Ivan Lendl
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1960 (64 anos) Ostrava (Checoslovaquia) | ||||||||||||||||||||
Residencia | Goshen (pt) | ||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Tenis, treinamento esportivo (pt) , golf e coleccionismo | ||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1978–1994), coleccionista de arte, adestrador de tenis, golfista | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1978 - 1994 | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 21.262.417 $ | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Checoslovaquia Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Pai | Jiří Lendl | ||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, Records of persons of interest (en) | ||||||||||||||||||||
Ivan Lendl, nado en Ostrava o 7 de marzo de 1960, é un extenista profesional e adestrador checo nacionalizado estadounidense aos 32 anos.
Estivo na primeira posición do ranking ATP durante 270 semanas (só por detrás de Roger Federer, Novak Djokovic e Pete Sampras). Finalizou 4 tempadas como o mellor, 9 veces entre os 3 mellores, e 13 tempadas entre os Top 10 do ranking. Está quinto en cantidade de vitorias no tour profesional con 1071, por detrás de Jimmy Connors, Roger Federer, Novak Djokovic e Rafael Nadal e cuarto en cantidade de torneos gañados con 94, só superado polos mesmos Connors, Federer e Novak Djokovic. Obtivo 8 torneos de Grand Slam, 5 Torneos de fin de tempada, e 22 torneos Grand Prix Super Series (actuais Masters 1000). Por todos estes logros, Lendl está considerado entre os mellores tenistas de todos os tempos.[1][2]
Gañou oito torneos individuais de Grand Slam: o Aberto dos Estados Unidos de 1985, 1986 e 1987, o Torneo de Roland Garros de 1984, 1986 e 1987, e o Aberto de Australia de 1989 e 1990. Algo que nunca puido conseguir é gañar o Campionato de Wimbledon, onde foi finalista en 1986 e 1987, polo que nunca puido completar o Grand Slam. Acumulou un total de 19 finais e 28 semifinais, o que o sitúa cuarto en ambos os historiais da era aberta.
Lendl obtivo 22 títulos e 33 finais de Grand Prix Championship Series, situándose cuarto en ambos os historiais. Destácanse seis títulos no Masters de Canadá, converténdoo no xogador con máis títulos do mencionado torneo. Á súa vez, gañou cinco veces o Masters Grand Prix e foi finalista catro veces. Tamén triunfou na final de WCT de 1982 e 1985.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de tenistas. A súa nai chegou a ser a tenista número 2 do seu país.
Lendl converteuse en profesional en 1978. Mudouse aos Estados Unidos en 1986 tras ser ameazado publicamente pola asociación de tenis do seu país de non deixalo viaxar a participar en torneos no exterior, por participar no torneo de Sun City, Suráfrica. En 1992 converteuse en cidadán estadounidense.
Casou en 1989 con Samantha Frenkel e tiveron cinco fillas: Marika, as xemelgas Isabelle e Caroline, Daniela e Nikola. Tras o seu retiro dedicouse a xogar ao golf e a axudar ás súas fillas a practicalo, deporte no que as súas fillas demostraron ter gran potencial para triunfar no mundo profesional.
Tenista
[editar | editar a fonte]Lendl alcanzou notoriedade a temperá idade. En 1978 conquistou os títulos juniors de Roland Garros e Wimbledon e alcanzou a posición de N 1, algo que lograría logo como profesional.
Alcanzou a posición número 1 do escalafón mundial o 28 de febreiro de 1983, e só a perdeu nalgunhas ocasións, até finalmente deixala en 1990. Mantívose un total de 270 semanas no máis alto, excedendo a marca de Jimmy Connors, e superado tan só por Pete Sampras. En 2010 tamén Roger Federer o superou en número de semanas á fronte do ATP.
Lendl gañou 94 títulos en individuais durante a súa carreira: 8 Grand Slam, 5 Master Grand Prix e outros 81 torneos ATP.
Lendl gañara a Copa Davis de 1980 con Checoslovaquia, pero catro anos máis tarde mudouse a Nova York e deixou de xogar este torneo. En 1992 converteuse en cidadán dos Estados Unidos.
Dise que unha das razóns do seu éxito débese á superficie utilizada nas canchas do "Flushing Meadows Park". Os traballadores que cada ano preparan a superficie son os mesmos que o fan na casa de Lendl en Long Island. Desta forma, Lendl obtén unha copia exacta na súa propia cancha.
A actitude profesional de Lendl, o seu moderno estilo de xogo, os seus métodos de adestramento científicos e o seu éxito sen precedentes a longo prazo produciron un impacto considerable no tenis mundial de hoxe. Unha cita típica de Lendl é: "Se non practicase da forma en que o fago, entón non xogaría da maneira que sei que podo facelo".
Con isto dito, o checo retirouse cun historial de partidos 1069-242, o que significou un 81.5% en porcentaxe de vitorias; do mesmo xeito, acumulou un 390-83 en dura, 329-77 en arxila, 81-27 en céspede e 269-55 en moqueta; así mesmo, posúe historiais favorables contra 349 xogadores e gañoulle polo menos unha vez a 381 tenistas. Do mesmo xeito, é importante acoutar que gañou 95 veces a xogadores situados no top-5, cifra superior á de Rafael Nadal que acumulou 93. Así mesmo, alcanzou 44 vitorias consecutivas desde o 29 de setembro de 1981 no Torneo de Madrid fronte a Gabriel Urpi até a súa derrota fronte a Yannick Noah na final do torneo da Quinta o 15 de febreiro de 1982, superando a outros ilustres como Novak Djokovic con 43; Roger Federer con 41; Jimmy Connors con 37; Thomas Muster con 35; o propio Nadal con 32; e o seu antigo alumno Andy Murray con 28.
Outras actividades
[editar | editar a fonte]Despois de finalizar a súa carreira no tenis en 1994, dedicouse a xogar ao golf, tendo un hándicap de 0. En 2004 organizou un torneo de beneficencia chamado Ivan Lendl Celebrity Golf Tournament.
En xaneiro de 2012, converteuse en adestrador de Andy Murray.[3] O británico perdera as súas primeiras catro finais de Grand Slam. Logrou o seu primeiro Grand Slam o cal, de logralo, sería aos seus 24 anos á mesma idade en que Lendl logrou o seu primeiro torneo grande. Murray obtivo o Aberto de Estados Unidos 2012 e o Campionato de Wimbledon 2013. Lendl deixou de ser o seu adestrador en marzo de 2014.
Torneos
[editar | editar a fonte]Vitorias (8)
[editar | editar a fonte]Ano | Torneo | Adversario na final | Score |
1984 | Roland-Garros | John McEnroe | 3-6, 2-6, 6-4, 7-5, 7-5 |
1985 | US Open | John McEnroe | 7-6, 6-3, 6-4 |
1986 | Roland-Garros | Mikael Pernfors | 6-3, 6-2, 6-4 |
1986 | US Open | Miloslav Mečíř | 6-4, 6-2, 6-0 |
1987 | Roland-Garros | Mats Wilander | 7-5, 6-2, 3-6, 7-6 |
1987 | US Open | Mats Wilander | 6-7, 6-0, 7-6, 6-4 |
1989 | Open de Australia | Miloslav Mečíř | 6-2, 6-2, 6-2 |
1990 | Open de Australia | Stefan Edberg | 4-6, 7-6, 5-2, ab. |
Finais (11)
[editar | editar a fonte]Ano | Torneo | Adversario na final | Score |
1981 | Roland-Garros | Björn Borg | 6-1, 4-6, 6-2, 3-6, 6-1 |
1982 | US Open | Jimmy Connors | 6-3, 6-2, 4-6, 6-4 |
1983 | US Open | Jimmy Connors | 6-3, 6-7, 7-5, 6-0 |
1983 | Open de Australia | Mats Wilander | 6-1, 6-4, 6-4 |
1984 | US Open | John McEnroe | 6-3, 6-4, 6-1 |
1985 | Roland-Garros | Mats Wilander | 3-6, 6-4, 6-2, 6-2 |
1986 | Wimbledon | Boris Becker | 6-4, 6-3, 7-5 |
1987 | Wimbledon | Pat Cash | 7-6, 6-2, 7-5 |
1988 | US Open | Mats Wilander | 6-4, 4-6, 6-3, 5-7, 6-4 |
1989 | US Open | Boris Becker | 7-6, 1-6, 6-3, 7-6 |
1991 | Open de Australia | Boris Becker | 1-6, 6-4, 6-4, 6-4 |
Traxectoria na Masters Cup
[editar | editar a fonte]An0 | Masters Cup | |
---|---|---|
1980 | Final | Björn Borg |
1981 | Vitoria | Vitas Gerulaitis |
1982 | Vitoria | John McEnroe |
1983 | Final | John McEnroe |
1984 | Final | John McEnroe |
1985 | Vitoria | Boris Becker |
1986 | Vitoria | Boris Becker |
1987 | Vitoria | Mats Wilander |
1988 | Finale | Boris Becker |
1989 | 1/2 final | Stefan Edberg |
1990 | 1/2 final | Stefan Edberg |
1991 | 1/2 final | Pete Sampras |
1992 | Forfait |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Top 10 Greatest Tennis Players (Male) of All Time". www.sportsxm.com (en inglés). 2014-09-24. Consultado o 2024-08-27.
- ↑ "Top 10 Greatest Tennis Players (Male) of All Time 2022" (en inglés). 2022-01-03. Consultado o 2022-05-13.
- ↑ "Lendl será el entrenador de Murray". Arquivado dende o orixinal o 3 de febrero de 2012. Consultado o 27 de enero de 2012.