universitaria", aumentando nunhas 10.000 persoas a súa poboación. O 98,9% da poboación é de orixe hispana ou latino (que poden ser de calquer raza).

Das 31.877 fogares de 2007 en Mayagüez, o 38.6% eran parellas casadas, o 22.3% tiñan unha cabeza de familia feminina sen presenza do marido, e o 33.7% non eran familiares. O 33.3% tiñan fillos por debaixo dos 18 anos vivindo cos pais. De tódolos fogares o 27.8% estaban formados por un individuo e no 9.8% vivía unha persoa de 65 anos ou máis vivindo soa. A media de persoas por casa é de 2,75 habitantes e a familia media de 3,41 membros.

En Mayagüez, o 26,9% da poboación estaba por debaixo dos 18 anos, o 10,3% entre os 18 e os 24, o 30,8% entre os 25 e os 44, o 20,6% entre os 45 e os 64, e o 11,5% tiña 65 anos ou máis. A media de idade era de 33 anos. En Mayagüez residen maís mulleres que homes, con 88,4 homes por cada 100 mulleres.

Razas de Mayagüez, Puerto Rico - Censo de 2010[7]
Raza Poboación  % do Total
Brancos 70,091 78.7%
Negros/Afro-portorriqueños 7,345 8.2%
Indios Americanos e Nativos de Alaska 679 0.8%
Asiáticos 189 0.2%
Nativos Hawaianos/Isleños do Pacífico 10 0.0%
Outras razas 7,664 8.6%
Dúas ou máis razas 3,102 3.5%

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mayagüez está localizada na parte central da costa oeste de Porto Rico. A súa extensión é de 201.06 km² e a súa xeografía está composta por un extenso val aluvial na costa da bahía de Mayagüez ao oeste do municipio, chairas costeiras e manglares nas fronteiras do norte e sur; e montañas no centro, noreste e sureste do concello.

O concello limita ao norte cos de Añasco e Las Marías, con Cabo Rojo, Hormigueros e San Germán ao sur, coa canle da Mona ao oeste e cos concellos de Las Marías e Maricao ao este.

As illas de Mona e Monito forman parte do termo municipal do Mayagüez.

Clima[editar | editar a fonte]

Mayagüez posúe un clima tropical monzónico (Clasificación climática de Köppen Am). A cidade posúe o clima máis extremo da illa. A elevada frecuencia de treboadas severas no verán pode producir fortes ventos, inundacións, e mesmo saraiba e tornados. A temperatura media anual é de 24ºC. O inverno adoita ser seco e fresco, con temperaturas entre os 28 ºC e os 13 ºC. O verán adoita ser moi cálido e húmido, con temperaturas que chegan a acadar os 35 ºC. De maio a outubro, é frecuente que se produzan fortes treboadas pola tarde debido á calor, a humidade e á topografía da área.

Nuvola apps kweather.png Rexistros de Mayagüez
(1971-2000, récords dende 1775)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Récord de máximas (°C) 35 36 36 37 37 37 37 37 37 37 37 36
37
Temperatura media máxima (°C) 30 30 31 31 32 33 33 33 33 32 32 31
31
Temperatura mínima media (°C) 18 18 19 20 21 22 22 22 22 22 21 20
21
Temperatura mínima récord (°C) 11 6 10 14 14 16 14 14 15 16 8 13
6
Precipitacións (mm) 28 52 39 123 271 131 168 299 321 189 198 123
1713
Fonte: The Weather Channel [8]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]