Scott Reeder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Scott Reeder
Nacemento 16 de maio de 1965 (53 anos)
Orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Instrumento(s) baixo
Relacionado con Kyuss, Bütcher
editar datos en Wikidata ]

Scott Reeder, nado en Barstow (California) o 16 de maio de 1965, é un baixista estadounidense. Foi o baixista da banda de stoner rock Kyuss e agora toca en Bütcher e edita traballos en solitario tamén.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Uniuse a Kyuss despois da saída de Nick Oliveri e estivo na banda ata a súa disolución en outubro de 1995. Reeder reuniuse co antigo cantante da banda, John Garcia, en Unida, un grupo de stoner rock que só editou un traballo antes de separarse por problemas legais.

En 2002, foi un dos oito baixistas que fixeron unha proba para unirse a Metallica, da que saíu elixido Rob Trujillo. Tres anos despois, en 2005, uniuse á banda Bütcher.

Reeder editou un álbum en solitario, TunnelVision Brilliance, o 24 de xaneiro de 2006. Todas as cancións foron compostas e interpretadas por el.