El Progreso (1907)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Progreso. Diario Independiente. Pontevedra miércoles 4 de enero de 1928.jpg

El Progreso foi un periódico editado en Pontevedra entre 1907 e 1937.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente. Se publica los domingos en Pontevedra, apareceu o 6 de outubro de 1907. Periódico de tendencia católica, defensor do liberalismo, era o órgano de José Boente Sequeiros. O seu fundador e primeiro director foi Isidro Buceta. Dende maio de 1910 o título é unicamente Progreso, eliminado o subtítulo. A partir de xaneiro de 1912 converteuse en diario co subtitulo Diario independente e funciona como voceiro monterista e despois garciprietista.

A partir de 1916 o novo director, Benigno Barros Martínez, iniciou unha campaña contra os riestristas, coincidindo coas disputas entre estes e os monteristas. Simpatizou coas tendencias moderadas do movemento agrarista. Desde 1921 funcionou como voceiro do Partido Reformista de Pontevedra. Na súa última etapa foi dirixido por Roberto Blanco Torres. Entre os seus colaboradores estaba José Carbonell Alsina (que asinaba como J. Cea) e foi redactor xefe.

En xaneiro de 1937 ten que incluír a lenda franquista como subtítulo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]