Joanna Russ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joanna Russ
Nacemento22 de febreiro de 1937
 Nova York
Falecemento29 de abril de 2011
 Tucson
CausaIctus
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Cornell e Yale School of Drama
Ocupaciónescritora, novelista, catedrática, ensaísta, escritora de ciencia ficción, feminista e xornalista
Coñecido/a porWhen It Changed, The Female Man, How to Suppress Women's Writing, The Adventures of Alyx, And Chaos Died, We Who Are About To..., The Two of Them e To Write Like a Woman
PremiosPrêmio Nebula de Melhor Conto, Hugo Award for Best Novella, Tähtivaeltaja Award, Pilgrim Award, James Tiptree Jr. Award, James Tiptree Jr. Award e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Joanna Russ, nada en Nova York o 22 de febreiro de 1937 e finada en Tucson o 29 de abril de 2011, foi unha escritora, académica e feminista radical estadounidense. É a autora de varias obras de ciencia ficción, fantasía e crítica literaria feminista como How to Suppress Women's Writing. A súa obra máis soada é The Female Man, unha novela que combina sátira e ficción utópica, que pode lerse como novela, así como na súa calidade de texto teórico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joanna Russ naceu no Bronx, na cidade de Nova York. Os seus pais, Evarett I. e Bertha (nada Zinner) Russ, foron ambos os dous profesores. Comezou a escribir ficción nunha idade moi temperá. A través dos anos, enche os seus cadernos con historias, poemas, banda deseñada e ilustracións, a miúdo encadernadas a man.[1]

Sendo estudante do último ano no Instituto William Howard Taft, Russ foi escollida entre os primeiros dez postos do Westinghouse Science Talent Search.[2][3] Gradúase na Universidade Cornell, onde estuda con Vladimir Nabokov  en 1957, e obtén un mestrado en Belas Artes na Yale Drama School en 1960. Despois de ensinar en varias universidades, incluíndo Cornell, pasa a ser profesora de tempo completo na Universidade de Washington.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PCL MS-7: Joanna Russ Collection". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  2. "Joanna Russ". NNDB. 
  3. "Science Talent Search 1953". Society for Science & the Public. 
  4. "Guide to the Joanna Russ Papers, 1968–1989". Northwest Digital Archives. Consultado o 20 de marzo de 2011.