Apareceu o 9 de novembro de 1913. Fundada por Francisco Álvarez de Nóvoa e Fortunato Cruces e dirixida por Álvarez de Nóvoa. O administrador era José Salgado, e entre os colaboradores figuraron Ignacio Ares de Parga, Manuel Revestido, Conde de Cela (Joaquín Pesqueira), Constantino Horta, Germán Verdiales, Alberto Camino, Ramón Fernández Soto, Antonio Rey Soto e Castelao, que dende o número 24 mantivo a sección Cosas de Galicia. En marzo de 1915 viaxa a Galicia o director Francisco Álvarez de Nóvoa, facéndose cargo da dirección Joaquín Pesqueira.[1] O último número coñecido é o 69, que apareceu en 1915.