Saltar ao contido

The Female Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Female Man
 Instancia de
 Título
The Female Man (en)
Der weibliche Mann (de)
L'Autre moitié de l'homme (fr)
Female Man (it)
Eine Weile entfernt (de)
L'Autre Moitié de l'homme (fr)
Planet der Frauen (de)
De Vrouw-man (nl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
febreiro de 1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Open LibraryOL3332542W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03vm7z Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Female Man é unha novela de ciencia ficción feminista escrito por Joanna Russ e publicado en 1975.

Partindo dunha idea de realidades paralelas, a autora constrúe catro personaxes centrais, como versións posíbeis dunha mesma muller: as catro "J"s. Cada unha delas vive na súa "terra posíbel": Joanna vive na "nosa terra" en 1970, Jeannine vive nunha terra na que a Gran Depresión nunca acabou, e onde os papeis de xénero son extremamente ríxidos, Jael vive nunha sociedade rachada polo medio, onde mulleres e homes viven en estado de guerra declarada hai 40 anos, e Janet vive nunha utopía futurística onde todos os homes morreron hai séculos.

A historia comeza cando Janet consegue chegar ó mundo de Jeannine, e boa parte dela está centrada no asombro de Janet fronte as relacións entre homes e mulleres. Russ usa o riso como elemento para rachar co que é cotián. Ela esaxera as situacións patriarcais para xerar un riso crítico.