Theo van Doesburg

Christian Emil Marie Küpper, coñecido como Theo van Doesburg, nado en Utrecht o 30 de agosto de 1883 e finado en Davos (Suíza) o 7 de marzo de 1931, foi un pintor, arquitecto e teórico da arte neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun fotógrafo, iniciou a súa carreira como pintor colaborando cos arquitectos Oud e Wils. A súa primeira exposición de cadros foi na Haia en 1908. Busca representar a tridimensionalidade pictórica. No 1916 funda con Leyda e Oud o grupo Sphinx, practicando arte concreta. Un ano despois, en 1917, fundou xunto con Piet Mondrian, e outros, o movemento artístico denominado De Stijl.
En 1931, xunto a Antoine Pevsner, Naum Gabo, Auguste Herbin e Georges Vantongerloo, crearon o movemento Abstracción-Creación, en París.
No 1955 foi homenaxeado postumamente na Documenta 1 de Kassel.
Arquitecto e activista
[editar | editar a fonte]Van Doesburg exerceu outras actividades ademais da pintura e promover De Stijl: probou as súas forzas en arquitectura, proxectando casas para artistas; en colaboración conGeorges Vantongerloo, ambos dous deseñaron a decoración do Café Aubette en Estrasburgo, Francia. Xunto con El Lissitzky e Kurt Schwitters, van Doesburg buscou reunir unha Internacional das Artes en dous congresos celebrados en Düsseldorf e Weimar en 1922. Un alfabeto xeometrizado, creado por van Doesburg en 1919, ten sido revitalizado en formato dixital como Architype Van Doesburg.
Obra
[editar | editar a fonte]A obra de van Doesburg pode ser ollada en:
- Centraal Museum en Utrecht
- Guggenheim Museum e Museo de Arte Moderna, ambos en Nova York
- Gemeentemuseum Den Haag na Haia
Galería
[editar | editar a fonte]-
Composición VIII (A vaca) ca. 1918. Óleo sobre lenzo, 37.5 x 63.5 cm.
-
Composición IX (variación de 'Xogadores de cartas', 1917. 116 x 106 cm, Gemeentemuseum Den Haag