Milorad Dodik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Milorad Dodik
Milorad Dodik mod cropped.jpg
Nacemento12 de marzo de 1959
 Laktaši
NacionalidadeBosnia e Hercegovina e República Federal Socialista de Iugoslavia
EtniaPobo serbio
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia
Alma máterFaculty of Political Sciences, University of Belgrade
Ocupaciónpolítico
PremiosOrden da Amistade, Order of St. Sava, sen etiquetar e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Milorad Dodik (en serbio cirílico Милорад Додик), nado o 12 de marzo de 1959 en Laktaši, Iugoslavia (actual Bosnia e Hercegovina) é o Primeiro Ministro da República Srpska, unha das dúas entidades de Bosnia e Hercegovina, e o presidente do seu partido, a Alianza de Socialdemócratas Independentes (SNSD) (Савез независних социјалдемократа). É graduado en Ciencias Políticas pola Universidade de Belgrado.

Carreira política[editar | editar a fonte]

De 1986 a 1990 foi presidente da xunta executiva da Asemblea Municipal de Laktaši. En 1990, nas primeiras eleccións multipartidistas en Bosnia e Hercegovina foi elixido ó Parlamento da República Socialista de Bosnia e Hercegovina, como candidato da Unión de Forzas Reformistas. Durante a guerra de Bosnia, desempeñouse como representante da Asemblea Nacional da República Srpska (NSRS). Durante ese tempo, formou os Membros Independentes do Parlamento Caucus (Клуб независних посланика у Народној Скупштини Републике Српске, Klub nezavisnih poslanika ou Narodnoj Skupštini Republike Srpske), que constituíu a única oposición ó Partido Democrático Serbio (Српска демократска странка,Srpska demokratska stranka) de Radovan Karadžić, que mantivo a maioría absoluta durante a guerra no parlamento da República Srpska.

O partido fundado por Dodik constituíu o núcleo do Partido dos Socialdemócratas Independentes, formado en 1996, despois dos Acordos de Dayton, e foi elixido primeiro presidente. Posteriormente uníronse con outros partidos de similar ideoloxía para formar a Alianza de Socialdemócratas Independentes (Stranka nezavisnih socijaldemokrata, ou SNSD), da que tamén foi nomeado presidente. En 1997, saíu elixido para a NSRS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]