Brant Bjork

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrant Bjork

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Palm Desert, California, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , guitarrista , músico , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoHeavy metal Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBatería e guitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDuna Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webbrantbjork.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3044495 Facebook: BrantBjorkOfficial Twitter: lowdesertpunks Instagram: lowdesertpunks MySpace: brantbjork Bandcamp: brantbjork Spotify: 538ZIoOw6wW1xdjuIaQHOS Last fm: Brant+Bjork Musicbrainz: 9c17713b-14f7-47ee-b0ba-87802d186aab Songkick: 189840 Discogs: 252691 Allmusic: mn0000933927 Genius: Brant-bjork Editar o valor em Wikidata

Brant Bjork, nado en Palm Springs (California), o 19 de marzo de 1973, é un batería, produtor, cantante, compositor e guitarrista estadounidense, considerado dunha das figuras máis notables na escena do stoner rock. É coñecido principalmente por ter sido o batería e fundador da influente banda californiana de stoner rock Kyuss.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kyuss[editar | editar a fonte]

Mentres estaba no instituto, uniuse con Josh Homme, Chris Cockrell e John Garcia para a fundación dunha banda chamada Katzenjammer. A petición de Bjork o grupo pasou a chamarse Sons of Kyuss, o nome duns monstros do xogo de rol Dungeons & Dragons,[1] para a edición dun EP, e posteriormente o nome foi acurtado a Kyuss.

A banda mudiuse aos Ánxeles en 1990 e fichou por Chameleon Records, editando o seu álbum de estrea, Wretch, en setembro de 1991. Despois asinou un contrato con Elektra Records e converteuse no primeiro grupo de desert rock en acadar é xito internacional. Bjork axudou a publicar o álbum de 1992 Blues for the Red Sun, que axudou a crear o movemento do stoner rock, e despois de da edición de Welcome to Sky Valley, en 1993, deixou Kyuss.

Despois de Kyuss[editar | editar a fonte]

Ese mesmo ano produciu o álbum de estrea de Fu Manchu, No One Rides for Free. En 1997 volveu coller as baquetas no álbum The Action is Go, tamén de Fu Manchu e uniuse ao grupo. Estivo con eles ata antes de comezar a xira do seu álbum California Crossing, no ano 2002.

Durante ese tempo tamén gravou varios discos en solitario: Jalamanta (1999), Brant Bjork & the Operators (2002), Keep Your Cool (2003) e Local Angel (2004).

No mes de outubro do 2003, Brant Bjork xirou por Europa co nome "Brant Bjork and the Bros." Estivo acompañado por Dylan Roche no baixo, Michael Peffer na batería e Mike Pygmie na guitarra. Pygmie deixou a banda despois da xira e foi substituído por Scott Cortez para unha nova serie de concertos polos Estados Unidos e Europa no ano 2004. En 2005, The Bros entraron no estudio e gravaron o quinto álbum de Bjork, Saved by Magic, que foi editado o 1 de agosto dese ano.

O 27 de febreiro do 2007 apareceu un novo álbum en solitario titulado Tres Dias, ao que lle seguiu no mes de maio Somera Sól. En setembro, o tema "The Native Tongue", do álbum Tres Dias, foi incluído nun recompilatorio de Poison Tree Records chamado Road To Nowhere. Durante o 2007, o seu selo Duna Records fracasou e cambiouse a Low Desert Punk Recordings. A primeira edición coa nova discográfica sería Punk Rock Guilt, en maio de 2008.

En novembro do 2010, anunciouse que Bjork formaría parte da reformada Kyuss (coñecida agora como Kyuss Lives!), composta por Bjork, Bruno Fevery (substituíndo a Josh Homme) na guitarra, Nick Oliveri no baixo e John Garcia nas voces. No mes de marzo do 2011 comezaron unha xira por Europa e tamén están a traballar nun novo álbum de estudio.

Discografía[editar | editar a fonte]

Brant Bjork[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Jalamanta 1999 Man's Ruin Records
Brant Bjork & the Operators 2002 Duna Records
Keep Your Cool 2003 Duna Records
Local Angel 2004 Duna Records
Tres Dias 2007 Duna Records
Punk Rock Guilt 2008 Low Desert Punk
Gods & Goddesses 2010 Low Desert Punk
Tao of the Devil 2016 Napalm Records
Europe '16 2017 Napalm Records
Mankind Woman 2018 Heavy Psych Sounds
Jacoozzi 2019 Heavy Psych Sounds

Brant Bjork and the Bros[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Saved by Magic 2005 Duna Records
Somera Sól 2007 Duna Records, Low Desert Punk

Brant Bjork and the Low Desert Punk Band[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Black Power Flower 2014 Napalm Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Drummers Of Stoner Rock". www.jimdero.com. Consultado o 2019-12-02.