James Galway
James Galway | |
---|---|
![]() James Galway e a súa dona, Jeanne Galway | |
Nome completo | James Galway |
Data nacemento | 8 de decembro de 1939 (84 anos) |
Nado en | Belfast |
Ocupación | frautista |
Instrumento(s) | frauta traveseira |
Na rede | |
Sitio oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sir James Galway, (Irlanda do Norte, 8 de decembro de 1939), coñecido coma o home da frauta dourada, é un dos maiores virtuosos dese instrumento. Naceu en Belfast.
Seguindo os pasos de Jean-Pierre Rampal, converteuse nun dos primeiros frautistas que recorreron a súa carreira musical como solista. A Raíña Isabel II nomeouno sir en xuño de 2001.
Educación[editar | editar a fonte]
James Galway estudou no Royal College of Music con John Francis e logo na Guildhall School of Music con Geoffrey Gilbert. Logo estudou no Conservatorio de París con Gaston Crunelle e Jean-Pierre Rampal e tamén recibiu clases particulares con Marcel Moyse.
Biografía[editar | editar a fonte]
Logo do seu período de estudo, traballou 15 anos en orquestras. Galway tocou na Philharmonia Orchestra nos anos cincuenta.
Logo disto tocou coa Sadler's Wells Opera, Covent Garden Opera, a London Symphony Orchestra e a Royal Philharmonic Orchestra.
Pertenceu á Orquestra Filharmónica de Berlín, onde tocou como frauta primeira entre 1969 e 1979. Para sorpresa de Herbert von Karajan, e tras un período de desencontros, “Jimmy” Galway decidiu iniciar unha carreira en solitario que finalmente foi dun enorme éxito. Aínda hoxe adícase regularmente á interpretación, e é un dos frautistas máis recoñecidos internacionalmente. Compositores coma o español Joaquín Rodrigo ou o inglés Malcolm Arnold, por quen ten mostrado a súa admiración en repetidas ocasións, adicáronlle algunhas das súas obras.
Ademais de concertos de repertorio clásico, tamén toca programas de música contemporánea. O álbum "In Ireland", gravado por James Galway e The Chieftains superou o número 32 nas listas de vendas do Reino Unido.
É o frautista principal do London Mozart Players, con sede en Londres.
Hai pouco, Sir James participou na gravación da banda sonora da triloxía de O Señor dos Aneis, gañadora dun Oscar da Academia Americana de Cine.
Na actualidade reside en Meggen (Suíza) coa súa dona, a frautista estadounidense Jeanne Galway.