Kermit the Frog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrela de Kermit en Hollywood Blvd.

Kermit the Frog (coñecida coma a Ra Gustavo en Galicia, pola versión castelá dos programas Sesame Street (Barrio Sésamo) e The Muppet Show (Los Teleñecos) emitidos nos anos oitenta do século XX) é un personaxe ficticio ideado polo creador de monicreques e produtor de televisión Jim Henson en 1955. Kermit é o personaxe central e presentador do show británico-americano The Muppet Show e tamén conta con aparicións frecuentes en Sesame Street.

Desenvolvemento do personaxe[editar | editar a fonte]

Kermit aparece por vez primeira o 9 de maio de 1955 no show, Sam and Friends. Kermit aparece coma un monicreque caseiro e abstracto cun par de patas redondas e sen o seu distintivo colar, asemellándose máis á aparencia dun lagarto. O prototipo orixinal de Kermit foi fabricado cun abrigo feminino cor turquesa da nai de Henson e unha pelota de ping pong dividida á metade.[1]

Kermit establece a súa aparencia actual durante a filmación do especial de TV "Hey, Cinderella" en 1968 aínda que o especial estreouse en 1969; Kermit altera por completo a súa aparencia, incluíndoselle aletas e un colar; é por vez primeira identificado coma unha ra.

Nome[editar | editar a fonte]

Seica o nome de Kermit baséase no nome dun coñecido da infancia de Jim Henson, Kermit Scott. Malia a crenza popular, Jim Henson nega que o nome de Kermit se deba a Kermit Scott, senón que Kermit era un nome moi común no século XX.

O nome oficial do personaxe é Kermit the Frog, mais por mor da internalización de The Muppets e Sesame Street (coas súas diferentes adaptacións en diferentes países), Kermit foi renomeado decote. No Brasil, Kermit é chamado Caco o Sapo. En Portugal, Kermit é chamado Cocas o Sapo. Na meirande parte de América Latina, Kermit é chamado Rana René. En España, é chamado Rana Gustavo. No lanzamento de The Muppets (2011), Walt Disney Pictures introduciu o nome Kermit para todas as versións e mercados internacionais.

Voz[editar | editar a fonte]

Jim Henson (1955–1990)
Steve Whitmire (1990–presente)
Artie Esposito (Suplente, 2009)
John Kennedy (MuppetFest 2001, Disney Cruise Line, 2006)
Frank Welker (Muppet Babies e outras animacións)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ademais apareceu en programas estadounidenses como Sesame Street (1969-2001,2009), The Muppet Show (1976-1981), The Tonight Show (1979), Especial de ABC News (1987), Larry King Live (1994), Muppets Tonight (1996-1998), Who Wants to be a Millionaire (2000), Hollywood Squares (2001), The Daily Show with Jon Stewart (2001), Extreme Over: Home Edition (2006), American Idol (2006), Good Morning America (2006) e ingleses como I Love the 70´s (2000). Incluso fixo anuncios comerciais para BMW, Ford, Pizza Hut e UPS. En 2008 el e os Muppets apareceron nos dous especiais de Disney Channel, Studio DC Almost Live onde os Muppets fixeron sketches e números musicais coas estrelas da canle como Good Luck Charlie e So Random!.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jim Henson Arquivado 24 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Entrevista de Judy Harris a Jim Henson (21-setembro-1982); infromación en Bestweb.net

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]