Jim Henson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jim Henson
Jim Henson, creator, The Muppets.jpg
Nome completoJames Maury Henson
Nacemento24 de setembro de 1936
Lugar de nacementoGreenville
Falecemento16 de maio de 1990
Lugar de falecementoManhattan
CausaSíndrome de choque tóxico e organ dysfunction
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónCiência Cristã
Alma máterUniversidade de Maryland e Northwestern High School
Ocupacióndirector de televisión, director de cinema, produtor de cinema, actor de dobraxe, monicrequeiro, actor, guionista, animador e produtor de televisión
CónxuxeJane Henson
FillosJohn Henson, Brian Henson, Lisa Henson, Heather Henson e Cheryl Henson
Coñecido porThe Muppets, Dentro do labirinto, The Dark Crystal, Fraggle Rock, a Rocha Encantada, Sesame Street, The Jim Henson Hour e Time Piece
PremiosPremios Peabody, Premios Emmy do Primetime, Disney Legends, Paseo da Fama de Hollywood, Primetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Variety Series, star on Hollywood Walk of Fame e Inkpot Award
Na rede
IMDB: nm0001345 Allocine: 1394 Rottentomatoes: celebrity/jim_henson Allmovie: p94083 0 TV.com: people/jim-henson IBDB: 102248
Musicbrainz: 53d60b8a-133b-42da-bd67-e1f55ce73863 Songkick: 446710 Discogs: 130486 Allmusic: mn0000340948 WikiTree: Henson-1044 Find a Grave: 2210 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

James Maury "Jim" Henson, nado o 24 de setembro de 1936, e finado o 16 de maio de 1990, foi un artista, creador de monicreques, debuxante, guionista e director estadounidense que acadou a fama internacional por ser o creador de the Muppets. Naceu en Greenville, Mississippi e criouse en Leland, Mississippi e Hyattsville, Maryland.[1]

Henson comezou a desenvolver monicreques mentres ía ó instituto. Creou Sam and Friends mentres era estudante de primeiro ano na Universidade de Maryland, un espectáculo cómico de cinco minutos que apareceu na televisión. Graduouse na Universidade de Maryland en economía, despois do cal produciu anuncios de café e desenvolveu algúns filmes experimentais. Fundou Muppets, Inc. en 1958, que se converteu en the Jim Henson Company.

Henson fíxose famoso na década de 1960 cando se uniu ó programa educativo infantil Sesame Street para desenvolver personaxes para a serie. Apareceu no programa de comedia Saturday Night Live. Produciu The Muppet Show en 1976, despois de rexeitar plans para un espectáculo de Broadway. Acadou fama polas súas creacións, especialmente Kermit the Frog, Rowlf the Dog e Epi e Blas, coas cales traballou en Sesame Street durante 20 anos. Durante os derradeiros anos da súa vida, tamén fundou Jim Henson Foundation e Jim Henson's Creature Shop. Gañou dúas veces un Emmy, polo seu traballo en The Storyteller e The Jim Henson Hour.

Henson morreu por síndrome do choque tóxico o 16 de maio de 1990 con 53 anos, 20 horas despois de experimentar unha emerxencia médica.[2][3] Foi incluído postumamente no Paseo da Fama de Hollywood en 1991, e foi escollido como unha das Disney Legends en 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Online., ed. (2012). "Jim Henson". Encyclopædia Britannica Inc. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  2. Altman, Lawrence (29 de maio de 1990). The New York Times, ed. "The Doctor's World; Henson Death Shows Danger of Pneumonia". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 19 de xuño de 2007. 
  3. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4ª ed.). McGraw Hill. pp. 276–286. ISBN 0-8385-8529-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]