Jayne Mansfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jayne Mansfield
Jayne Mansfield (Kiss them for me-1957).jpg
Nacemento19 de abril de 1933
 Bryn Mawr
Falecemento29 de xuño de 1967
 Slidell
Causarailway accident
SoterradaFairview Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Texas en Austin, Universidade de California, Os Ánxeles e Universidade Metodista Meridional
Ocupaciónactriz de cinema, Playmate, actriz de teatro, actriz de televisión e cantante
CónxuxeMickey Hargitay e Matt Cimber
FillosMariska Hargitay e Jayne Marie Mansfield
PremiosPlaymate, Theatre World Award e Globo de Ouro de melhor atriz revelação do ano
JMsig Converted.svg
editar datos en Wikidata ]

Vera Jayne Palmer, nada en Bryn Mawr o 19 de abril de 1933 e finada en Eastern New Orleans o 29 de xuño de 1967, foi unha actriz estadounidense de cinema, teatro e televisión coñecida como Jayne Mansfield. Foi tamén animadora de clubs nocturnos e cantante e unha das primeiras Playmates de Playboy. Foi un importante símbolo sexual de Hollywood durante as décadas de 1950 e 1960 cun contrato con 20th Century Fox. Tamén foi célebre pola súa publicitada vida privada e as súas montaxes públicas, como os "fallos de vestiario".

A carreira de Mansfield no cinema foi breve, mais tivo varios éxitos de recadación e gañou un Theatre World Award e un Globo de Ouro. Gozou de éxito no papel da actriz ficticia Rita Marlowe, tanto na versión de Broadway de 1955–1956 como na versión cinematográfica de 1957 de Will Success Spoil Rock Hunter? Outras interpretacións importantes foron en The Girl Can't Help It (1956), The Wayward Bus (1957) e Too Hot to Handle (1960). Foi a primeira actriz estadounidense importante de Hollywood que realizou unha escena espida, en Promises! Promises! (1963).

Mansfield tomou o seu nome artístico do seu primeiro marido, o relacións públicas Paul Mansfield. Estivo casada e divorciouse tres veces e tivo cinco fillos. Presuntamente tivo relacións con numerosos homes, incluídos Robert e John F. Kennedy, o seu avogado Samuel S. Brody e o animador de Las Vegas Nelson Sardelli. O 29 de xuño de 1967, faleceu nun accidente de tráfico en Eastern New Orleans aos 34 anos.[1][2][3]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Tumba en Fairview Cemetery (Pen Argyl, Pensilvania)
Tumba en Fairview Cemetery (Pen Argyl, Pensilvania)
Cenotafio de Mansfield (coa data de nacemento incorrecta) en Hollywood Forever Cemetery, Hollywood
Cenotafio de Mansfield (coa data de nacemento incorrecta) en Hollywood Forever Cemetery, Hollywood


En 1967, Mansfield estaba en Biloxi, Mississippi, por un compromiso no Gus Stevens Supper Club. Tras dúas aparicións na tarde do 28 de xuño, Mansfield, Sam Brody (o seu avogado e parella), o seu chofer Ronnie Harrison (de 20 anos), e tres dos seus fillos (Miklós, Zoltán e Mariska) abandonaron Biloxi despois da medianoite nun Buick Electra 225 de 1966. O seu destino era Nova Orleáns, onde Mansfield ía aparecer no Midday Show da WDSU o día seguinte. Aproximadamente ás 2:25 a.m., na U.S. Highway 90, ao oeste de Rigolets Bridge, o Buick chocou a gran velocidade coa parte traseira dun remolque dun camión que reducira a velocidade porque outro camión estaba esparexendo insecticida que formaba unha néboa. Os tres adultos do asento dianteiro morreron instantaneamente. Os nenos, que durmían no asento de atrás sobreviviron con pequenas feridas.[4]

Trala súa morte, o NHTSA recomendou esixir unha barra parachoques na parte inferior de todos os remolques; a industria dos camións pouco a pouco adoptaron o cambio. Nos Estados Unidos o aparello adoita chamarse "barra Mansfield".[5][6] O coche foi gardado por un coleccionista privado de Florida, onde se converteu nunha atracción na década de 1970. En 2019 era propiedade de Scott Michaels e amosábase no Dearly Departed Tours & Artifact Museum dos Ánxeles preto do Hollywood Forever Cemetery.[7][8]

Funeral[editar | editar a fonte]

O funeral de Mansfield tivo lugar o 3 de xullo en Pen Argyl, Pensilvania. O servizo foi dirixido por Charles Montgomery, pastor da Igrexa Metodista de Sión.[9] Realizouse un funeral privado na capela de Pullis Funeral Home.[10] Un ministro metodista dirixiu a cerimonia.[11] Mickey Hargitay foi o único dos seus ex maridos que asistiu ao funeral.[12]

Mansfield foi enterrada no cemiterio Fairview, ao sueste de Pen Argyl, xunto ao seu pai Herbert Palmer.[13] Na súa tumba, con forma de corazón, lese "We Live to Love You More Each Day" ("Vivimos para amarte máis cada día"). Colocouse un cenotafio no Hollywood Forever Cemetery en Hollywood por parte do club de fans de Jayne Mansfield, mais escribiuse incorrectamente a data do seu nacemento como 1938 (Mansfield tendía a dar información incorrecta sobre a súa idade).

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Jayne Mansfield's star on the Hollywood Walk of Fame
Estrela de Mansfield no Paseo da Fama de Hollywood no 6328 Hollywood Boulevard.[14] A estrela da súa filla Mariska Hargitay situouse próxima á súa en 2013.[15]
  • Jayne Mansfield recibiu un Theatre World Award (Personalidade Prometedora) por Will Success Spoil Rock Hunter? en 1956.[16]
  • Recibiu un Globo de Ouro (Nova Estrela do Ano, actriz) por Will Success Spoil Rock Hunter? en 1957.[17][18]
  • Recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood o 8 de febreiro de 1960 pola súa contribución ao cinema.[19]
  • O día da nai de 1960 o Mildred Strauss Child Care Chapter do Hospital Monte Sinaí de Nova York declarou a súa familia como "Familia do Ano".[20]
  • Os xornalistas italianos de cinema, radio e televisión outorgáronlle o premio Máscara de Prata en 1962.[21]
  • Mansfield recibiu en Italia o Oscar dos Dous Mundos.[22][23]
  • En 1963, Mansfield foi votada como unhas das dez atraccións para o público por unha organización de donos de teatros estadounidenses pola súa interpretación en Promises! Promises! (filme prohibido en parte dos Estados Unidos).[24][25]
  • En 1968, Hollywood Publicists Guild declarou que entregarían o "Premio Jayne Mansfield" á actriz que recibise a maior exposición e publicidade no ano.[26] Raquel Welch foi o primeira gañadora do premio en 1969.[27]

Legado[editar | editar a fonte]

Mansfield deixou cinco fillo, unha propiedade en ruínas,[28][29][30] inlcuído o Pink Palace, un gran número de seguidores e un impacto duradeiro na cultura popular. O sinxelo "Kiss Them For Me" do grupo Siouxsie and the Banshees e a canción de L.A. Guns "The Ballad Of Jayne", falan de Mansfield e da súa morte.

A súa filla, Mariska Hargitay, converteuse en actriz e estrela de Law & Order: Special Victims Unit.[31]

Varias artistas foron denominadas como "a nova Jayne Mansfield", como a actriz italiana Marisa Allasio.[32][33] A actriz, modelo e Playmate do Ano en 1993 Anna Nicole Smith foi chamada "unha Jayne Mansfield para os noventa"[34][35] a causa do seu parecido físico e a mestura de glamour e traxedia na súa vida.[36][37][38][39] A drag queen e actor Divine foi seleccionado polo cineasta John Waters para parodiar a Mansfield en Mondo Trasho.[40] According to The Hollywood Reporter "if it weren't for Mansfield then, there would likely be no Kardashians today".[41]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ferruccio, Frank; Santroni, Damien (2010). Did Success Spoil Jayne Mansfield?: Her Life in Pictures and Text. Frank Ferruccio. p. 315. ISBN 978-1-4327-6123-3. 
  2. Mike Scott (30 de xuño de 2017). "Remembering the tragic death of Jayne Mansfield, 50 years later". NOLA.com. The Times-Picayune. Consultado o 7 de agosto de 2018. 
  3. "Jayne Mansfield is Killed in Early Morning Smash Up on Narrow Louisiana Road". St. Petersburg Times. 30 de xuño de 1967. Born Vera Jayne Palmer in Bryn Mawr, Pa., April 19, 1933, Miss Mansfield grew up in Phillipsburg, N.J., 
  4. "The Night Jayne Mansfield Died: June 29, 1967". Bob Walker's New Orleans Radio Site. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 13 de decembro de 2006. 
  5. "Underride Guard". Everything2. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2007. 
  6. United States Congressional Committee on Commerce (1997). Reauthorization of the National Highway Traffic Safety Administration. p. 39. 
  7. Ross, Martha (24 de novembro de 2017). "The truly essential Hollywood tour". Mercury News (Os Ánxeles). 
  8. Bartlett, James (20 de abril de 2017). "A New, Improved Hollywood Death Tours and Museum Is Opening Across From Hollywood Forever". LA Times. 
  9. "Community Report". The Morning Call. 9 de agosto de 1990. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2016. 
  10. "Jayne Mansfield Rites will be Held Monday". The Bonham Daily Favorite. 2 de xuño de 1967. p. 3. 
  11. Strait 1992, p. 11
  12. "Circus Like Aura Surrounds Funeral for Jayne Mansfield". St. Joseph Gazette. 4 de xullo de 1967. p. 1. 
  13. "Jayne Mansfield to be buried tomorrow in small town home". Tri-City Herald. AP. 2 de xullo de 1967. p. 6. 
  14. "Hollywood Walk of Fame". Hollywood – Movie Capital of the World. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2002. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  15. SJean-Philippe Darquenne, Mariska Hargitay : son étoile sur la Walk Of Fame !, Ciné Télé Revue
  16. "Awards". Theatre World Awards Website. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2008. 
  17. "Jayne Mansfield". The Hollywood Foreign Press Association. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  18. O'Neil, Thomas (2003). Movie Awards: The Ultimate, Unofficial Guide to the Oscars, Golden Globes, Critics, Guild and Indie Honor. Penguin USA. p. 839. ISBN 978-0-399-52922-1. Consultado o 24 de xuño de 2012. 
  19. Jayne Mansfield – Awards Arquivado 6 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.
  20. Faris 1994, pp. 24, 163
  21. Faris 1994, p. 140
  22. "Filming in Italy Rough on Star". The News and Courier. 27 de xullo de 1962. 
  23. Faris 1994, p. 26
  24. Debolt, Abbe A.; Baugess, James S. (2011). "Encyclopedia of the Sixties: A Decade of Culture and Counterculture [2 volumes]: A Decade of Culture and Counterculture". Encyclopedia of the Sixties: A Decade of Culture and Counterculture. ABC-CLIO. p. 391. ISBN 978-1-4408-0102-0. 
  25. Faris 1994, p. 10
  26. Faris 1994, pp. 135, 271
  27. Saxton 1975, p. 153
  28. Claudia Luther, "Jayne Mansfield Estate Depleted of Funds for Heirs", Saratosa Herald-Tribune, page 3E, 09-30-1977
  29. UPI, "Jayne Mansfield left a penniless estate", Lodi News Sentinel, page 12, 09-30-1977
  30. AP, "Mansfield's Children Find Estate Empty", The Daily Courier, page 8A, 09-30-1977
  31. "Mariska Hargitay". 
  32. Canales, Luis (1990). Imperial Gina: The Strictly Unauthorized Biography of Gina Lollobrigida. Branden Books. p. 91. ISBN 0-8283-1932-4. 
  33. Liehm, Mira (1984). Passion and Defiance: Film in Italy from 1942 to the Present. Universidade de California. p. 143. 
  34. "Coleman has Shorter Temper". Philadelphia Daily News. 9 de agosto de 1998. 
  35. Robbins, Cynthia (6 de agosto de 1998). "Anna Nicole Slims Down, Perks Up". St. Louis Post-Dispatch. 
  36. Willinstein, Paul (26 de marzo de 1994). "Anna Nicole Goes from Guess? to Gun". The Morning Call. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2012. 
  37. "How Did a Poor Mom Become a Famous Model?". San Jose Mercury News. 27 de marzo de 1993. 
  38. Reid, Tony (8 de xaneiro de 2007). "Anna Nicole Follows Line of Succession". Cinema Blend. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  39. O'Dell, Cary (19 de agosto de 2002). "The Anna Nicole Show". PopMatters. 
  40. Fischer, Lucy; Landy, Marcia (2004). Stars: The Film Reader. Routledge. p. 157. ISBN 9780415278935. 
  41. Liberman, Erik (29 de xuño de 2017). "Jayne Mansfield: The First Reality Star?". The Hollywood Reporter. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]