Xesús Conde González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Castrelos, España |
Morte | 1 de xullo de 1979 (72/73 anos) Vigo, España |
Educación | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, carniceiro |
Familia | |
Irmáns | Benedicto Conde González |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal Diciopedia do século 21 |
Xesús Conde González, nado en Castrelos (Vigo) en 1906[1][2] e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1979, foi un carniceiro, escritor e debuxante galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carniceiro de profesión, estudou debuxo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e foi socio fundador da Sociedad Amigos del Arte de Vigo.
Ilustrou Geografía del Reino de Galicia. Colaborou en Galicia, a revista do Centro Gallego de Buenos Aires, e Hispano-Brasileira de São Paulo; nos semanarios La Ráfaga e Galicia Social e nos xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. En radio, traballou nas emisoras La Voz de Vigo, Radio Vigo e Radio Popular de Vigo. Finou en Vigo o 1 de xullo de 1979 aos 73 anos.[3]
Como debuxante foi seguidor da escola de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.[4]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]- Unha lenda de San Amaro, 1930 (poesía relixiosa; co seu irmán Benedicto).[5]
- Cousas nosas, 1960 (narrativa).
- Cando Colás foi á lúa, 1969 (narrativa).[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Lavadores con Nieves Fernández Pérez en decembro de 1939.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Conde González, Jesús". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Outas fontes aforman que naceu en 1909: «A sociedade de "Amigos del Arte" de Vigo» Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Gabinete de Prensa do Concello de Vigo.
- ↑ Faro de Vigo, 2-8-1981, p. 77.
- ↑ "Conde González, Xesús". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 560. ISBN 978-84-8288-942-9.
- ↑ "Imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2016.
- ↑ O autor enviou un exemplar aos astronautas do Apolo 11. Eles respondéronlle enviándolle unha medalla (GEG).
- ↑ El Correo Gallego, 10-12-1939, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Conde González, Xesús". Diccionario enciclopédico galego universal 17. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 83. ISBN 84-7680-429-6.
- "Conde González, Xesús". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 272.
- "Conde González, Xesús". Enciclopedia Galega Universal 6. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 113. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán Rodríguez, M. D. (2006) «Contribución de la Escuela de Artes y Oficios de Vigo al desarrollo artístico de la ciudad en la primera mitad del S.XX» en Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudios Vigueses n. 12, p. 242.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 537-538. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 143-144. ISBN 84-8288-019-5.