José Mujica
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
José Alberto Mujica Cordano, nado en Montevideo o 20 de maio de 1935 e finado o 13 de maio de 2025 na mesma cidade, foi un agricultor e político uruguaio. Foi o cuadraxésimo presidente do Uruguai entre 2010 e 2015.
Con pasado guerrilleiro, pois fora membro do Movemento Nacional de Liberación-Tupamaros, iniciouse na carreira política e foi escollido deputado e senador. Posteriormente ocupou o posto de Ministro de Gandaría, Agricultura e Pesca entre 2005 e 2008. Logo de ocupar a presidencia do Uruguai, foi elixido senador de novo nas eleccións de 2014. Renunciou a este derradeiro posto o 14 de agosto de 2018, e retirouse da actividade política para dedicarse á militancia individual. Foi o líder do Movemento de Participación Popular, o sector maioritario do partido de esquerda Frente Amplio.
En 2005 casara con Lucía Topolansky (nada en 1944), líder histórica do Movemento de Participación Popular e tamén vicepresidenta do Uruguai desde setembro de 2017, tras unha prolongada convivencia.