John Hejduk
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1929 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 3 de xullo de 2000 (70 anos) Bronx, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Cooper Union (pt) University of Cincinnati (en) Harvard Graduate School of Design (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura e escultura |
Ocupación | arquitecto , escultor , pedagogo , profesor universitario |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
John Quentin Hejduk, nado o 19 de xullo de 1929 en Nova York e finado o 3 de xullo de 2000 ibídem, foi un arquitecto e profesor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Cooper Union for the Advancement of Science and Art de Nova York dende 1947 ata 1950 e na Universidade de Cincinnati, Ohio, dende o 50 ata o 52. En 1953 Obtivo a mestría na Harvard University's Graduate School of Design. No ano 1954 consegue a bolsa Fulbright que lle permite asistir as clases de Pier Luigi Nervi en Roma.
Foi docente da Universidade de Texas, en Austin, para logo volver a Nova York en 1956. Comezou a ensinar en 1964 na Cooper Union, da que foi reitor dende 1975 ata a súa xubilación no ano 2000.
Integrou, xunto con Eisenman, Meier, Graves e Gwathmey, o grupo Os cinco de Nova York (ou Os Brancos, pola cor predominante nas súas obras), sendo el o máis vangardista de todos eles, tomando a obra de Theo van Doesburg como inspiración.[1]
A maior parte do seu traballo foi teórico, baixo a forma de complexos debuxos poéticos. Eses deseños foron recollidos en máis de vinte libros.
Cultivou a poesía, publicando, entre outros poemarios, Such Places As Memory: Poems 1953-1996.[2]
En 1979 foi designado membro do Instituto Americano de Arquitectura.
Hejduk en Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia existen dúas obras do arquitecto, o Centro Sociocultural da Trisca e as Torres Hejduk en Santiago de Compostela. Hejduk non chegou a ver rematadas ningunha das dúas. O edificio da Trisca foi inaugurado no ano 2003. Por outra banda as torres que levan o seu nome e que agora están situadas na Cidade da Cultura foron deseñadas nos primeiros anos noventa para ser situadas no parque de Belvís; alí a torre acristalada tería función de invernadoiro e a de pedra sería un espazo multiúsos, pero pouco antes de que se construísen cancelouse o proxecto ao considerarse moi agresivas coa contorna da cidade vella. Deste xeito as torres permaneceron esquecidas ata que no ano 2000 o seu colega Peter Eisenman gañou o concurso para a construción da Cidade da Cultura e como homenaxe póstuma ó seu compañeiro decidiu incorporar as torres ao proxecto do monte Gaiás, inaugurado no 2011.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo Richard Meier da Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium.
- ↑ Places As Memory: Poems 1953-1996 vista previa en Google Books.
- ↑ "Torres Hejduk e contorna | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2017-04-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Hejduk |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo Hejduk, John Quentin da Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition (en inglés).
- Artigo HEJDUK, JOHN (1929- ) da Enciclopedia Universal Micronet, 2006 (en castelán, en DVD).
- Five architects: Eisenman, Graves, Gwathmey, Hejduk, Meier, 1971, 137 páx (traducido a varias linguas).
- HEJDUK, J.; Víctimas, Colegio Oficial de Arquitectos de Murcia, 1993, 144 páx (en castelán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrada Hejduk, John (Nova York 1929 - 3-7-2000)[Ligazón morta permanente] na EGU (en liña).