Johann Harald Kylin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohann Harald Kylin

(1925) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Ornunga, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
parroquia da catedral de Lund, Suecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio do norte de Lund, Kvarter: 024 Gravplats: 0020-21 (1949–) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Formación profesionaldoutoramento
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, ficoloxía, xenética das plantas e Fisioloxía vexetal Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , ficólogo , mestre , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lund
Universidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua sueca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaKylin Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElsa Sofia Jacobowsky
Fillosdous
PaiNils Henrik Olsson
Premios

Johann Harald Kylin, máis coñecido como Harald Kylin, nado o 5 de febreiro de 1879 en Ornunga, condado de Västra Götaland, Suecia, e finado o 16 de decembro de 1949 en Lund, foi un botánico sueco, especializado en ficoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Kylin, Nils Henrik Olsson, era agricultor, e os seus fillos tomaron o apelido Kylin da leira familiar, xa que o apelido Olsson era moi común en Suecia. En 1898 graduouse nunha escola secundaria de Gotemburgo e estudou na Universidade de Uppsala, onde obtivo o doutoramento en 1907. Posteriormente foi profesor na Universidade de Uppsala e, ao mesmo tempo, ensinou nunha escola secundaria e na formación de profesores. Nos anos 1912 e 1913 estivo con Wilhelm Pfeffer en Leipzig. Desde 1920 até a súa xubilación en 1944 foi profesor de botánica na Universidade de Lund. O herbario Agardh en Lund foi unha das coleccións de algas máis importante do mundo.

Kulin estaba principalmente interesado nas algas. A súa tese de doutoramento trataba sobre a flora mariña na costa oeste de Suecia. Alí pasaba a miúdo os veráns en Kristineberg preto de Fiskebäckskil coa súa familia mentres facía investigacións no laboratorio mariño local. En 1924 casou con Elsa Sofia Jacobowsky, coa que tivo un fillo e unha filla.

Nunha serie de traballos publicados entre 1909-1918 tratou da bioquímica das algas, sobre todo sobre os seus colorantes e carbohidratos. En obras posteriores, de 1928 a 1932 elaboró as directrices para un novo sistema de clasificación. Kylin publicou obras incluso sobre a socioloxía vegetal e a bioloxía das plantas.

Publicou sobre taxonomía, morfoloxía, bioquímica, ecoloxía e fisioloxía das algas, e publicou unha revisión da taxonomía das algas vermellas na costa oeste sueca en 1944, outra das algas pardas en 1947 e unha terceira algas verdes en 1949. Tamén publicou sobre as algas na costa oeste de Noruega, onde se atopaba en 1908, as algas vermellas do Subantártico e o Ártico (1919), as algas vermellas de Nova Zelandia, Suráfrica e California.

En 1922 visitou os Estados Unidos e recolleu na península de Monterey, en La Jolla en California, Friday Harbor no condado de San Juan, Washington (onde impartiu un curso de verán sobre algas en 1924) e Woods Hole.

En 1917 publicou unha revisión da taxonomía das algas pardas, baseándose especialmente nos seus ciclos de desenvolvemento. Naquel momento describiu cinco ordes, e nunha revisión en 1933 tres clases e 12 ordes. En 1923 publicou unha monografía sobre a morfoloxía de 25 xéneros de algas vermellas da clase das florideofíceas.

En 1932 publicou unha monografía sobre a taxonomía da clase das algas pardas Chordariales, e en 1940 outra sobre a orde das Gigartinales. En 1956 apareceu a título póstumo o seu libro Die Gattungen der Rhodophyceen, editado pola súa viúva, que era bióloga.

Foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia e da Real Academia das Ciencias de Dinamarca, membro correspondente da Botanical Society of America e da Societas pro Fauna et Flora Fennica. Foi galardoado coa a Medalla linneana.

De 1922 a 1928 foi editor de Botaniska Notiser.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1956 - Die Gattungen der Rhodophyceen (Os xéneros das rodofíceas).

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Kylin emprégase para recoñecer a Johann Harald Kylin como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carlquist, Gunnar (1933): Svensk uppslagsbok. Bd 16. Malmö: Svensk Uppslagsbok AB. sid. 444-445.
  2. Kylin – Johan Harald Kylin (1879-1949) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • George F. Papenfuss: "Kylin, Johann Harald", en: Charles C. Gillispie, ed.: Dictionary of Scientific Biography, 1980, Nova York: Charles Scribner's Sons, vol. 6, pp. 534–536.
  • Sveriges statskalender 1939. Uppsala: Almqvist & Wiksells boktryckeri-a.-b. 1939. p. 694.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]