Saltar ao contido

Fronte Ampla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Fronte Ampla
 Nome curto
   FA (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   Frente Amplio (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Logotipo
 Instancia de
Características
 Posición política
Implicados
 Presidente/a
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
5 de febreiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de escanos lexislatura
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF313422911 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/025sdtd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: Frente_Amplio Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Fronte Ampla (en castelán, Frente Amplio) é un partido político uruguaio de esquerda e centro-esquerda, fundado o 5 de febreiro de 1971, froito da coalición de varios partidos.

Dentro dos grupos que integran a Fronte Ampla, pódense distinguir diferentes ideoloxías, como son o comunismo, o socialismo, o marxismo e en menor medida o liberalismo, entre outras. Este partido promove, á súa vez, un modelo de Estado do benestar. Fronte Ampla defende a laicidade, promove o dereito á morte digna[1] e o dereito ao aborto. Tamén recoñece o dereito ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo e ao cambio de nome nos documentos das persoas transexuais.

Os dous últimos presidentes da República, Tabaré Vázquez e José Mujica pertenceron a este partido. Á súa vez, a Fronte Ampla posúe a maioría parlamentaria en ambas cámaras, o que resultou clave para a aprobación de medidas tomadas polo Poder Executivo. Dende 1990, a Fronte Ampla goberna no departamento de Montevideo, sendo Ricardo Ehrlich o actual intendente.

Nas eleccións municipais do 2005, por primeira vez na súa historia, a Fronte Ampla consegue oito gobernos departamentais, entre os que se encontran os dos departamentos de Paysandú, Salto, Treinta y Tres, Florida, Canelones, Maldonado, Rocha e Montevideo.

Historia da Fronte Ampla

[editar | editar a fonte]

A Fronte Ampla foi fundada en 5 de febreiro de 1971 como coalición de partidos promovida, entre outros, por Juan Pablo Terra. No momento da fundación, a Frente Ampla é integrada polos históricos partidos da esquerda uruguaia: O Partido Socialista, o Partido Comunista e o Partido Demócrata Cristián, ademais doutros sectores minoritarios e grupos disidentes brancos, como o Movimiento Popular Fronteamplista, dirixido por Francisco Rodríguez Camusso, ou o movemento Patria Grande, dirixido por Enrique Erro, e tamén colorados, como o Movimiento Pregón dirixido por Alba Roballo ou o movemento Por el Gobierno del Pueblo, dirixido por Zelmar Michelini e Hugo Batalla. Ademais, uníronse cidadáns independentes, como Víctor Licandro ou Líber Seregni (de extracción batllista) que se convertería no primeiro Presidente da Fronte Ampla e primeiro candidato á Presidencia da República.[2]

Evolución e crecemento

[editar | editar a fonte]

Ás eleccións de 1971, a Fronte Ampla presentou a Líber Seregni como candidato a Presidente e Juan José Crottogini como candidato a vicepresidente. Conseguiu o 16,3% dos votos válidos, posicionándose no terceiro lugar nunhas eleccións que foron acusadas de fraudulentas polo Partido Nacional, que perdería a Presidencia por unha marxe do 0,2% dos votos.

Porén, após o Golpe de Estado do 27 de xuño de 1973, a Fronte Ampla é reprimida e a súa cabeza visíbel, Líber Seregni, encarcerado. Tamén son detidos e procesados o resto dos líderes do movemento, motivo polo cal a Fronte Ampla non poderá concorrer ás eleccións internas de 1982.

Tras a restauración da democracia en 1984, a maior parte dos líderes da Fronte Ampla son postos en liberdade; outros permaneceron encarcerados até despois das eleccións. Nelas, a Fronte Ampla obtén o 22,1% dos votos, malia que o seu líder, Líber Seregni, continuaba impedido de participar como candidato mesmo despois de ter sido excarcerado. Os candidatos á Presidencia e á Vicepresidencia da Fronte foron respectivamente, por ese motivo, Juan José Crottogini e José D'Elia.

Líber Seregni volveu ser o candidato á Presidencia do Uruguai nas eleccións de 1989, xunto con Danilo Astori como candidato á VicePresidencia e cabeza de todas as listas ao Senado. A coalición sufriu unha perda de apoios, recibindo o 21% dos votos. Ao mesmo tempo, nas eleccións departamentais dese ano, o candidato frontista Tabaré Vázquez resultou elixido como Intendente Municipal de Montevideo, o que o levou a converterse en líder do partido e candidato presidencial para as eleccións de 1994 e 1999.

Nas eleccións nacionais de 1994, a Fronte Ampla formará unha coalición con outros grupos e presentarase baixo o nome de Encuentro Progresista-Frente Amplio.[3] A Fronte Ampla alcanza o 30,61% dos votos e sitúase no terceiro lugar, por detrás do Partido Colorado de Julio María Sanguinetti (32,35%) e do Partido Nacional de Alberto Volonté (32,21%).

Para as eleccións de 1999, a Fronte Ampla estreou un sistema de eleccións internas ás que concorrían Vázquez e Astori, gañando o primeiro por máis de 5 a 1. Con Tabaré Vázquez como líder, a coalición logrará o 40% dos escanos do parlamento, converténdose na primeira forza política do país. Porén, na segunda volta das eleccións, o Partido Colorado, liderado por Jorge Batlle, gañará as eleccións ao conseguir os apoios de dous terzos do Nuevo Espacio, do intentende electo da zona de Rocha, Irineu Riet Correa, e do deputado Jorge Machiñena.

En 2004, a vitoria da Fronte Ampla dáse polo 50,45% dos votos, grazas á coalición formada con Nuevo Espacio baixo o nome de Encuentro Progresista-Frente Amplio-Nueva Mayoría. A coalición foi disolta en 2005 cando Nuevo Espacio e os outros partidos da coalición pasaron formalmente a integrar a Fronte Ampla o 19 de novembro de 2005.

O día 29 de marzo de 2008, o Movimiento 26 de Marzo decidiu retirarse e pasou a formar parte da coalición de partidos Asemblea Popular.

Elección xerais de 2009

[editar | editar a fonte]

A Fronte Ampla obtén a maioría parlamentaria nas eleccións xerais do 25 de outubro de 2009 obtendo un 48% dos sufraxios, en tanto o Partido Nacional (dereita e centro-dereita) quedou segundo cunha porcentaxe do 29%. O Partido Colorado (dereita liberal) quedou terceiro cun 17% de votos.

De cara ás eleccións presidenciais de 2009, o proceso interno na Fronte Ampla enfrontou a José Mujica, Danilo Astori e Marcos Carámbula, vencendo claramente o primeiro candidato. En 6 de xuño de 2009, presentáronse formalmente as candidaturas de José Mújica e Danilo Astori á Presidencia e á Vicepresidencia respectivamente.[4] A coalición obtén a maioría parlamentaria nas eleccións xerais de 25 de outubro dese ano co 48% dos votos, moi por diante da dereita do Partido Nacional (29%), da dereita liberal do Partido Colorado (17%). En cuarto posición atopouse o Independiente (de centro), cun 2,45 %. O partido minoritario, Asamblea Popular, logrou 0,66% de votos. A votación obtida asígnalle á Fronte Ampla 16 senadores dun total de 30 e 50 deputados dun total de 99.

Na segunda volta, o Partido Nacional recibiu o apoio do Partido Colorado; o Partido Independente non apoiou ningunha candidatura e a ultra-esquerdista Asemblea Popular chamou ao voto nulo. A Fronte Ampla logrou unha vantaxe de 9 puntos, polo que José Alberto Mujica e Danilo Astori se converteron respectivamente en Presidente e Vicepresidente do Uruguai.

Grupos políticos que integran a Fronte Ampla

[editar | editar a fonte]
ListaPartido/GrupoPersonalidades do Partido/Grupo
Lista 77Vertiente ArtiguistaEnrique Rubio
Mariano Arana
Lista 90Partido SocialistaDaniel Martínez
Mónica Xavier
Reinaldo Gargano
Daisy Tourné
Álvaro García
Lista 609Movimiento de Participación Popular


Movimiento Claveles Rojos
Participación Masoller
Partido por la Victoria del Pueblo
Lucía Topolansky
Eduardo Bonomi
Ernesto Agazzi
Víctor Vaillant
Jorge Saravia
Luis Puig
Lista 738Alianza ProgresistaRodolfo Nin Novoa
Héctor Lescano
Lista 787Corriente Encuentrista IndependienteDarío Pérez
Lista 871Partido Obrero Revolucionario (Trotskista-Posadista)Raúl Campanella
Lista 1001Partido ComunistaEduardo Lorier
Oscar López Goldaracena
Juan Castillo
Lista 1813Liga Federal FrenteamplistaDarío Pérez
Lista 1968Democracia SocialistaPablo Cabrera
Lista 2121Asamblea UruguayDanilo Astori
Susana Dalmas
Carlos Baráibar
Lista 5005Movimiento CanarioDiego Cánepa
Lista 5271Corriente de IzquierdaDarío Estades
Lista 7373Corriente de Acción y Pensamiento-LibertadEleuterio Fernández Huidobro
Lista 9393Corriente de Unidad FrenteamplistaEduardo Mendez Camaran
Lista 99000Nuevo EspacioRafael Michelini
  1. "Avanza en Uruguay un proyecto de muerte digna". La Nación. 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2009.
  2. "Antecedentes y perspectivas". epfaprensa.org (en castelán). 17 de xuño de 2007. Archived from the original on 17 de xuño de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2023.
  3. "Follas de votación do Encuentro Progresista-Frente Amplio en 1994". corteelectoral.gub.uy (en castelán). 18 de xaneiro de 2012. Archived from the original on 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 2 de novembro de 2023.
  4. Necrosi, L.; Delgado, E. (15 de novembro de 2009). "La izquierda se une para evitar la derrota". elpais.com.uy (en castelán). Archived from the original on 15 de xullo de 2009. Consultado o 2 de novembro de 2023.