Tabaré Vázquez
Tabaré Vázquez | |
---|---|
![]() | |
Tabaré Ramón Vázquez Rosas | |
Presidente de Uruguai | |
Período | 1 de marzo de 2005 - 1 de marzo de 2010 |
Antecesor | Jorge Batlle Ibáñez |
Sucesor | José Alberto Mujica |
Período | 1 de marzo de 2015 |
Antecesor | José Alberto Mujica |
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1940 |
Montevideo | |
Organización | Fronte Ampla |
Cónxuxe | María Auxiliadora Delgado |
Alma máter | Universidade da República |
Profesión | médico oncoloxista |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tabaré Ramón Vázquez Rosas, nado en Montevideo o 17 de xaneiro de 1940, é un político uruguaio, presidente do seu país desde o 1 de marzo de 2005 ata o 1 de marzo de 2010 e de novo dende marzo de 2015. Pertence á Fronte Ampla.
Médico de profesión, foi alcalde de Montevideo entre 1991 e 1995.
Triunfou na elección presidencial o 31 de outubro de 2004, na que se presentaba como candidato pola coalición de esquerda Encuentro Progresista-Fronte Ampla-Nova Maioría, ao obter a maioría absoluta co 50,45% dos votos emitidos, transformándose no primeiro presidente esquerdista e rompendo coa hexemonía bipartidista do Partido Nacional e o Partido Colorado, que dominaran a historia política uruguaia dende 1830. Asumiu o seu cargo de Presidente Constitucional de Uruguai o 1 de marzo de 2005 e o seu mandato estendeuse até o 1 de marzo do 2010.
Presidente de Uruguai | ||
---|---|---|
Segue a: Jorge Batlle Ibáñez |
Tabaré Vázquez | Precede a: José Alberto Mujica |
Fronte Ampla |
Presidente de Uruguai | ||
---|---|---|
Segue a: José Alberto Mujica |
Tabaré Vázquez (2015-no cargo)
|
Precede a: |
Fronte Ampla |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tabaré Vázquez ![]() |
|