José Mujica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Mujica
Pepemujica2.jpg
José Alberto Mujica Cordano
Presidente do Uruguai
Período1 de marzo de 2010 - 1 de marzo de 2015
AntecesorTabaré Vázquez
SucesorTabaré Vázquez
Datos persoais
Nacemento20 de maio de 1935
 Montevideo
OrganizaciónFrente Amplio
CónxuxeLucía Topolansky
Profesiónagricultor e político
RelixiónPanteísmo
Firmamujica vec.svg
Na rede
IMDB: nm0611432 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Alberto Mujica Cordano, nado en Montevideo o 20 de maio de 1935, é un agricultor e político uruguaio. Foi o cuadraxésimo presidente do Uruguai entre 2010 e 2015.

Cun pasado guerrilleiro no que ingresou no Movemento Nacional de Liberación-Tupamaros, foi elixido deputado e senador, para posteriormente ocupar o posto de Ministro de Gandaría, Agricultura e Pesca entre 2005 e 2008. Logo de ocupar a Presidencia, foi elixido senador de novo , nas eleccións de 2014. Renunciou a esta última posición o 14 de agosto de 2018, retirándose da actividade política como gobernante para dedicarse á militancia popular. É o líder do Movemento de Participación Popular, o sector maioritario do partido de esquerda Frente Amplio.

Desde 2005 está casado con Lucía Topolansky (1944-), líder histórica do Movemento de Participación Popular e tamén vicepresidenta do Uruguai desde setembro de 2017, tras unha prolongada convivencia.

Presidente do Uruguai

Segue a:
Tabaré Vázquez
José Mujica
Precede a:
Tabaré Vázquez
Frente Amplio