Joaquín García Díez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Joaquín María García Díez, nado o 16 de setembro de 1954 en Ferrol, é un político e biólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Bioloxía e militante do Partido Popular de Galicia, comezou a súa carreira como director do Instituto Lucense para o Desenvolvemento Económico e Social.
En 1990 deu o salto á administración autonómica ao ocupar a secretaría xeral da consellería de Agricultura durante un ano.[1] En 1991 presentouse como candidato a concelleiro dentro das listas municipais do PPdeG en Lugo, saíu elixido e encargouse da primeira tenencia de alcaldía no equipo de Tomás Notario Vacas.[2] Nas municipais de 1995 encabezou a lista do PPdeG e conseguiu a alcaldía con maioría absoluta da cidade das murallas, posto que ocupou durante catro anos.[2]
En 1999 abandonou o cargo e foi substituído polo seu concelleiro Ramón Arias Roca nas listas electorais e polo socialista Xosé Clemente López Orozco na alcaldía. Regresou á administración autonómica como secretario xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ata 2004, data en que concorreu como segundo candidato do PPdeG ás xerais de 2004. Saíu elixido deputado no Congreso e en 2008 presentouse á reelección, desta volta como cabeza de lista dos populares. Saíu elixido de novo, ao igual que en 2011. En 2015 volveu figurar como cabeza de lista dos populares ao Congreso dos Deputados e, de novo, foi deputado en 2019.
En 2023 abandonou a política.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez, Juan Carlos (27 de abril de 2024). "Joaquín García Díez “No comparto las formas de la política actual”". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Uz, Carmen (5 de maio de 2024). ""Me hubiera gustado acabar lo que empecé, pero lo digo sin rencor, la decisión fue mía"". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ Redacción. "Preparan un homenaje al exalcalde de Lugo y exdiputado Joaquín García Díez". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Tomás Notario Vacas |
Alcalde de Lugo 1995-1999 |
Sucesor: Xosé Clemente López Orozco |
- Alcaldes de Lugo
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Nados en Ferrol
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Concelleiros de Lugo
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Políticos do PPdeG
- Nados en 1954