Pancho Gonzales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pancho Gonzales
Pancho Gonzales 1954.jpg
Nome completoRicardo Alonso González
Nacemento9 de maio de 1928
 Os Ánxeles
Falecemento3 de xullo de 1995
 Las Vegas, Nevada
CausaCancro de estómago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióntenista e adestrador de tenis
PremiosInternational Tennis Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Alonso González, tamén coñecido como Richard Gonzales e habitualmente como Pancho Gonzales, nado nos Ánxeles (California) o 9 de maio de 1928 e finado en Las Vegas (Nevada) o 3 de xullo de 1995, foi un tenista estadounidense de ascendencia mexicana, considerado como un dos máis destacados atletas da historia dese deporte.[1]

O esplendor da súa carreira logrouno como profesional entre principios da década de 1950 e mediados da década seguinte, nunha época en que os profesionais non podían participar nos torneos de Grand Slam, sendo considerado o profesional número 1 do mundo entre 1952 e 1960. Como afeccionado conquistou dúas veces o Aberto dos Estados Unidos. Trala súa morte, un artigo de Sports Illustrated afirmou: "Se a terra estivese na liña dun partido de tenis, o home que queres que sirva para salvar a humanidade sería Ricardo Alonso Gonzales.[2][3] O comentarista de tenis Bud Collins indicou en 2006: "Se tivese que escoller alguén para que xogase pola miña vida, sería Pancho Gonzales".[4]

Nun famoso partido de 1970 en que o gañador levaba 10 000 dólares, celebrado no Madison Square Garden ante 15000 persoas, Gonzales, que tiña 41 anos, venceu a Rod Laver, nese momento número 3 do mundo.

Torneos de Grand Slam[editar | editar a fonte]

Resultado Ano Campionato Superficie Rival Puntuación
Gañador 1948 United States Open Tennis Championships Herba Eric Sturgess 6–2, 6–3, 14–12
Gañador 1949 United States Open Tennis Championships Herba Ted Schroeder 16–18, 2–6, 6–1, 6–2, 6–4

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pancho Gonazlez - Top 10 Men's Tennis Players of All Time". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 10 de xuño de 2017. 
  2. Orixinal en inglés: "If earth was on the line in a tennis match, the man you want serving to save humankind would be Ricardo Alonso Gonzales."
  3. "Richard “Pancho” Gonzales". International Tennis Hall of Fame. Consultado o 17 de xuño 2017. 
  4. "Top Five Men's Tennis Stars of All Time". NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2006. Consultado o 17 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Game, My 40 Years in Tennis (1979), Jack Kramer with Frank Deford (ISBN 0-399-12336-9)
  • The History of Professional Tennis (2003), Joe McCauley
  • Man with a Racket, The Autobiography of Pancho Gonzales, as Told to Cy Rice (1959)
  • Rich Hillway, tennis historian - Q&A with the Aussies
  • The Tennis Book (1981), editado por Michael Bartlett e Bob Gillen (ISBN 0-87795-344-9)
  • The Lone Wolf, por S. L. Price, Sports Illustrated, 26 de xuño de 2002
  • World of Tennis Yearbook 1971 (1971), por John Barrett, Londres
  • Little Pancho (2009) por Caroline Seebohm