Saltar ao contido

F.C. Hansa Rostock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hansa Rostock»)
Hansa Rostock
NomeFußballclub Hansa Rostock e. V.
Alcume(s)Hansa, Hanseaten, Kogge,
Hansa-Kogge, Ostseestädter
Fundación28 de decembro de 1965
EstadioOstseestadion, Rostock
Capacidade29.000
PresidenteMichael Dahlmann
AdestradorChristian Brand
Liga2.. Bundesliga
2021/2213º
Na rede
https://www.fc-hansa.de/
Facebook: hansarostock Twitter: hansarostock Instagram: hansarostock LinkedIn: f-c-hansa-rostock-e-v- Youtube: UCj2W-sOPG-ryou81NOvgKPg TikTok: hansarostock Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O F.C. Hansa Rostock é un club de fútbol alemán da cidade de Rostock, en Mecklemburgo-Antepomerania. Foi un dos clubs con máis éxito procedentes da antiga RDA e estivo na Bundesliga durante dez anos, desde 1995 ata 2005, para logo declinar. Desde 2012, o club xoga na 3ª Liga.

O equipo en xullo de 1978

O club estableceuse o 1 de novembro de 1954 co nome de Sportclub Empor Rostock con seccións dedicadas a diferentes deportes. Así e todo o equipo de fútbol non se puido recrutar das asociacións deportivas locai (Betriebssportgemeinschaften) polo que se transferiu o equipo do BSG Empor Lauter de Lauter a Rostock, localizado nunha zona ben representada no fútbol da Alemaña Oriental. O novo equipo denominouse SC Empor Rostock e tomou o lugar do desparecido BSGз Empor Lauter na primeira división en novembro de 1954. Na tempada seguinte remataron en segunda posición pero quedou relegado á 14ª en 1956 baixando de categoría e volvendo á DDR-Oberliga en 1958. O equipo quedou en segundo lugar en 1962, 1963 e 1964. A reorganización deportiva que a RDA realizou en 1965 levouno a converterse nun club independente adoptando o nome de FußClub Club Hansa Rostock, designado como un dos 11 clubs de elite do país.

Durante a década de 1970 o club quedaba na parte baixa da táboa e en tres ocasións baixou á segunda división da DDR-Liga aínda que sempre foi quen de volver á máxima división. Na década de 1980 mantivo sempre a categoría. Coa reunificación alemá e a fusión das dúas ligas, o Rostock gañou o seu primeiro campionato, foi na NOFV-Oberliga, a liga de transición que se estableceu para a tempada 1990-1991. Tamén gañou a derradeira Copa de Alemaña Oriental por 1-0 fronte ao F.C. Stahl Eisenhüttenstadt.[1]

Bundesliga

[editar | editar a fonte]
O equipo en xaneiro de 1990

O éxito do club posibilitou o seu acceso á Bundesliga canda o Dynamo Dresden na tempada 1991–92 . O. Hansa non logrou a permanencia e baixou á segunda división para volver á primeira na tempada 1995–96. Nos dez anos seguintes mantivo a categoría, quedando como mellor resultado na sexta praza, secasí foi o único equipo da antiga RDA en continuar na máxima categoría. O 1 de decembro de 2002 o Rostock converteuse no primeiro equipo alemán en aliñar seis estranxeiros dun mesmo país nun partido da Bundesliga (Prica, Lantz, Wibran, Jakobsson, Arvidsson e Persson – todos suecos). O Rostock realizou unha mala primeira metade da tempada 2004–05, gañando un só partido e logrando cinco empates en 17 encontros e non se puido recuperar malia a chegada do dianteiro finlandés Jari Litmanen xa que logo o club deixou a máxima categoría, e así por primeira vez non houbo un club da antiga RDA. Tras dous anos na segunda división volveu á máxima categoría na tempada 2007-2008 pero baixou no cabo da tempada. A tempada 2009–10 foi mala e remataron baixando á terceira división, recuperando a categoría en 2010-2011 parar volver a terceira en 2011–12.

  • NOFV-Oberliga
    • Campión: 1991
  • DDR-Oberliga
    • Finalista: 1955, 1962, 1963, 1964, 1968
  • FDGB-Pokal
    • Gañador: 1991
    • Finalista: 1955, 1957, 1960, 1967, 1987
  • 2. Bundesliga
    • Campión: 1995
  • Copa de Mecklenburg-Vorpommern
    • Gañador: 1998, 2005, 2006, 2011, 2015, 2016

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

A 23 de agosto de 2016 o equipo formábano:[2]

Posto País Xogador
1 GK Alemaña Marcel Schuhen
3 DF Alemaña Marcus Hoffmann
4 MF Alemaña Tommy Grupe
5 DF Alemaña Matthias Henn
6 MF Alemaña Michael Gardawski
7 DF Alemaña Christian Dorda
8 MF Alemaña Ronny Garbuschewski
10 MF Alemaña Aleksandar Stevanović
11 MF Alemaña Jeff-Denis Fehr
13 DF Alemaña Dennis Erdmann
14 FW Países Baixos Melvin Platje
15 MF Austria Marco Kofler
18 DF Alemaña Florian Esdorf
Posto País Xogador

Modelo:Fsз player

23 FW Alxeria Soufian Benyamina
24 MF Alemaña Stefan Wannenwetsch
25 MF Alemaña Kerem Bülbül
27 DF Alemaña Fabian Holthaus
29 MF Alemaña Tobias Jänicke
31 GK Alemaña Samuel Aubele
33 DF Alemaña Maximilian Ahlschwede
36 GK Alemaña Eric Behrens
37 MF Suíza Stephan Andrist
38 FW Alemaña Marcel Ziemer
39 MF Alemaña Maik Baumgarten
O estadio en 1957

O orixinal Ostseestadion construíuse en 1954, coa participación centos de cidadáns de Rostock que axudaron de balde. O primeiro partido internacional no Ostseestadion do equipo da RDA foi o 26 de setembro de 1956. En 2001 rehabilitouse para acoller a 29.000 espectadores.

  1. "The last days of football in East Germany". DW. 3 de xuño de 2016. 
  2. "F.C. Hansa Rostock – Profi Mannschaft Spieler Übersicht" (en alemán). F.C. Hansa Rostock. Consultado o 9 de narzi de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

х