Jonas Mekas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jonas Mekas
Nacemento24 de decembro de 1922
Lugar de nacementoBiržai
Falecemento23 de xaneiro de 2019
Lugar de falecementoBrooklyn
NacionalidadeLituania e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Maguncia
Ocupacióndirector de cinema, poeta, guionista e artista
PaiPaulius
NaiElžbieta
FillosOona Mekas e Sebastian Mekas
IrmánsAdolfas Mekas
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Lithuanian National Prize, Comendador das Artes e as Letras, doutor honoris causa da Universidade Vytautas-Magnus, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, Honorary citizen of Biržai District Municipality e Order for Merits to Lithuania
Na rede
http://jonasmekas.com/diary/
IMDB: nm0577263 Allocine: 12778 Rottentomatoes: celebrity/jonas_mekas Allmovie: p102408
Find a Grave: 196294250 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jonas Mekas, nado en Semeniškiai (Lituania) o 14 de decembro de 1922 e finado en Nova York (Estados Unidos) o 23 de xaneiro de 2019, foi un cineasta, crítico cinematográfico e poeta lituano. É coñecido como o padriño do cinema de vangarda americano na época posterior á segunda guerra mundial.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jonas Mekas naceu en Semeniškiai, Lituania, en 1922. En 1944, partiu para Alemaña co seu irmán Adolfas, e eventualmente mudáronse para os EUA en 1949. Alí el comprou a súa primeira cámara e comezou a facer filmes. Morou en Nova York todo o resto da súa vida.

Obra[editar | editar a fonte]

Jonas Mekas é coñecido polos seus filmes-diario que ofrecen unha perspectiva orixinal a este xénero de cinema. Moitos filmes retratan a escena do cinema vangardista dos anos 60. Os filmes máis famosos son Walden (1969), Lost, Lost, Lost (1975), Reminiscences of a Journey to Lithuania (1972), Zefiro Torna (1992), e As I Was Moving Ahead Occasionally I Saw Brief Glimpses of Beauty (2000), e teñen sido mostrados en festivais e museos por todo o mundo.

Alén de cineasta, Mekas foi escritor: escribiu poemas e prosa en lituano, francés, alemán e inglés. Publicou tamén os seus diarios, entre os cales os máis famosos son I Had Nowhere to Go: Diaries, 1944–1954 e Letters from Nowhere.

Divulgación e crítica cinematográfica nos EUA[editar | editar a fonte]

Mekas foi unha figura central na divulgación do cinema vangardista en Nova York. En 1954 co irmán Adolfas fundou o xornal Film Culture, onde se publicaban revistas dos filmes de vangarda, tal como análises profundas do cinema vangardista. Mekas quería que o cinema tivese unha linguaxe máis elaborada e consciente, moitas veces trazando o paralelismo entre cinema e poesía. En 1958, comezou a escribir para The Village Voice, o primeiro semanario alternativo nos Estados Unidos, onde tiña a súa columna ‘Movie Journal’, que axudou a divulgar noticias sobre o cinema underground.

Mekas preocupábase tamén pola creación de espazos de divulgación e arquivos de cinema. En 1962 cofundou The Film-Makers' Cooperative, e en 1964 The Filmmakers’ Cinematheque, que eventualmente se converteu en Anthology Film Archives. Isto posicionaba o Mekas no  centro da esfera da arte vangardista en xeral. Durante a súa vida colaborou con Marie Menken, Andy Warhol, Nico (e The Velvet Underground), Allen Ginsberg, Yoko Ono, John Lennon, Salvador Dali, George Mačiūnas... Pódese ver que estes artistas estaban nos círculos máis próximos do Mekas: el é coñecido polos seus filmes-diario, e os máis famosos presentan aspectos diarios das vidas destes artistas. Por exemplo, o The Sixties Quartet presenta exactamente as escenas cotiás das persoas máis famosas do underground nos anos 60: festas underground co Andy Warhol e coa música da The Velvet Underground no fondo; a festa do aniversario do John Lennon; as feiras de verán da familia Kennedy, de cuxos fillos Mekas fora profesor de cinema.

Mekas tamén era unha voz importante da oposición contra a censura do cinema nos 1960. En 1964, Mekas foi detido con acusacións de obscenidade por ter mostrado Flaming Creatures (1963) e a obra de Jean Genet Un Chant d'Amour (1950). Como resultado, Mekas comezou campañas anti-censura en defensa de filmes coa temática LGBTQ de Jean Genet e Jack Smith. As campañas foron apoiadas por figuras culturais tales como Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Norman Mailer ou Susan Sontag.  

Filmografía [2][editar | editar a fonte]

  • Guns of the Trees (1962)
  • Film Magazine of the Arts (1963)
  • The Brig (1964) - 65 minutes
  • Empire (1964)
  • Award Presentation to Andy Warhol (1964)
  • Report from Millbrook (1964–65)
  • Hare Krishna (1966)
  • Notes on the Circus (1966)
  • Cassis (1966)
  • The Italian Notebook (1967)
  • Time and Fortune Vietnam Newsreel (1968)
  • Walden (Diaries, Notes, and Sketches) (1969)
  • Reminiscences of a Journey to Lithuania (1971–72)
  • Lost, Lost, Lost (1976)
  • In Between: 1964–8 (1978)
  • Notes for Jerome (1978)
  • Paradise Not Yet Lost (tamén coñecido como Oona's Third Year) (1979)
  • Street Songs (1966/1983)
  • Cups/Saucers/Dancers/Radio (1965/1983)
  • Erik Hawkins: Excerpts from "Here and Now with Watchers"/Lucia Dlugoszewski Performs (1983)
  • He Stands in a Desert Counting the Seconds of His Life (1969/1986)
  • Scenes from the Life of Andy Warhol (1990)
  • Mob of Angels/The Baptism (1991)
  • Dr. Carl G. Jung or Lapis Philosophorum (1991)
  • Quartet Number One (1991)
  • Mob of Angels at St. Ann (1992)
  • Zefiro Torna or Scenes from the Life of George Maciunas (1992)
  • The Education of Sebastian or Egypt Regained (1992)
  • He Travels. In Search of... (1994)
  • Imperfect 3-Image Films (1995)
  • On My Way to Fujiyama I Met... (1995)
  • Happy Birthday to John (1996)
  • Memories of Frankenstein (1996)
  • Birth of a Nation (1997)
  • Scenes from Allen's Last Three Days on Earth as a Spirit (1997)
  • Letter from Nowhere – Laiškas iš Niekur N.1 (1997)
  • Symphony of Joy (1997)
  • Song of Avignon (1998)
  • Laboratorium (1999)
  • Autobiography of a Man Who Carried His Memory in His Eyes (2000)
  • This Side of Paradise (1999)
  • Notes on Andy's Factory (1999)
  • Mysteries (1966–2001)
  • As I Was Moving Ahead Occasionally I Saw Brief Glimpses of Beauty (2000)
  • Remedy for Melancholy (2000)
  • Ein Maerchen (2001)
  • Williamsburg, Brooklyn (1950–2003)
  • Mozart & Wien and Elvis (2000)
  • Travel Songs (1967–1981)
  • Dedication to Leger (2003)
  • Notes on Utopia (2003)
  • Letter from Greenpoint (2004)
  • The Definition of Insanity (film) (2004)
  • 365 Day Project (2007)
  • Notes on American Film Director: Martin Scorsese (2007)
  • Lithuania and the Collapse of USSR (2008)
  • I Leave Chelsea Hotel (2009)
  • WTC Haikus (2010)
  • Sleepless Nights Stories (Estrea na Berlinale 2011)
  • My Mars Bar Movie (2011)
  • Correspondences: José Luis Guerin and Jonas Mekas (2011)
  • Reminiszenzen aus Deutschland (2012)
  • Out-takes from the Life of a Happy Man (2012)
  • Requiem (2019)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Guggenheim Fellowship (1977)
  • Creative Arts Award, Brandeis University (1977)
  • Mel Novikoff Award, San Francisco Film Festival (1992)
  • Lithuanian National Prize, Lithuania (1995)
  • Doctor of Fine Arts, Honoris Causa, Kansas City Art Institute (1996)
  • Special Tribute, New York Film Critics Circle Awards (1996)
  • Pier Paolo Pasolini Award, París (1997)
  • International Documentary Film Association Award, Los Angeles (1997)
  • Governors Award from the Skowhegan School of Painting and Sculpture, Maine (1997)
  • Atrium Doctoris Honoris Causa, Vytautas Magnus University, Lituania (1997)
  • Representante da Lituania na 51.a Exposición Internacional de Arte Bienal de Venecia (2005)
  • Selección do filme Reminiscences of a Journey to Lithuania polo United States National Film Preservation Board para ser arquivado no National Film Registry da Library of Congress (2006)
  • Los Angeles Film Critics Association's Award (2006)
  • Austrian Decoration for Science and Art (2008)
  • Baltic Cultural Achievement Award for Outstanding Contributions to the field of Arts and Science (2008)
  • Life Achievement Award na segunda edición dos Rob Pruitt's Art Awards (2010)
  • George Eastman Honorary Scholar Award (2011)
  • 'Carry your Light and Believe' Award, Ministerio de Cultura, Lituania (2012)
  • Commandeur de l'Ordre des Arts et Lettres, Ministerio de Cultura, Francia (2013)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Needham, Alex (January 23, 2019). "Jonas Mekas, titan of underground filmmaking, dies aged 96". The Guardian. Consultado o April 2, 2019. 
  2. "Jonas Mekas". IMDb (en inglés). Consultado o 2023-06-08.