Joaquim Botet i Sisó
Joaquim Botet i Sisó | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 1846 |
Lugar | ![]() ![]() ![]() |
Falecemento | 1917 |
Lugar | Xirona |
Residencia | Xirona |
Nacionalidade | Española |
Actividade | |
Campo | Numismática, historiografía e arqueoloxía. |
Alma máter | Universidade de Barcelona. |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Estudos de numismática e arqueoloxía catalás. |
Premios | - 1875: Premio da Real Academia da Historia. - 1907: Premio Martorell, do IEC. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joaquim Botet i Sisó, nado en Xirona en 1846 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1917, foi un arqueólogo, numismático e historiador catalán.[1][2][3][4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A familia Botet proviña de Lloret de Mar e a mediados do século XIX instalouse en Xirona. Tratábase dunha familia de comerciantes cunha certa tradición militar. Os seus pais, Climent Botet i Franquesa e Dolors Sisó i Rovira, tiveron outros catro fillos ademais de Joaquim.[5]
Joaquim estudou Dereito na Universidade de Barcelona, onde se moveu en ambientes catalanistas e recibiu esta influencia de parte dos seus profesores. Ao rematar a súa carreira decidiu non exercer o dereito senón dedicarse e a iniciativas cívicas, así como á difusión do patrimonio xerundense.[6][7]
Foi o editor das revistas Lo Geronès e La Renaixença, de Barcelona. Botet chegou a ter moito recoñecemento no eido académico: presidiu a Asociación Literaria de Xirona e foi académico da Real Academia das Boas Letras de Barcelona e académico correspondente da Real Academia da Historia, de Madrid.[1][7]
Colaborou ademais na Revista de Girona, en Lo Rat Penat, en La Gramalla, en L'Avenç e en La Ilustració Catalana. En 1879 publicou unha monografía sobre Empúries, un dos primeiros traballos modernos de importancia sobre arqueoloxía e numismática de Cataluña.[1][3][7]
En 1894 fundou o primeiro Centro Catalanista de Xirona.[3][6]
No terreo político, foi alcalde de Xirona entre 1894 e 1897 e deputado provincial entre 1881 e 1888. Tamén foi xuíz municipal (1882-1883), conservador do Museo Provincial (1896-1904) e tesoureiro de Unió Catalanista en 1898.[7]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- (1875): premio da Real Academia da Historia, pola monografía sobre Empúries, publicada en 1879.[8]
- (1907): premio Martorell, do Instituto de Estudos Cataláns, pola súa obra Les monedes catalanes, publicada entre 1908 e 1911.[9]
Publicacións[editar | editar a fonte]
Estudos historiográficos[editar | editar a fonte]
Recóllense aquí as monografías da súa autoría. Os numerosísimos artigos en revistas especializadas foron indexados por Miquel Crusafont i Sabater.[10][11]
- (1879): Empúries: Noticia histórico-arqueológica de Emporion.
- (1890): Condado de Gerona. Los condes beneficiarios.
- (1895): Sarcófagos romano-cristianos esculturados que se conservan en Cataluña.
- (1905-1909): Cartoral de Carlemany.
- (1908-1918): Provincia de Gerona. Volume V da colección Geografia General de Catalunya, dirixida por Carreras i Candi.[12]
Estudos numismáticos[editar | editar a fonte]
- (1908-1911): Les monedes catalanes.
- Os artigos relativos á numismática publicados en diversas revistas do sector foron recollidos por Miquel Crusafont i Sabater no volume Obra numismàtica esparsa i inèdita de Joaquim Botet i Sisó, publicado en 1997 (ver referencia completa máis abaixo, na sección "Bibliografía").
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Joaquim Botet i Sisó". En Gran Enciclopedia Catalana. L'Enciclopèdia.cat.
- ↑ Crusafont i Sabater, M. (1997). "Vida i obra de J. Botet i Sisó". Páxinas 11-48.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 J. N. F. (1976).
- ↑ Morató i Grau, J. (1917). “En Joaquim Botet i Sisó”. En La Il·lustració Catalana. Nº 714. Páxina 90.
- ↑ Crusafont i Sabater, M. (1997). Páxinas 11-12.
- ↑ 6,0 6,1 Quer i Carbonell, J. (1998).
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 "Joaquim Botet i Sisó". En El Punt Avui. 22 de outubro de 2009.
- ↑ Crusafont i Sabater, M. (1997). Páxina 26.
- ↑ Crusafont i Sabater, M. (1997). Páxina 40.
- ↑ Crusafont i Sabater, M. (1997). "Bibliografia general de J. Botet i Sisó". Páxinas 45-62.
- ↑ "Botet y Sisó, Joaquim 1848-1917". En WorldCat.
- ↑ Baig i Aleu, M. (2002).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Baig i Aleu, M. (2002). Joaquim Botet i Sisó les il·lustracions del volum Provincia de Gerona. En Revista de Girona. Nº 210. Páxinas 42-47. ISSN 0211-2663
- Crusafont i Sabater, M. (1997). Obra numismàtica esparsa i inèdita de Joaquim Botet i Sisó. Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. Institut d'Estudis Catalans. ISBN 9788472833791
- J. N. F. (1976). "Joaquim Botet i Sisó (Girona, 1846-1917)". En Revista de Girona. Fascículo III. Páxinas 197-201.
- Quer i Carbonell, J. (1998). Joaquim Botet i Sisó, del catalanisme al nacionalisme. Columna edicions. ISBN 8483005689