John Garcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Garcia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) John Garcia
(en) John M. Garcia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
San Manuel, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Facebook: JohnGarciaOfficial Musicbrainz: 89f2340a-a5c0-440e-99d2-6df0ae097eb8 Songkick: 2889566 Discogs: 171115 Allmusic: mn0000228074 Editar o valor em Wikidata

John Garcia, nado en San Manuel (Arizona) o 4 de setembro de 1970, é un cantante estadounidense que foi membro de Slo Burn, Unida e Kyuss, banda que destacou a principios dos 90. Actualmente é o vocalista de Hermano. A súa voz fíxose sinónimo do fenómeno desert rock e en parte é visto como a voz do stoner rock.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mentres aínda estaba no instituto, el axudou a fundar Kyuss (orixinalmente Sons of Kyuss) en 1989 xunto ao guitarrista Josh Homme. A banda produciu cinco álbums en total, e en todos eles están as voces de Garcia. En outubro de 1995, xusto tres meses despois de editar o seu último traballo ...And the Circus Leaves Town, Kyuss separouse. A súa derradeira gravación foi un vinilo de 10" co selo Man's Ruin Records que posteriormente foi reeditado nun CD compartido co seguinte proxecto de Homme, Queens of the Stone Age. A banda non volveu tocar dende entón.

En 1996 uniuse á banda de stoner rock Slo Burn. O seu EP, Amusing the Amazing, foi moi prezado polos fans de Kyuss, que atoparon nel parte do son da súa antiga banda, longos riffs de guitarra e a voz brusca de Garcia. Porén ese EP foi o único material editado pola banda.

Despois da separación de Slo Burn, Garcia formou Unida que incluía ao baixista de Kyuss na súa formación, Scott Reeder. A banda editou un álbum e un CD compartido con Dozer. Unida entón asinou co selo de Rick Rubin, American Records, e gravou un segundo álbum, que non foi editado debido a que o selo asociado, Island/Def Jam, non vía nel o suficiente potencial. A banda estivo parada dende entón.

En 1998 uniuse a Hermano, un proxecto paralelo de varios músicos de stoner rock.

A finais de 2003 gravou voces para a canción "Born Too Slow" de The Crystal Method. A canción funcionou ben nas radios e fíxose moi popular entre os fans de The Crystal Method.

O 20 de decembro de 2005, Garcia xuntouse novamente con Josh Homme para actuar como invitado con Queens of the Stone Age nun concerto da banda no Wiltern Theatre nos Ánxeles (California). Eles tocaron tres cancións de Kyuss na actuación: "Thumb", "Hurricane" e "Supa Scoopa and Mighty Scoop".

En 2006 Garcia colaborou coa banda de hard rock canadense Danko Jones no seu terceiro álbum, Sleep Is The Enemy, no tema "Invisible". Volveu colaborar co grupo no seu álbum do 2008 Never Too Loud, aparecendo no tema "Forest for the Trees" ao lado de Pete Stahl, vocalista de Scream.

No ano 2010 foi anunciada unha xira co nome Garcia Plays Kyuss. As actuacións consistían enteiramente en temas da súa antiga banda Kyuss, cunha banda composta por músicos belgas e holandeses das bandas Agua de Annique, Kong, Celestial Season e Arsenal. Durante o seu paso polo Hellfest o 20 de xuño, uníronselle no escenario os antigos membros de Kyuss Brant Bjork e Nick Oliveri e tocaron xuntos "Gardenia" e "Green Machine".

Discografía[editar | editar a fonte]