Saltar ao contido

Jimmy Connors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJimmy Connors

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) James Scott "Jimmy" Connors Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
East St. Louis, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSanta Bárbara
Belleville (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónEast St. Louis Senior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Peso70 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1972–), adestrador de tenis Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata - 29 de abril de 1996 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado8.641.040 $ Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor em Wikidata
Man de xogomanicho Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 1253–279 Editar o valor em Wikidata  109 Editar o valor em Wikidata 1 (1974)
Tenis dobres 174–78 Editar o valor em Wikidata 16 Editar o valor em Wikidata 370 (1973)
Hall of fame Fitxa HOF (1998) Editar o valor em Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- UCLA Bruins men's tennis (en) Traducir
1976-1984 Equipe Estadunidense de Copa Davis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePatti McGuire (1979–)
Premios

Twitter: JimmyConnors WikiTree: Connors-1731 Editar o valor em Wikidata

James Scott Connors, coñecido como Jimmy Connors, nado en East St. Louis, Illinois o 2 de setembro de 1952, é un ex-xogador de tenis estadounidense, despois adestrador.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi Nº 1 do ranking ATP en nove ocasiones durante os anos 1974 a 1983 e Top 10 durante 16 anos entre 1973 e 1988. Debido á súa lonxeva, exitosa e regular carreira, Connors mantén até hoxe algúns das marcas máis importantes da historia do tenis desde que comezase a era aberta en 1968. É o tenista con máis títulos ATP, con 109 títulos en 164 finais.[1] É o tenista con máis partidos gañados na historia do circuíto ATP con 1274 vitorias e o segundo en Wimbledon (84) detrás de Roger Federer (101) e no Aberto de Estados Unidos (98). É quen máis veces gañou o Aberto de Estados Unidos (5) na Era Aberta, xunto a Roger Federer e Pete Sampras e quen máis veces alcanzou as semifinais do Aberto de Estados Unidos (14). É o tenista que máis tempo permaneceu entre os Top 10, con 817 semanas, así como tamén no Top 5 (705). Tamén quen máis tempadas terminou como Top 10 (16), Top 5 (14) e Top 3 (12). Por último é o único que se clasificou 17 veces ao Torneo de fin de tempada, seguido por Roger Federer con 16 e Andre Agassi e Rafael Nadal con 14 clasificacións, torneo que clasifica só aos 8 mellores de cada tempada. Debido a estes e moito outros logros, Jimmy Connors é considerado como un dos mellores tenistas de todos os tempos.[2][3]

Obtivo oito títulos individuais de Grand Slam: o Aberto de Australia de 1974, o Campionato de Wimbledon de 1974 e 1982, e o Aberto de Estados Unidos de 1974, 1976, 1978, 1982 e 1983. A súa única materia pendente foi o Torneo de Roland Garros, onde foi semifinalista catro veces. Na súa carreira alcanzou 15 finais e 31 semifinais de Grand Slam. O estadounidense logrou 17 títulos e 29 finais en masters, o que o coloca sexto e cuarto no historial. Tamén gañou o Masters Grand Prix de 1977 e a final de WCT de 1977 e 1980.

O tenista alcanzou o número 1 do ranking ATP o 29 de xullo de 1974 e estivo 84 semanas no máis alto. Finalizou primeiro en cinco tempadas consecutivas entre 1974 e 1978, segundo en tres e terceiro noutro catro.

Por outra banda, Connors integrou a selección de Estados Unidos da Copa Davis que obtivo o título de 1981.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Foi iniciado no tenis pola súa nai (profesora deste deporte) e a súa avoa quen lle ensinaron os seus primeiros golpes aos 3 anos. Sendo un adolescente novo mudouse a California xunto á súa familia e alí puido ser adestrado por grandes lendas do tenis como Pancho Gonzáles e Pancho Segura.

Connors foi á universidade un ano na UCLA coa que gañou o título da NCAA en 1971.

O seu debut no circuíto ATP produciuse en agosto de 1970, cando disputou o Aberto de Merion, na xira de canchas rápidas dos Estados Unidos. Superou o francés Jean-Baptiste Chanfreau por 6-4 e 6-3. Exactamente un ano despois, no Aberto de Columbia, alcanzou a súa primeira final, sendo derrotado polo seu compatriota Tom Gorman por 6-7, 7-6, 4-6, 7-6 e 6-3.En 1972 logrou o seu primeiro título ao vencer a Clark Graebner na final de Jacksonville. Ese mesmo ano logrou os títulos de Columbia, Londres, Cincinnati, Albany e Baltimore.

A súa extrema competitividade fixo que destacase desde moi novo. Rexeitaba aceptar ser derrotado e daba absolutamente todo en cada punto do partido, non importándolle canto de aparentemente van fose o seu esforzo. Encantáballe xogar ante multitudes e realizaba calquera cousa para tomar unha vantaxe, como discutir co "árbitro de cadeira" ou co seu opoñente. As súas perrenchas contra "árbitros" e xuíces de liña foron famosas. O seu impetuoso comportamento fíxolle gañar unha reputación como o rebelde do tenis mundial. Gañou o alcume de “Brash Basher of Belleville” (algo así como o “Impetuoso machacador de Belleville”). Tamén foi coñecido polo seu sobrenome “Jimbo”.

En 1973 gañou 11 títulos, todos sobre canchas duras, 9 deles en EE. UU, un en Canadá e outro en Suráfrica.

Zurdo con revés a dúas mans (aínda que aprendese a golpear ben a unha man), Connors posuía un xogo de fondo moi agresivo con tiros planos, con pouco e nada de topspin, que o facían mellor para as canchas rápidas. Un dos seus adversarios dixo: “Xogar con Connors é como pelexar con Joe Frazier. Sempre vén cara a ti. Nunca para”.

Rexeitando integrarse na recentemente formada Asociación de Tenistas Profesionais (ATP), que era a máis aceptada polos xogadores de tenis, formou parte dun circuíto de torneos menores organizados por Bill Riordan. En 1974 iniciou demandas á ATP e o seu presidente Arthur Ashe por US$10 millóns por prohibirlle actuar libremente, prohibíndolle participar no Torneo de Roland Garros por asinar un contrato para xogar a Copa do Mundo de Tenis (WTT) para Baltimore, o que era penalizado pola ATP.

O Aberto Francés dese ano foi o único torneo grande que Connors non gañou. Foi o gran protagonista do ano con 14 títulos, 3 de Grand Slam. Conseguiu o seu primeiro Grand Slam ao gañar o Aberto de Australia ao derrotar ao australiano Phil Dent en 4 sets. Máis tarde faríase co seu primeiro Wimbledon e Aberto de EE. UU. ao derrotar en ambas as finais ao veterano australiano Ken Rosewall con contundentes vitorias en sets corridos. Na final do Aberto de Estados Unidos só cedeu 2 xogos nun rotundo 6-1 6-0 6-1. En xullo dese ano alcanzou o Nº 1 mundial e manteríao por 160 semanas consecutivas, unha marca recentemente superada no ano 2007 por Roger Federer. En 1975 volveu ter unha actuación extraordinaria ao alcanzar a final dos 3 Slams que lograra o ano anterior, pero perdeu en todas elas. En Australia perdeu ante o local John Newcombe e no Aberto de EE. UU. viuse sorprendido polo español Manuel Orantes na primeira vez que se xogou o torneo sobre arxila verde. Pero a máis esperada foi a final de Wimbledon, na que se deu un duelo entre o demandado Arthur Ashe e o demandante Connors. A pesar de estar lonxe dos seus mellores anos, Ashe sorprendeu a todos e gañou en 4 sets, gañando o duelo e converténdose no primeiro home afrodescendente en gañar Wimbledon. Connors levantou os cargos pouco despois e apartouse de Bill Riordan.

En 1976 mantívose como Nº 1 e logrou 12 títulos co seu segundo Aberto de Estados Unidos (o primeiro en arxila) ao derrotar o “home de xeo” Björn Borg en 4 sets, na primeira de 4 finais de Grand Slam xogadas entre ambos.

A pesar do seu éxito seguíase mantendo como un ser independente con pouco respecto polas tradicións e as outras persoas. En 1977 rexeitou formar parte dunha festa de excampións de Wimbledon para celebrar o centenario do torneo e foi apupado ao saír a xogar o día seguinte. De todas as maneiras amañouse para alcanzar a final na que perdeu ante Borg en 5 batallados sets. Tamén perdeu a final do Aberto de Estados Unidos ante o arxentino Guillermo Vilas quen o sorprendeu con inusuais achegamentos á rede. Logo de eludir participar no campionato Masters os 3 anos anteriores, Connors decidiu facelo ese ano e derrotou a Borg na final para alzarse co título. Con algo de axuda do deficiente sistema de puntuación da época, logrou coroarse por cuarto ano consecutivo como Nº 1 do mundo.

Connors en 1978

En 1978 foi derrotado facilmente por Borg na final de Wimbledon pero recuperouse e venceuno en sets corridos na final do Aberto de Estados Unidos, agora xogado sobre canchas duras, converténdose no único home en gañar o torneo en 3 superficies diferentes (Herba, arxila e decoturf). Terminou o seu quinto ano consecutivo como Nº 1 do mundo aínda que perdeu o seu reinado por unha semana a mans de Borg para reconquistalo logo por 84 semanas consecutivas máis.

Logo duns anos non tan espectaculares como os anteriores, nos que conseguiu 18 títulos (7 en 1979, 6 en 1980 e 4 en 1981) e perdeu o liderado mundial en 1979 a mans de Borg, volveu con todo no ano 1982.

Alcanzou a final de Wimbledon e sorprendeu á nova nova estrela do tenis mundial John McEnroe en 5 atrapantes sets tras estar a 3 puntos de perder o partido na morte súbita do cuarto set. Pouco despois desfaríase doutra nova estrela, o checo Ivan Lendl en 4 sets na final do seu quinto e último título no Aberto de Estados Unidos. Recuperou o posto de Nº 1 do mundo por algunhas semanas pero terminou a tempada 2.º por baixo de McEnroe.

En 1983 alzouse co seu último grand slam (xa con case 31 anos) ao derrotar de novo a Lendl na final do Aberto de Estados Unidos en 4 sets. Alcanzou 4 veces as semifinais de Roland Garros, pero nunca puido chegar á final.

En 1984 alcanzaría por quinta vez a final de Wimbledon pero perdeu ante McEnroe, quen se tomou desquite da derrota de dous anos atrás e derrotouno facilmente perdendo soamente 4 xogos. A pesar disto, cando se lle preguntou se admitía que o seu rival era mellor, Connors contestou: “Nunca”.

O seu nivel decaeu nos seguintes anos pero non a súa enerxía e mantívose xogando até os 41 anos, dando batalla a xogadores moito máis novos ca el. Alcanzou o seu último título (o 109) en Tel Aviv en 1989. En 1990 xogou só tres partidos, perdeunos e caeu até o posto Nº 936. Todos pensaban que a súa extraordinaria carreira no tenis rematara pero logo de operar a súa deteriorada boneca esquerda volveu en 1991 xogando 14 torneos, alcanzando o seu nivel máis alto no Aberto de Estados Unidos onde chegou até as semifinais logo de durísimas batallas. Na primeira rolda recuperouse dunha desvantaxe en sets de 2-0 para vencer a Patrick McEnroe e nos oitavos de final nun lembrado partido polas súas disputas co árbitro e un estadio a lume vivo derrotou a Aaron Krickstein na morte súbita do quinto set. A súa sorte terminou ante a súa contricante Jim Courier nas semifinais con millóns de televidentes no mundo enteiro.

Na súa carreira sumou 109 títulos individuais (marca absoluta) e 15 de dobres (incluídos dous Grand Slam co tamén polémico Ilie Nastase). Con 43 anos xogou o seu último partido no torneo de Atlanta en 1996 onde perdeu ante Richey Reneberg.

Adicionalmente, é importante destacar que se retirou cun historial de partidos 1275-285; e unha marca de 147-127 fronte a xogadores Top-10. Así mesmo, enfrontou na súa carreira a 462 rivais diferentes e gañoulle polo menos unha vez a 431 deles; do mesmo xeito, ten historial favorable contra 408 xogadores, igualado con 12 e desfavorable con 42. Do mesmo xeito, acumulou un refacho de 37 vitorias consecutivas entre febreiro e xuño de 1974; e outra de 36 entre xaneiro e xuño de 1975; estas cifras son superiores ás doutros ilustres como Thomas Muster con 35; Rafael Nadal con 32; e Andy Murray con 28.

Copa Davis

[editar | editar a fonte]

Connors non tivo unha participación en Copa Davis acorde á súa palmarés. Xa sexa polas súas pelexas cos oficiais da Copa ou polas súas negativas nos seus 20 anos de carreira profesional participou só en 7 series. Debutou en 1975 e en 1981 axudou a EE. UU. na súa ruta ao título ao gañar os seus dous partidos de sinxelos nos cuartos de final fronte a Checoslovaquia.

En novembro de 1975 xogando en México, DF no Club Deportivo Chapultepec, hoxe Rafael "Pelón" Osuna, contra o equipo mexicano de Copa Davis, foi derrotado en cinco sets por Raúl Ramírez, dando unha vitoria de 3-2 e deixando fora ao equipo estadounidense. Foi tanto a súa coraxe e frustración pola derrota, que empregados do Deportivo Chapultepec atoparon varias raquetas esnaquizadas. Nese momento, Connors era o N.º 1 do ranking mundial de tenistas.

A súa única participación destacable foi en 1984 cando participou nas 4 series do seu país rumbo á final. Conseguiu 5 vitorias e 2 derrotas en singles. Na final ante Suecia en Gotemburgo perdeu o primeiro partido ante Mats Wilander e a derrota de McEnroe ante Henrik Sundstrom inclinaría definitivamente a balanza a favor de Suecia que levou a serie por 4-1 e a ensaladeira de prata.

Os seus contemporáneos e rivais

[editar | editar a fonte]

Xogadores prominentes contemporáneos con Connors, inclúen a Phil Dent, Brian Gottfried, Raúl Ramírez, Harold Solomon, Dick Stockton, Roscoe Tanner e Guillermo Vilas. Os seus rivais máis vellos inclúen a Arthur Ashe, Rod Laver, Ilie Năstase, John Newcombe, Manuel Orantes, Ken Rosewall e Stan Smith. Adversarios máis novos inclúen a Björn Borg, Vitas Gerulaitis, Ivan Lendl e John McEnroe.

Clasificacións

[editar | editar a fonte]

Clasificación ATP no final da tempada

[editar | editar a fonte]
1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980 1981 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992
3 1 1 1 1 1 2 3 3 2 3 2 4 8 4 7 14 936 50 88

Vitorias Open: 8

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Venceu na final Score
1974 Open de Australia Phil Dent 7-6, 6-4, 4-6, 6-3
1974 Wimbledon Ken Rosewall 6-1, 6-1, 6-4
1974 US Open (Forest Hills) Ken Rosewall 6-1, 6-0, 6-1
1976 US Open (Forest Hills) Björn Borg 6-4, 3-6, 7-6, 6-4
1978 US Open   Björn Borg 6-4, 6-2, 6-2
1982 Wimbledon John McEnroe 3-6, 6-3, 6-7, 7-6, 6-4
1982 US Open   Ivan Lendl 6-3, 6-2, 4-6, 6-4
1983 US Open   Ivan Lendl 6-3, 6-7, 7-5, 6-0

Finais Open: 7

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Adversario Score
1975 Open d'Australie John Newcombe 7-5, 3-6, 6-4, 7-5
1975 Wimbledon Arthur Ashe 6-1, 6-1, 5-7, 6-4
1975 US Open (Forest Hills) Manuel Orantes 6-4, 6-3, 6-3
1977 Wimbledon Björn Borg 3-6, 6-2, 6-1, 5-7, 6-4
1977 US Open (Forest Hills) Guillermo Vilas 2-6, 6-3, 7-5, 6-0
1978 Wimbledon Björn Borg 6-2, 6-2, 6-3
1984 Wimbledon John McEnroe 6-1, 6-1, 6-2

Récords na Era Open

[editar | editar a fonte]
  • É o xogador que máis torneos ATP gañou (1094).
  • É o xogador que máis partidos gañou en torneos ATP (12.744).
  • É o xogador que máis torneos cubertos gañou con 534 títulos (1972-1989).
  • É o xogador que máis partidos gañou en sala (4684).
  • É o xogador que máis torneos gañou na moqueta(454).
  • É o xogador que máis partidos gañou no US Open (98).
  • É o xogador que máis partidos gañou na moqueta(3824).
  • É o xogador que acadou máis finais nos torneos ATP (1645).
  • É o xogador que máis veces consecutivas chegou ás semifinais do mesmo torneo de Grand Slam (12 no US Open de 1974 a 1985).
  • É o xogador que máis veces consecutivas chegou aos cuartos de final do mesmo torneo de Grand Slam (13 no US Open de 1973 a 1985).
  • É o xogador que máis veces chegou ás semifinais do US Open (14).
  • É o xogador que máis veces chegou aos cuartos de final do US Open (17).
  • É o xogador que máis xogos de US Open (22).
  • É o xogador que xogou máis US Open consecutivos (20).
  • É o xogador que máis tempadas leva clasificado no ordenador (1973-1996).
  • Con Roger Federer e Pete Sampras (5) ten o récord de títulos do Aberto dos Estados Unidos.
  1. "Top 10 All Time Greatest tennis players (men) Sporteology". web.archive.org. 2016-07-16. Consultado o 2024-08-27. 
  2. McHale, Ian (2013-06-21). "Forget Federer and Borg, stats show Connors is the greatest". The Conversation (en inglés). Consultado o 2024-08-27. 
  3. Lynch, Lauren. "Jimmy Connors Named Best Male Tennis Player of All Time". Bleacher Report (en inglés). Consultado o 2024-08-27.