The Storyteller é unha serie de televisión de acción en vivo e de marionetas. É unha coprodución británico/americana que foi orixinalmente estreada en 1988 e foi creada e producida por Jim Henson.[1]
Algúns dos episodios de The StoryTeller foron incluídos na The Jim Henson Hour.
Na serie nárranse varios contos folclóricos europeos, particularmente os considerados como "escuros" na cultura occidental, que son recreados cunha combinación de actores e marionetas. Os episodios comezan cun vello narrador (John Hurt) sentado ó carón do lume, narrando cada conto tanto ós espectadores como ó seu can (un boneco de aparencia realista coa voz de Brian Henson). O narrador emprega a linguaxe e un estilo tradicional acordo con vellos contos populares.[2]
Jim Henson fixo outra serie de episodios, chamada The StoryTeller: Greek Myths, presentados por outro actor, Michael Gambon, pero co mesmo can. O narrador conta as súas historias dende o interior do Labirinto da illa de Creta, ó que é guindado como castigo por ladrón. Só se realizaron catro episodios.