Os cinco de Nova York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cinco de Nova York (New York Five ou The Five Architects) é un grupo de arquitectos formado por John Hejduk, Peter Eisenman, Richard Meier, Michael Graves e Charles Gwathmey.

Historia e características[editar | editar a fonte]

No ano 1972 publícase un libro de fotografías en branco e negro que recolle o traballo arquitectónico dos cinco arquitectos titulado Five Architects[1], de aí o nome do grupo. Esas fotografías xa formaran parte, uns poucos anos antes, dunha exposición para o MOMA. O libro sería publicado en 1975 por Oxford Press alcanzando moita mais notoriedade.

Ocasionalmente reciben o alcume de Brancos (Whites) en referencia a súa rivalidade co grupo dos Grises (Greys), integrado por Romaldo Giurgola, Allan Greenberg, Charles Moore, Jaquelin T. Robertson e Robert A. M. Stern, que no seu libro Five on Five acusaban o grupo de Hejduk e compañía de non ter en conta nin a contorna, nin os usuarios nin a funcionalidade nos seus edificios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goldberger, Paul (1996-02-11). "ARCHITECTURE VIEW;A Little Book That Led Five Men to Fame". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 2017-04-11.