Joachim Streich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joachim Streich
Joachim Streich 1974.gif
Información persoal
Nome completo Joachim Streich
Nacemento 13 de abril de 1951
Lugar Wismar, RDA
Altura 1,73 m
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1957-1963 Aufbau Wismar
1963-1967 TSG Wismar
1967-1969 Hansa Rostock
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1969-1975 Hansa Rostock 141 (58)
1975-1985 1. FC Magdeburg 237 (171)
Selección nacional
1969-1985 RDA 102 (55)
Adestrador
1985-1990 1. FC Magdeburg
1990-1991 Eintracht Braunschweig
1991-1992 1. FC Magdeburg
1996-1997 FSV Zwickau
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Joachim Streich, nado o 13 de abril de 1951 en Wismar, República Democrática Alemá, é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro. É o xogador con máis encontros disputados e goles anotados da historia da Selección de fútbol da RDA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

A súa carreira profesional transcorreu na Oberliga da extinta RDA, comezou a xogar con 16 anos no Hansa Rostock, debutando na Oberliga o 23 de agosto de 1969 contra o Dynamo Dresden. Militou no equipo do Mar Báltico oito tempadas, ao fin das cales foi traspasado ao 1. FC Magdeburg, nos dez anos que estivo no equipo proclamouse máximo goleador da Liga catro veces, gañou o Campionato nacional en tres ocasións (1978, 1979 e 1983) e disputou a Copa da UEFA. Foi votado Futbolista do ano da RDA en 1979 e 1983.

Debutou coa Selección de fútbol da RDA o 19 de decembro de 1969 nun encontro amigábel ante Iraq, porén non marcaría o seu primeiro gol ata setembro de 1971 ante Checoslovaquia en Berlín.

Formou parte do combinado nacional que gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1972 en Múnic e tamén participou no Mundial de Fútbol Alemaña 1974, disputando catro encontros e marcando dous goles.

Disputou o seu encontro número 100 o 12 de setembro de 1984 nun amigábel ante Inglaterra e finalmente retirouse con 102 encontros disputados coa selección un mes despois. Porén, en 1999 a FIFA invalidou catro dos encontros dos Xogos Olímpicos de 1972, polo cal so lle recoñece 98, pero a Federación de fútbol de Alemaña segue a recoñecelo como un dos poucos xogadores que chegaron a disputar 100 encontros coa súa selección.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Unha vez retirado do fútbol comezou a adestrar ao último equipo no que xogara, o 1. FC Magdeburg, no mesmo ano. Así dirixiu ao equipo dende 1985 ata 1990, cando ficha polo Eintracht Braunschweig. Porén so estaría un ano nese equipo, volvendo ao Magdeburg á tempada seguinte, porén volvería a deixar o equipo pronto, estando uns anos sen dirixir profesionalmente a ningún equipo.

Finalmente adestrou ao FSV Zwickau na tempada 1996-1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]